24/10/09

CAMBIO DE HORA

Os reloxos atrásanse esta madrugada para recuperar o horario de inverno.

Os reloxos atrasaranse a próxima madrugada (ás 3:00 serán as 2:00 horas) para recuperar así o horario de inverno, unha medida para todos os países da Unión Europea que ten como fin o aforro de enerxía e realízase sempre o último domingo de outubro. Segundo estimacións do Instituto para a Diversificación e Aforro da Enerxía (IDAE), España podería reducir ata un cinco por cento o seu consumo de electricidade co cambio de horario, o que equivalería a uns 300 millóns de euros. Esta entidade pública, dependente do Ministerio de Industria, Turismo e Comercio calcula que, deses 300 millóns, 90 millóns corresponderían aos fogares, o que supón unha media de seis euros por vivenda, e os outros 210 poderíanse reducir co aforro enerxético nos edificios do sector terciario e na industria. A responsable do Programa de Cambio Climático de WWF España, Mar Asunción, asegurou que "o cambio de hora non supón un aforro enerxético significativo, porque en España o que se aforra polas mañás gástase en iluminación durante as tardes". O impacto desta medida é diferente segundo as diferentes latitudes, e "aínda que pode ser efectiva nos países do norte de Europa, en España serían necesarias políticas estruturais que incentiven o aforro e penalicen o malgaste que se produce sobre todo en iluminación e en climatización", engadiu. O cambio de hora foise xeneralizando a partir de 1974, tras a primeira crise do petróleo, cando algúns países decidiron adiantar os seus reloxos para aproveitar mellor a luz do sol e consumir menos electricidade en iluminación. Esta medida aplícase como directiva desde 1981, pero coa aprobación da Novena Directiva, polo Parlamento Europeo e Consello da Unión Europea, en xaneiro de 2001, este cambio de horario aplícase con carácter indefinido en todos os países comunitarios. Segundo os estudos da Unión Europea, a medida ten "impactos positivos non só sobre o aforro, senón sobre outros sectores como o transporte, as comunicacións, a seguridade viaria, as condicións de traballo e os modos de vida, a saúde, o turismo ou o lecer". Independentemente do cambio de hora, o Ministerio de Industria, Turismo e Comercio e o IDAE recomendan aos cidadáns que contribúan ao aforro de enerxía durante todo o ano cunha actitude responsable no fogar á hora de prescindir da iluminación artificial cando non é necesaria. Seguir determinadas pautas ou hábitos pode permitirnos, sen renunciar ao confort, aforrar ata 100 euros ao ano, ademais de evitar emisións contaminantes á atmosfera.
.

22/10/09

ESPECIAL ACTIVIDADES EXTRAESCOLARRES DA ANPA


QUEREMOS COMUNICAR QUE AÑADIMOS NESTE ESPECIAL, TODAS AS PROPOSTAS DE ACTIVIDADES EXTRA-ESCOLARES PARA ESTE CURSO.

Lembrar que as actividades de pago estarán supeditadas a ter un número mínimo de inscritos e as de colaboración ca empresa ENTER, realizaranse nas súas instalacións.

Tamén a súa realización (tanto as de pago como as gratuitas que se fan no colexio), igual que tódolos anos , estarán pendentes da súa aprobación polo Consello Escolar (por parte dos membros da ANPA no Consello Escolar estan agardando para aprobalas, xa que canto antes se aproben antes comenzaran), despois de ser aprobadas polo Consello, pasaran a delegación provincial da Conselleria de Educación e Ordenación Universitaria, para que sexan aprobadas pola Xefa Territorial, xa que é a que ten a última palabra para que podamos facer uso das instalacións do centro como se ben facendo desde sempre.

Unha vez que recibamos a confirmación da Dirección daremos comenzo as actividades.

Recordar que as inscripcións teñen que ser entregadas os membros do equipo Directivo da ANPA ou no buzón.
Tamén para ampliar información dirixirse os Directivos da ANPA e tamén no tablón de anuncios.
Coma sempre grazas a todos e a todas e agradamos que os nenos e nenas disfrute delas.

NOTA:para ver as imaxes ampliadas facer clik sobre elas.

ACTIVIDADES PROGRAMADAS :


************************************************************************






***********************************************************************





ESTE ANO EMPEZAREMOS UNHA NOVA ACTIVIDADE, COMO PRIMEIRO ANO SERA ADICADA OS ALUMNOS E ALUMNAS DE 1º E 2º DE PRIMARIA:

PILARES BÁSICOS DO APRENDIZAXE
Instalacions do colexio CEIP A Cristina.
Dia: luns.
Horario: de 17´00 a 19´00h.
Cursos: 1º e 2º de primaria.
Monitores: Personal técnico da empresa FESAN.
Coordinador: Xosé Mª Arán Rodríguez.

As actividades que se realizarán cos nenos de 1º e 2º primaria serán tódas basadas en xogos educativos que sirvan para complementar a súa formación fora do horario lectivo:

ACTIVIDADES
Como empregar un diccionario, unha enciclopedia e como buscar información en internet. Interiorización dos métodos de traballo. Técnicas de estudio.
Cursos de reforzo. Audicións musicais (en galego, castelán e inglés). Aprendizaxe de valores básicos.Aprendizaxe das normas básicas de convivencia: orden, respeto,sociabilidade... Xogos que favorezcan a relación entre os nenos e nenas. Xogos, que os acheguen a situacións da vida real. Xogos de memoria.
Exercicios de lectura.

OBXETIVOS
Aumentar o éxito académico e proporcionar métodos de estudios aos rapaces e rapazas.
Desarrollar hábitos e esforzo no estudio. Aprender xogando. Mellorar a capacidade intelectual. Mellorar a auestima e as relacións sociais. Desarrollar a capacidade auditiva.Aprender a escoitar e discriminar sonidos.Fomentar a creatividade e a imaxinación. Aumentar a capacidade de reter a información. Aumentar o bocabulario. Aumentar a capacidade de atención. Adquirir normas básicas de convivencia. Mellorar a autoestima. Fomentar a estimulación. Coseguir o control persoal. Mellorar o análise de textos. Apoio as familias e coidadores.


*******************************************************************************

ESCOLAS DEPORTIVAS
desde fai dous anos a ANPA corre ca organización das escolas deportivas, patrocinadas polo Patronato Deportivo Municipal, estas actividades son de balde e faranse no colexio cos alumnos e alumnas que se inscriban e cabe a posibilidade tamén de participar nos encontros e competicións deportivas intercentros financiadas pola Dirección Xeral para o deporte da Xunta de Galicia e coa colaboración do Patronato.
Toda esta actividade está coordinada por Teresa e ven a ser a continuación do programa deportivo comenzado xa no curso 1990/91.

OS NENOS/AS DE EDUCACION INFANTIL, 1º E 2º DE PRIMARIA TERAN:
1 DIA A SEMANA.- PATINAXE E OUTRO EDUCACION FISICA DE BASE.

OS NENOS/NENAS DE 3º, 4º, 5º E 6º DE PRIMARIA TERAN QUE ESCOLLER UN DEPORTE:


  1. VOLEI

  2. BALONMAN

  3. BALONCESTO

  4. FUTBOL SALA

POÑER NAS SOLICITUDES DOS DE 3º-4º-5º-E 6º O DEPORTE QUE ESCOLLAN.


********************************************************************************
MAIS INFORMACION NO TABLON DE ANUNCIOS DA ANPA NO COLEXIO.


.

16/10/09

O COLEXIO RECIBE EN SANTIAGO HOXE O PREMIO DA FUNDACION ANTON FRAGUAS

A ANPA FELICITA OS RAPACES E DOCENTES DO COLEXIO E EN ESPECIAL A COORDINADORA DO PROXECTO: A DOCENTE DONA CRISTINA ALONSO.
¡felicidades!

O colexio carballés da Cristina recibe en Santiago un premio ao seu labor lingüístico .
la voz de galicia
O colexio da Cristina (Carballo) foi galardoado cun premio da Fundación Antón Fraguas polo seu proxecto lingüístico As adiviñas dá fala viva. O galardón, que recoñece o esforzo e dedicación, tanto dos alumnos como do equipo docente, será entregado ás sete da tarde no Museo do Pobo Galego de Santiago. A esa hora tamén se inaugurará a exposición conmemorativa do traballo que estará na entidade durante 15 días antes de regresar ao centro de orixe.

Más información sobre o tema:
PROXECTO DIDACTICO ANTON FRAGUAS


.

14/10/09

NOVAS TENSIONS NO CONSELLO ESCOLAR DO COLEXIO

Según nota que nos manda Xosé Mª Arán , manifesta que no Consello escolar de hoxe , foi reprobada a súa actitude no Consello Escolar anterior, presentando a Dirección do Centro un escrito no cal reprobaba esta actitud incluindo o seu nome e apelidos e enumerando unha serie máis de matices moi discutibles. Unha vez rematada a lectura polo Director, pasose a asinar os presentes e foi asinada polos mestres e unha nai, non asinando os pais restantes e o Concelleiro do Concello de Carballo no Consello Escolar.

Unha vez rematado esto o Sr. Arán pediu a palabra o director por alusións, a que lle concediu o director, unha vez que empezou a sua intervención o Director retiroulla e dixolle que entregara o escrito ca súa intervención, retirándolle a palabra o Sr. Arán e pasando o seguinte punto da orde do día. Arán fixo facer os seus dereitos e continuou falando, o Director dou por levantada a sesión, quedando tódolos temas pendentes da orde do día.

Ante un feito tan fora de lugar comunícanos “ QUE SE ESTA A VULNERAR UN DEREITO TAN FUNDAMENTAL COMO A LIBERTADE DE EXPRESION”. E sobre todo na escola pública.



CONTINUAREMOS INFORMANDO SOBRE AS ACCIONES QUE VAI A TOMAR A ANPA.

.

12/10/09

AVALIACION COMUN NO COLEXIO


Corenta e cinco mil estudantes estrearán a avaliación común.

A proba celebrarase en toda Galicia o 21 de outubro · Medirá as competencias lingüísticas e matemáticas dos estudantes que o curso pasado fixeron 4.º de Primaria e 2.º da ESO · A lei prohibe usar os resultados para clasificar os centros, pero as familias coñecerán os do seu colexio.

O sistema educativo galego someterase por primeira vez a exame a través dunha proba común para o alumnado de 10 e 13 anos o 21 de outubro. A avaliación diagnóstica, unha das novidades da LOE, debería haberse celebrado o curso pasado en 4º de Primaria e 2º da ESO, segundo o calendario de aplicación da lei, pero o Bipartito foi un dos goberno autonómicos que a pospuxo cinco meses para facilitar a súa organización. Por iso os primeiros en pasar por ela serán os rapaces que agora están en 5º de Primaria e 3º da ESO, uns 45.000 en toda a comunidade.

A primeira edición centrarase nas competencias en matemáticas e lingua. Cada unha delas medirase nunha proba de 60 minutos, con preguntas de opción múltiple e de resposta aberta e semiabierta.

Guía para a mellora.
Os resultados non terán validez académica para o alumnado. O seu obxectivo é saber como funciona cada centro e detectar problemas, de modo que se poidan organizar medidas que melloren a atención do alumnado e "analizar, valorar e reorientar, procédese, as actuacións encamiñadas ao desenvolvemento do currículo dá etapa", reza a orde que regula o proceso.

Cada centro poderá coñecer a puntuación global obtida e as desagregadas de diversos elementos en cada competencia, a media de Galicia e a dos colexios ou institutos con mesmo índice socioeconómico e cultural.

A lei deixa moi claro que en ningún caso os resultados poderán ser utilizados a efectos de clasificación dos centros, pero o temor de que se faga este uso é patente entre os sindicatos educativos. E é que xa hai antecedentes: a Comunidade de Madrid estreou en 2005 unha proba de nivel en 6º de Primaria que acabou derivando nun ranquin de centros, e tamén son comúns listaxes similares coas medias da selectividade.


Visión reduccionista?.
A confidencialidade queda ademais en evidencia polas pautas establecidas pola Consellería de Educación para informar ás familias. Non se proporcionará información individualizada do alumnado, pero os proxenitores coñecerán os resultados xerais do seu colexio, indica o departamento na súa web.

"Agardamos que non acábense establecendo ranquins. Son unhas probas que deben ter carácter orientador, e non deben empregase para estratificar vos centros", advirte o secretario nacional de CIG-Ensino. Aínda que este non é o único pero Anxo Louzao ao sistema deseñado pola LOE. "Debería ser unha avaliación global, non só do rendemento escolar. Habería que ter en conta tamén vos recursos, as dotacións de profesorado dous centros, para que despois a Administración actuase en positivo", engade.

O STEG realiza unha crítica similar no seu último boletín informativo: "Poden vos resultados dun exame ser un baremo fiable dá calidade educativa? Posto que a escola forma parte dun sistema, este tipo de probas produce unha visión reducionsita dá educación. Avalía dúas competencias ailladas e non tense en conta ningún outro factor do funcionamento do centro".

Ceip de Arzúa"Non teñen que prepararse para ela".
O CEIP de Arzúa, como todos os demais, prepárase xa para as probas de diagnóstico, pero só a nivel administrativo. "Vos rapaces non teñen que preparase para esta proba", explica o director, Xesús Loxo. O colexio constituíu xa a comisión de coordinación, composta, de acordo coas normas da Xunta, por quen ostentan a dirección, a xefatura de estudos, a do departamento de orientación e unha tutoría de cada nivel avaliado. Sobre a aplicación informática na que poderán descargar as probas un día antes de que se celebren aínda non ten detalles, pero o que máis lle preocupa é a confidencialidade dos resultados. "Espero que non fíltrense, sería malo para vos centros" .

Primar o saber facer, como no PISA.
As competencias básicas que medirá a avaliación diagnóstica refírense á capacidade de aplicar os coñecementos apresos e á comprensión da realidade en contextos diferentes, a través de problemas prácticos. Primarase, xa que logo, o saber facer fronte ao mero coñecemento memorístico, na liña das probas internacionais do informe PISA.

Cada ano mediranse diferentes habilidades.
A avaliación diagnóstica universal debuta con matemáticas e lingua. Os exercicios sobre as primeiras serán en galego e os outros, en galego e castelán por igual. En anos posteriores poderán ser de coñecemento do medio, competencia dixital, social, de aprender a aprender e artística e cultural, e autonomía e iniciativa persoal.

50 colexios fixeron un 'ensaio' en abril.
Uns 1.800 escolares de 50 centros galegos participaron en abril nas primeiras probas de avaliación diagnóstica do Ministerio de Educación, que servirán para ofrecer unha radiografía da adquisición de competencias no conxunto do Estado. O seu Instituto de Avaliación encargouse destas probas e tamén fixa as pautas das autonómicas.

Material impreso o día anterior.
A Consellería de Educación porá a disposición dos centros unha aplicación informática específica para o proceso. Desde ela, o día anterior á celebración das probas imprimirán os caderno pequeno que cubrirá o alumnado. A Xunta dará instrucións detalladas para preservar ata o día 21 a súa confidencialidade .

DIARIO OFICIAL DE GALICIA:

FOLLETO:

CARTEL


.

7/10/09

EMPEZA A INSCRIPCION DOS NENOS NAS ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DEPORTIVAS DE TARDE


Coma tódolos anos a ANPA, comenzará as actividades deportivas extraescolares de tarde.

A ANPA organiza estas actividades co patrocinio do Concello de Carballo, a través do Patronato Deportivo Municipal.Estas actividades neste ano son gratuitas.
Esta semana empezarase a mandar os nenos e nenas as fichas de inscripción para que se apunten no deporte que lles interese. Unha vez se recollan as inscripcións é a nosa vontade empezar o antes posible, a ser a semana que ben.

As actividades serán os martes e xoves, despois da saida do colexio pola tarde.

Para calqueira duda ou consulta podedes dirixirvos os Directivos da ANPA.

.

5/10/09

A ANPA "A CASILLA" FELICITA A TODOSLOS DOCENTES DO CONCELLO DE CARBALLO



Desde a secretario da ANPA, mandouselle a tódolos colexios do concello de carballo, unha felicitación os docentes polo Día Mundial adicado a eles.
O 5 de outubro a Internacional da Educación e as súas organizacións afiliadas mobilízanse para que a voz do profesorado sexa oída no mundo enteiro.

Para saber algo máis do 5 de outubro: Día Mundial de l@s docentes:

A UNESCO instaurou o 5 de outubro como Día Mundial dos Docentes en 1994 para conmemorar a firma da Recomendación OIT/UNESCO relativa á situación do persoal docente de 1966. O Día Mundial dos Docentes tamén pon de relevo a Recomendación sobre a condición do persoal docente do ensino superior de 1997.

Segundo a UNESCO, o Día Mundial dos Docentes representa un signo significativo da concienciación, a comprensión e o aprecio despregados ante a contribución vital dos profesores en aras da educación e do desenvolvemento. A Internacional da Educación cre firmemente que este Día dos Docentes debería ser internacionalmente recoñecido e celebrado en todo o mundo. A IE tamén considera que, nesta data aniversario, os principios das Recomendacións de 1966 e 1997 deberían ser considerados para a súa aplicación en todos os países.

Máis de 100 países celebran o Día Mundial dos Docentes. Os esforzos da Internacional da Educación e das súas 348 organizacións membro contribuíron a este amplo recoñecemento. Cada ano a Internacional da Educacion leva a cabo unha campaña de concienciación para destacar as achegas da profesión docente.


.