28/4/09

REUNION DO CONSELLO ESCOLAR



Hoxe ás 17´15 reuniuse no colexio o Consello Escolar, para tratar os seguintes asuntos:

Aprobación de actividades extraescolares para o 3ª trimestre.

Terase unha nova actividade aaparte das xa programadas, que será o TREN DE CAIXA NOVA, nesta actividade participaran os nenos de 5 anos e os de terceiro. A actividade consta en ir en tren desde A Coruña a Betanzos e volta A Coruña.
  • Admisión de alumnos/as para o vindeiro curso escolar 2009-2010.
O Consello escolar aprobou a lista provisional de admitidos para o vindeiro curso, tendo en conta as normas e baremos que marcan a ley, o día 30 é o último día para a publicación das listas.
Unha vez expostas as listas os pais matriculados que así o desexen teñen 5 días para presentar reclamacións.
  1. Prazas para 3 anos: 25, peticións: 30 admitidos: 25 non admitidos: 5

  2. Prazas para 5 anos: 0, peticións: 1 admitidos: 0 non temos prazas.

  3. Prazas para 1º : 0, peticións: 1 admitidos: 0 non temos prazas.

  4. Prazas para 4º: 0, peticións: 1 admitidos: 0 non temos prazas.

  5. Prazas para 5º: 0, peticións: 1 admitidos: 0 non temos prazas.

  6. Prazas para 6º: 2, peticións: 1 admitidos: 1 sobra 1 praza.
Para os nenos de tres anos adxudicarinse 22 prazas e quedan pendentes 3 para nenos con discapacidade, como así esixe a lei, pero o non haber ningunha petición por este motivo, os nenos con número 23,24 e 25 da lista provisional, si non existe ningunha variación, terán praza unha vez que o confirme a COMISION DE ESCOLARIZACION.
Os nenos que non tiveron praza, como a praza que queda pendente de cubrir, será adxudicada si non existe ningunha reclamación, pola COMISION DE ESCOLARIZACION. A relación dos nomes dos nenos admitidos provisionalmente estará exposta no taboleiro do Colexio.
  • Aprobación do presuposto para o ano.

Neste apartado aprobouse o presuposto, entre outros gastos salientar que se procederá a contratar unha empresa para facer o mantenemento dos equipos informáticos, así como fotocopiadoras, xa que se está a impulsar os servicios informáticos no colexio. Neste apartado tamén se procederá a adquirir outra pizarra dixital. Tamén a adquisición de un visor de imaxes para que todolos nenos podan ver proxectado paxinas de libros, documentos, etc. Para finalizar neste apartado financiarase a cargo dos presupostos do colexio unha saida de excursión o 100% ou dfúas o 50%, intentando que sexan as máis costosas, para colaborar cas economías familiares.





No hay comentarios: