14/4/09

INDIGNACION DA ANPA POLO ESTADO EN QUE SE ENCONTRA O COLEXIO DESPOIS DA SEMANA SANTA NO SEU EXTERIOR


Un novo episodio do gamberrismo e falta de urbanidade, volve a salpicar o noso colexio.

Pais e membros da ANPA amosan a súa indignación.

Hoxe pola mañan a hora de entrada dos rapaces, podíase comprobar o estado en que se atopaban as instalacións exteriores do colexio, despois das visitas para facer botellóns e usos indebiduos no colexio nesta semana santa.
Desde botellas de alcol, vasos de cristal ata lixo espallado, restos de porros, a esto súmase o máis noxento, nesta ocasión algunhas persoas que acceden o recinto fixeron diferentes deposicións nos patios de edución infantil así como mexadas.
Lamentable e indignante foi a estampa de ver os nenos de infantil facendo as filas para entrar en clase e as "cagadas" e desculpen pola expresión pero " o pan pan e o viño viño", tiveron que apartar dos escrementos para non pisalos e que decir dos cheiros a orins.


A presidenta trasladou a dirección do colexio estas amomalias que a súa vez lle foron transmitidas o Concello de Carballo, o cal a media mañá mandou un camión da empresa de limpeza viaria e procedeu a limpeza dos patios.
Desde a ANPA volverase a trasladar as autoridades a necesidade urxente de que sexan vixiladas as instalacións do colexio fora dos horarios lectivos, así como as demandas anteriormente feitas, xa que moitas destas desfeitas son realizadas por grupos que fan dos patios do noso colexio, seu lugar habitual de permanencia.
A falta de vixiancia fai que recintos que deberían ser verdadeiros semilleiros de eduación, sexan en moitas ocasións lugares para todo o contrario, agardamos que as nosas autoridades tomen nota.


No hay comentarios: