27/4/09

MEMBROS DA ANPA REQUIREN A PRESENCIA DAS FORZAS DE SEGURIDADE


O sábado membros da Xunta Directiva da ANPA, requeriron a presencia dos corpos de seguridade no recinto do colexio.

Unha vez máis os patios do colexio estaban a convertirse en lugar de celebración de botellón, por tal motivo requeriuse vía telefónica a presencia da garda civil e da policia local para que procederan a súa identificación e requerir as persoas que estaban no recinto a deixar as instalación.

Así foi e personaronse una dotación da policia local e outra da garda civil, que procederon a subsanar a situación.

Tamén foi avisado o bedel do colexio para que tivera en conta a retirada de cristais rotos existentes no cespe, co peligro de que o luns se poidera cortar algún alumno, do mesmo xeito que a colocación dunha ventana do edificio de educación infantil que fora forzada polas persoas que se encontraban nas instalacións.

Unha vez máis desde a ANPA, faise un chamamento as autoridades para que exerzan os seus cometidos e que as instalacións estén vixiadas para evitar estos actos.

No hay comentarios: