27/2/09

FORMULARIO DE FORMALIZACION DE MATRICULA


Faga clik sobre o formulario para poñelo a tamaño folio

MATRICULA PARA O CURSO ESCOLAR 2009-2010

Curso escolar: 2009/2010

MATRÍCULA PARA O CURSO 2009/2010. NORMATIVA.DESCARGA DE FORMULARIOS. RESULTADOS


Ao abeiro da orde do 17 de Marzo de 2007 pola que se regula o procedemento para a admisión do alumnado no 2º Ciclo de Educación Infantil, Educación Primaria, Educación Secundaria e Bacharelato , expoñemos os requisitos básicos para o proceso, así como os enlaces necesarios para acceder aos anexos e documentación necesaria a presentar nos diversos Centros Educativos. Igualmente, lembramos a necesidade de respetar os prazos e cumplir cos requisitos que sinala a devandita orde.
Para calqueira aclaración, pregamos pasen pola Secretaría do Centro.

DOCUMENTACIÓN PRECISA PARA A SOLICITUDE DE PRAZA:
1.-ANEXO II DEBIDAMENTE CUMPRIMENTADO (Folas 1,2 e 3)Pódese descargar dende AQUÍ coas súas instruccións.
2.-FOTOCOPIA DE TODAS AS FOLLAS DO LIBRO DE FAMILIA QUE TEÑAN ALGUHA INSCRIPCIÓN.
3.- SE É O CASO, DOCUMENTACIÓN XUSTIFICATIVA DA SOLICITUDE DUNHA PRAZA PARA O ALUMNADO CON NECESIDADES ESPECÍFICAS.
4.-CERTIFICADO DE ENPADROAMENTEO MUNICIPAL COS DATOS DO SOLICITANTE,OU, DOMICILIO DE TRABALLO DO PAI, NAI, TITOR LEGAL. SE É POR CONTA ALLEA PRECISARASE PRESENTAR O CERTIFICADO DA EMPRESA E COPIA DO CONTRATO LABORAL. SE É POR CONTA PROPIA PRESENTARASE A ALTA CENSAL E A ALTA NA SEGURIDADE SOCIAL.

DE HABER MÁIS SOLICITUDES QUE PRAZAS, REQUERIRASE A VOSTEDE PARA QUE PRESENTE ENTRE O DÍA 1 E 20 DE ABRIL A SEGUINTE DOCUMENTACIÓN:
1.-ACREDITACIÓN , SE PROCEDE, DE DISCAPACIDADE (DO SOLICITANTE, PAI, NAI OU IRMÁNS).
2.-TÍTULO ACTUALIZADO DA TARXETA DE FAMILIA NUMEROSA (NON VALE O LIBRO DE FAMILIA) .

PARA CENTROS ADSCRITOS: I.E.S. "MONTE NEME", deberán cubrir o anexo I. Prema AQUÍ PARA DESCARGALO.

1.-A NORMATIVA QUE REGULA O PROCESO DE ADMISIÓN EN CENTROS DOCENTES SOSTIDOS CON FONDOS PÚBLICOS PÓDEA DESCARGAR PREMENDO AQUÍ.
2.-UNHA VEZ CONFIRMADA A PRAZA NO COLEXIO POLA XUNTA DE ESCOLARIZACIÓN, DEBERÁ PROCEDERSE A FORMALIZAR A MATRÍCULA ENTRE 0 20 E O 30 DE XUÑO
ACCEDA AO FORMULARIO DE MATRÍCULA PARA O CEIP "A CRISTINA" PREME AQUI PARA ACCEDER O FORMULARIO.

AVISO: DENDE O DÍA 20 ATA O 30 DO MES DE XUÑO ,AMBOS INCLUSIVE, ESTARÁ ABERTO O PLAZO DE MATRÍCULA NO CENTRO

PRAZAS OFERTADAS PARA O CURSO 2009/2010.
PRAZAS ALUMNADO DO CENTRO OFERTADAS :

4º INFANTIL...................................25
5º INFANTIL...................................25
6º INFANTIL...................................25

1º EDUCACIÓN PRIMARIA......... 25
2º EDUCACIÓN PRIMARIA........ 25
3º EDUCACIÓN PRIMARIA ....... 25
4º EDUCACIÓN PRIMARIA ....... 25
5º EDUCACIÓN PRIMARIA ....... 25
6º EDUCACIÓN PRIMARIA ...... 25

As prazas reservadas para necesidades educativas especiais, pasarán ao turno normal de non curbrirse por esa condición. Neste caso sería a Comisión de Escolarización quen asinaría as prazas sobrantes.

CADRO DE DATAS

  • 1-15 de Febreiro
    1. Presentación no I.E.S “MONTENEME” da relación de alumnos de 6º, susceptibles de matricularse en 1º de ESO.

2. Presentación no mesmo centro de impresos de admisión (Anexo I) entregados polas familias no noso centro.

  • Antes do 19 de Febreiro
    1. Envíar por e-mail á inspección a relación de prazas existentes, reservadas para alumnos do centro, para Necesidades Educativas Especiais, , procedentes de escolas agrupadas, e as prazas que se ofertan en período de matrícula.
    2. Expoñer no taboleiro de anuncios e na páxina web, a relación indicada no apartado anterior.
  • 1 de Marzo
    1. Publicación no taboleiro de anuncios das vacantes dispoñibles para o curso, ademáis doutros aspectos que figuran no artigo 14º.3 da devandita orde.
    2. Reservar tres postos por unidade para que a Comisión de escolarización escolarice, se é o caso, alumnado con necesidade específica de apoio educativo.(Artigo 15.2 e artigo 39).
  • 1-31 de Marzo
    Presentación de admisións en centros sostidos con fondos públicos:
    1. Anexo II da orde de 17 de Marzo de 2007 (3 follas).
    2. Fotocopia de tódalas follas do libro de familia que teñan algún dato.
    3. Documentación xustificativa, se é o caso, de praza de alumnado con necesidades educativas especiais.
    4. No caso de necesidades educativas especiais,remitir á comisión de escolaridade dentro dos cinco días seguintes á presentación da solicitude,informe da orientadora, xunto coa documentación aportada pola familia.
    5. Certificado de empadroamento municipal cos datos do solicitante, ou, domicilio de traballo o pai, nai ou titor legal ( se é por conta allea, precisarase presentar o certificado da empresa e copia do contrato laboral. Se é por conta propia, presentarase a Alta Censal e alta na seguridade Social).
  • 1-20 de Abril( 1 é 2 de Abril)
    Pedir documentación complementaria, se fose necesario, para baremar, ou comprobar, algún punto, no caso de que haxa máis solicitudes que prazas.
  • 21-30 de Abril
    1. Recepción no Centro da comisión de escolarización das solicitudes con informe vinculante do alumnado con necesidade educativa específica de apoio educativo (Artigo 11º.4).
    2. Decisión sobre a admisión do alumnado polo Consello Escolar (Artigos 39º.1 e 41º ).
  • Antes do 30 de Abril e sucesivos.
    Publicación das listaxes do alumnado admitido e non admitido, ordenadas por orde de puntuación.
    A partires da data de publicación hai cinco días para recurrir ante o Consello Escolar.
    Consello escolar resolverá nos cinco días seguintes as reclamacións presentadas.
    Publicación definitiva das listaxes definitivas, no taboleiro, ordenadas por puntuación.
    48 horas despois de publicadas as listaxes definitivas
    Remitir á comisión de escolarización:
    1. As listaxes definitivas de admitidos.
    2. Número de postos escolares non cubertos, detallados por cursos e niveis.
    3. Listaxe do alumnado que non resultou admitido no centro, xunto coa documentación presentada.
    Resolución pola Comisión de Escolarización.
  • 20 -30 de Xuño
    Formalización de matrícula nos centros de Educación Infantil e Primaria.
FÓRA DO PRAZO, DE FORMALIZACIÓN DE MATRÍCULA, O CENTRO NON PODERÁ MATRICULAR A NINGÚN ALUMNO, AINDA QUE ESTA ADMITIDO.
MATRÍCULA

PARA CALQUEIRA SUXESTION CONSULTE NA SECRETARIA DO COLEXIO Preme AQUI para ver o horario.

26/2/09

ENTERRO DO MECO NO COLEXIO

FACER CLIK SOBRE A IMAXE PARA AMPLIALA

HOXE FARASE ENTREGA OS NENOS DA "GUIA RAPIDA PARA PAIS DE FAMILIA"

A ANPA procederá a repartir hoxe os nenos a "Guía rápida para padres de familia", está guía será entregada a tódolos nenos do colexio, para que as entreguen na casa os seus pais, nais e titores.
Entregarase a tódolos cursos para que os pais empezen a recibir información sobre o mundo das drogodependencias .
Esta iniciativa enmarcase dentro do convenio suscrito pola ANPA e a Asociación Vieiro de Carballo, para fomentar a información sobre as drogodependencias, saude e pautas de comportamento dos pais na educación dos fillos, a entrega da "Guía", complementase cas dúas escolas de pais que se están celebrando cada venres, que tamén forman parte deste convenio.
Co fin de facilitarlles o labor de educador ás familias en materia de drogodependencias, Vieiro editou unha guía na cal márcanse distintas pautas sobre as distintas drogas e forma de actuación aclarándolles o que é a farmacodependencia, clasificación das drogas, a tolerancia e a dependencia.
Igualmente detallanse os factores de risco que leva o uso das drogas, así como enumerar os factores de protección.
Detállase de forma sinxela as características do Tabaco, Alcol, Haxix e Cocaína.
Ademais nesta guía danse instrucións para que facer en caso de sospeitas de que algún membro da familia consuma drogas.

25/2/09

AVALIACION DIAGNOSTICA DOS ALUMNOS POR PARTE DA CONSELLERIA DE EDUCACION

A Xunta comprobará a destreza dos alumnos de Primaria e ESO en números e letras cun exame Preto de 45.000 alumnos de cuarto curso de Primaria e de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) serán sometidos a unha avaliación diagnóstica o 21 de outubro de 2009.

O 'profesor' será a consellería de Educación, e o obxecto determinar o nivel das súas competencias básicas en comunicación lingüística e matemáticas.

A finalidade da avaliación de diagnóstico é contribuír a determinar o nivel de desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, con obxecto de promover accións de mellora do sistema educativo. Iso quere dicir que dita proba será formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias e para o conxunto da comunidade educativa, co que non terá ningún efecto académico no expediente dos escolares.

O exame farase en todos os centros De acordo coa referida orde, a avaliación desenvolverase en todos os centros que impartan os ensinos correspondentes a cuarto de Primaria e segundo de ESO, salvo naqueles casos que sinale a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

A consellería será a encargada de determinar en cada curso as datas nas que se realizarán as probas, que serán as mesmas para todos os centros. Nesta ocasión, Educación fixou a súa celebración para o 21 de outubro próximo.

Tamén decidirá Educación cada curso as competencias básicas obxecto de avaliación. Así, mentres que nesta ocasión teranse en conta tan só as de comunicación lingüística e matemáticas, nas futuras abordaranse outras como a competencia no coñecemento e en interacción co mundo físico, a competencia social e cidadá, a cultural e artística ou as de autonomía e iniciativa persoal e de tratamento da información e a competencia dixital.

24/2/09

ALGUNS GRUPOS DO COLE PARTICIPARON NO CONCURSO DE DISFRACES DO CONCELLO

O domingo 22 celebrouse o concurso de disfraces do concello de Carballo, algúns nenos do colexio participaron na praza do concello de carballo.
Nunha xornada non moi quente alí estiveron alguns nenos dos seguentes cursos:




VENRES 20 CHEGOU O ANTROIDO


O pasado venres celebrouse no colexio a Festa do Antroido, fixose un pasarruas polas ruas limítrofes do colexio con todos os cursos.
sinalar desde a ANPA, que este ano temos que felicitar os docentes polo traballo realizada, a verdade e " que o curraron" moito e como mostra o ben que foron os rapaces, salientar que os disfraces de infantil foron realizados polos mestres, grazas en nome de todos e enoraboa.
A xornada como non podía ser douto xeito foi divertida, os pais temos que involucrarnos un pouco máis e participar disfrazados no evento, para vivir esta xornadas cos rapaces, de todolos xeitos tamén felicitar os que si o fixeron.
O programa cumpriuse en forma e orde como estaba establecido e o tempo acompañou.

O pasarúas discurriu pola rúas: Saido do colexio por Camilo Xosé Cela, Moncho Valcarcel, Ceso Emilio Ferreiro, Alfonso Daniel Rodriguez Castelao, Vicente Risco e para rematar Eduardo Blanco Amor para entrar no colexio. Por certo sempre ca colaboración da Policia local e Protección Civil.

Despois do festival que se celebrou no patio do colexio, no mque actuaron as diferentes comparsas, para rematar pasouse a degustación de produtos típicos do nadal.

Foi unha xornada lúdica e festiva na que os participantes pasarono moi,moi, ben.
De novo felicitacións os profes pola labor realizada.


O Director cantando " pero yo sigo siendo el rey"

Os de 3º de primaria


¿quen sera o profe?


Os de 5º de primaria




os de 1º de primaria


Os de 3º de Educación Infantil


Os de 2º de educación Infantil


Os de 2º de Educación Infantil


Os cativos actuando


Os de primaria actuando



de comillona


E os caivos tén.












19/2/09

ESTAMOS DE ANTROIDO


Mañá venres, coma tódolos anos, festexamos o entroido no colexio. O horario escolar será de 9´05 a 13´05.
os pais, nais e titores que queiran participar na festa poderán acudir ao centro a partir das 11 horas, que dará comenzo o desfile polas rúas máis cercanas o colexio, rúa Camilo Xosé Cela, Luis Calvo e Eduardo Blanco Amor. Como si fora o sambódromo de Río de Xaneiro.
os alumnos de infantil e primaria faran unha festa para rematar a xornada, onde se degustarán productos tipicos do entroido ( haber si non mandamos cousas raras). Por iso a dirección solicita a colaboración dos maiores traendo algunhas cousas como filloas, tortas, orellas, roscas, etc.
os alimnos de primaria traeran a súa bebida, mentres que para os de infantil dispoñerase da bebida existente nas aulas.
todos aqueles pais e nais que queiran disfrazarse poderán estar na festa.

PROGRAMA
  • 9´05 A 11´00 ..ACTIVIDADES CO PROFESORADO.

  • 11´00................. COMENZO DA FESTA DO ANTROIDO CON PAIS, NAIS E TITORES.

  • 11´00 A 11´30.. DESFILE DE DISFRACES POLAS RUAS: saida, Camilo Xosé Cela e regreso pola rúa Blanco Amor .

  • 11´30 a 12´00... ACTUACION DAS COMPARSAS.

  • 12´00 a 13´05.. FESTA DE DEGUSTACIÓN DE PRODUTOS TIPICOS DO ANTROIDO.

LEMBRAR QUE OS NENOS MARCHAN DE VACACIONS DE ANTROIDO E TERAN QUE VOLTAR A CLASES O XOVES 26 DE FEBREIRO.

E vontade dos docentes e persoal laboral, así como da ANPA, desexarvos a todos unhas felices festas, e coidado cas antroidadas.

17/2/09

MATERIAIS MULTIMEDIA PARA NENOS DE INFANTIL PARA APRENDER INGLES

A Xunta desenvolve materiais multimedia para que os nenos de infantil aprendan inglés.
A Consellería de Educación desenvolveu diversos materiais multimedia para que os nenos de educación infantil de Galicia aprendan inglés nos seus colexios dun modo lúdico e interactivo, a través de cancións e xogos, entre outras actividades, estas novas ferramentas que pretenden «aproximar» o inglés aos nenos de entre 3 e 5 anos. Entre estes novos programas atópase 'Lolokarolo', baseado na creación de karaokes, que permite que os alumnos de educación infantil constrúan frases en inglés dunha forma fácil e escóitenas despois.
Os nenos tamén poderán aprender palabras e frases no seu contexto co 'Dicionario de inglés interactivo', que funciona en internet ou na lousa electrónica, e que presenta paneis con debuxos de situacións cotiás para que os estudantes exploren o vocabulario relacionado, entre outros xogos. Sánchez Piñón destacou ademais a publicación de 'Ou inglés en infantil: unha porta ao plurilingüismo', unha guía que analiza a anticipación do inglés aos tres anos. A análise foi elaborado a partir do traballo realizado nos máis de 800 centros de Galicia que imparten inglés aos nenos de tres anos a cinco -que supón o 90% da Comunidade, segundo Educación- e pretende «servir de experiencia» aos mestres que se queiran incorporar a este ensino.
O obxectivo é que o profesorado especialista en inglés saiba como achegarse ao ensino deste idioma en educación infantil, unha etapa «idónea» para comezar a sentar as bases da «futura competencia plurilingüe e intercultural» do alumnado.
Por outra banda, hoxe publicouse no Diario Oficial de Galicia a convocatoria para que os alumnos de primaria e secundaria participen en estancias e intercambios con centros educativos doutros países de Europa para favorecer a aprendizaxe activa de linguas.

12/2/09

APERTURA DE CENTROS FORA DO HORARIO LECTIVO E DURANTE AS VACACIONS

Os colexios poderán abrir en vacacións e fins de semana para conciliar a vida laboral e a familiar.
Os colexios poderán abrir durante as vacacións e os fins de semana para potenciar a conciliación da vida laboral e a familiar.
Dentro do programa de apertura de centros fora do horario lectivo, a Consellería de Educación publica hoxe no Diario Oficial de Galicia unha nova modalidade para que os concellos poidan presentar proxectos para realizar actividades en vacacións, sexa cal fora a época.
Educación destina no 2009 a todo o programa de apertura uns tres millóns de euros, o que supón un 20% máis que no 2008. Ata agora había tres modalidades de subvencións: para actividades saudables e de habilidades persoais; de éxito escolar, e de prevención ante o absentismo e abandono escolar. A elas únese agora a de conciliación.
Para que un concello poida acceder ás axudas debe desenvolver obrigatoriamente actividades das tres primeiras modalidades e de forma opcional da última. A Xunta financia o 80% do custo das actividades e o resto sufrágano os concellos. No 2008 participaron 168 concellos, e Educación confía en chegar este ano á totalidade dos municipios.

8/2/09

ANULADAS AS CLASES O LUNS

FAI CLIC SOBRE A NOTA DE ABAIXO PARA AMPLIALA:



A Dirección Xeral de Protección Civil aconsella á poboación adoptar as medidas de autoprotección ante un novo fenómeno meteorolóxico adverso de nivel laranxa por vento
As consellerías de Presidencia e Educación xa fixeron un preaviso a tódolos posibles axentes implicados e colexios, que será ratificado esta tarde ás 19,30 en función dos partes meteorolóxicos
Prevense refachos de máis de 100 km/h, o que se corresponde cun nivel de alerta laranxa
A Dirección Xeral de Protección Civil recomenda á poboación evitar desprazamentos, retirar obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, fiestras e tellados e afastarse de edificios en ruína ou en construción
A Dirección Xeral de Protección Civil da Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza aconsella á poboación adoptar as medidas de autoprotección oportunas ante a chegada dun novo fenómeno de meteoroloxía adversa de nivel de alerta laranxa por vento en terra, que afectará á Comunidade Autónoma de Galicia a partir de mañá luns. Segundo as informacións recibidas da Axencia Estatal de Meteoroloxía, prevense refachos de compoñente sudoeste de máis de 100 quilómetros á hora. Así, recoméndase evitar os desprazamentos, retirar obxectos que poidan caer á rúa dende balcóns, fiestras e tellados e afastarse de edificios en ruína ou construción, árbores e paneis publicitarios.
Doutra banda, agárdanse precipitacións que poderán acumular ata 40 litros por metros cadrado en 12 horas, o que se corresponde cun nivel de alerta amarelo. Este fenómeno meteorolóxico adverso afectará, especialmente, á provincia de Pontevedra desde as primeiras horas de mañá e ata a madrugada do martes.
A Dirección Xeral de Protección Civil, a través do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia, preavisou este fenómeno o venres e reiterouno hoxe. En concreto, o pasado venres remitíronse 569 faxes e 385 mensaxes de móbil, e hoxe domingo 572 faxes e 385 sms. En total, enviáronse dende o pasado día 6 ata hoxe un total de 1.141 faxes e 770 sms informativos, a todos os concellos e parques de bombeiros da Comunidade Autónoma, así como aos organismos das administracións estatais, autonómicas e provinciais e ás empresas que pola súa actividade se poidan ver afectadas (como por exemplo as de construcción ou guindastre, operadores eléctricos e de telefonía, e servizos de primeira intervención). Deste xeito, agárdase que se adopten as precaucións oportunas para a protección dos bens e das persoas.

Ademais das medidas preventivas adoptadas, a Dirección Xeral de Protección Civil recomenda aos condutores que, no caso de teren que realizar algún desprazamento, se informen previamente do estado das estradas e que, en calquera caso, axeiten a velocidade ás condicións da vía, xa que se poden producir desprendementos de terra e pedras.
Por último, suxírese consultar a páxina web do Centro de Atención ás Emerxencias 112 Galicia (www.112galicia.org), que conta con información meteorolóxica e enlaces de interese.

ANTROIDO 2009

Este ano no colexio como tódolos anos vaise celebrar a festa do antroido o vindeiro día 20 de febreiro e celebrarase no colexio.
Como ben sabedes polas notas informativas enviadas polos nenos, este ano tomouse a decisión por parte do colexio de que formara parte este acontecemento do proxecto de "As adiviñas na fala viva", que se esta a desenvolver no colexio como viñemos informando asiduamente.
Por este tema a temática para os disfraces corre a conta do profesorado para facelo dunha forma coordinada con relación o proxecto.
Por este motivo comunicase os pais que escolleranos e faranse ou ben aproveitarse o que se ten na casa para realizalos.
De tódolos xeitos estaredes perfectamente informados polos tutores de cada curso.
¡ Ollo os pais ! tede moito coidado que xa se empezan a facerse antroidadas polo colexio.

HORARIOS DIRECCION - XEFATURA ESTUDOS E SECRETARIA



NOS MESES DE SETEMBRO A XUÑO


DIRECCION: ....................... Lúns, Mércores e venres de 9´05 a 10´00h.

XEFATURA ESTUDOS: .... Mércores de 10´55 a 11'50h.

SECRETARIA: .................... Martes, Mércores e Xoves de 10´55 a 11´50h.



NOS MESES DE OUTUBRO A MAIO


DIRECCION: ....................... Lúns, Mércores e venres de 10´00 a 10´55h.

XEFATURA ESTUDOS: .... Mércores de 12´15 a 13´15h.

SECRETARIA: .................... Martes, Mércores e Xoves de 12´15 a 13´15h.

OS NENOS XA DISPOÑEN DO ALBUM DE ADIVIÑAS, ENMARCADO NO PROXECTO "AS ADIVIÑAS NA FALA VIVA"

Os nenos do colexio empezan a chegar a casa co albúm das adiviñas, este albúm que forma parte do proxecto "As Adiviñas na Fala Viva" elaborado polo colexio e coordinado pola profesora Cristina Alonso, é unha vez máis un orgullo de tódolos pais polo bo facer do colexio na contribuciónción que se fai os nenos dos aspectos máis etnográficos e educativos, vaia por diante a nosa noraboa.

Fai clik sobre as imaxes para amplialas
Co propósito de rememorar a figura de Don Antonio Fraguas Fraguas na súa dobre vertente de pedagogo e etnógrafo, a Fundación Antonio fraguas Fraguas fai a convocatoria dun concurso de proxectos didácticos encamiñados a realización dun programa de pescuda sobre o patrimonio etnográfico, antropolóxico, xeográfico, historico e artístico do entorno inmediato entre os centros escolares de Galicia. deste xeito, peténdese alentar entre a comunidade escolar un traballo sistemático orientado á educación patrimonial, ao coñecemento do medio e a posta en valor dos máis diversos elementos do noso acervo cultural.

Na 6ª convocatoria de proxectos Didácticos da Fundación antonio fraguas fraguas, resultou premiado, na modalidade de ensino primario, o proxecto "As adiviñas na fala viva" presentado polo C.E.I.P. A Cristina.

Este proxecto consistia nunha recollida de adiviñas da nosa tradición oral para a posterior realización dunha serie de actividades, entre as que figuraban a edición dun álbum.

O profesorado implicado nesta materia, quere resaltar a importancia que teñen as relacións dos nenos e das nenas cos maiores e o valor que ten a transmisión da literatura oral popular entre distintas xeneracións para que non caia no esquence,emto. Vaia pois o agradecemento a todas aquelas persoas: avós, avoas, pais, veciños... que coas súas aportacións fixeron posible a realización deste traballo.

Asemade salientar o entusiasmo amosado por parte do alumnado na recollida, gravación e deseño do albúm.

Agardamos pois que a partir desta iniciativa sexan os alumnos e alumnas non só receptores senón tamén transmisores deste importante legado.

Agradecer tamén a Fundación Antonio Fraguas Fraguas a convocatoria destes premios que serven como alicente e estímulo ao profesorado que se sente motivado para levar a cabo estas experiencias educativas. CEIP A Cristina.


¿QUEN FOI Antón Fraguas Fraguas?


Antón Fraguas Fraguas (Insuela, en Loureiro (Cotobade), 28 de decembro de 1905– Santiago de Compostela, 6 de novembro de 1999), foi un destacado historiador e antropólogo galeguista.
Estudou o bacharelato en Pontevedra, onde foi alumno de Castelao e Antón Losada Diéguez, e a carreira de Filosofía e Letras en Santiago de Compostela, onde se licenciou en 1928.
Xa en 1923, con 18 anos, fundou en Pontevedra a Sociedade da Lingua, co obxectivo de loitar na defensa do galego e publicar un diccionario, que nunca saiu á luz. Cando foi a Santiago ingresou nas Irmandades da Fala e comezou a colaborar co Seminario de Estudos Galegos, no que foi admitido como membro en 1928, nas seccións de Xeografía e de Etnografía e Folclore. Dentro do Seminario iniciou o estudo da xeografía histórica de Galicia, dedicándose especialmente ás rías Baixas e ás terras de Cotobade. Como etnógrafo, comezou co estudo dos costumes ó redor do Entroido.
Foi profesor do instituto da Estrada desde 1933 ata o comezo da Guerra Civil, en que foi separado do posto como represalia ás súas actitudes galeguistas e tivo que traballar no ensino privado. Tivo que esperar ata 1950 para recupera-la cátedra do instituto e poder doutorarse, o que fixo na Universidade de Madrid cunha tese sobre o colexio de Fonseca. Posteriormente foi profesor en Lugo e Santiago, ata a súa xubilación en 1975.
Fraguas foi un dos protagonistas da transformación do Seminario de Estudos Galegos, desmantelado polo réximen de Franco, no Instituto de Estudos Galegos Padre Sarmiento, no que foi bibliotecario, secretario e director da sección de Etnografía e Folclore, publicando as súas investigacións na revista editada polo Instituto, Cuadernos de Estudios Gallegos.
O 19 de abril de 1951 foi nomeado membro numerario da Real Academia Galega, na que ingresou o 8 de maio, ocupando a cadeira que deixara Castelao. Foi presentado por Salustiano Portela Pazos, Ramón Otero Pedrayo e Luís Iglesias Iglesias, e o seu discurso de ingreso, Roseiras e paxariños nas cantigas dun serán (Coplas que se cantaban nas ruadas de Loureiro de Cotobade), foi contestado por Ramón Otero Pedrayo.
En 1963 foi nomeado director do Museo Municipal de Santiago, instalado no convento de San Domingos de Bonaval, que en 1975 pasou a ser denominado Museo do Pobo Galego. Xaquín Lorenzo era o Presidente da Fundación e, á morte deste en 1989, Fraguas ocupou os cargos de director e presidente. En 1994 doou ó Museo a súa biblioteca particular, composta por uns 20.000 volumes.
Outros cargos que desempeñou Fraguas ó longo da súa vida foron, entre outros, a coordinación da sección de Antropoloxía do Consello da Cultura Galega (1983), membro numerario da Real Academia Galega das Ciencias, a Real Academia da Historia, a Asociación de Arqueólogos de Portugal ou a Sociedade Portuguesa de Etnoloxía.
Foi nomeado Pontevedrés do ano en 1973; concedéronlle o Pedrón de Ouro en 1984 e a Insignia de Ouro do Museo do Pobo Galego o mesmo ano; recibiu o Premio Trasalba en 1985, e a Medalla Castelao; Premio Otero Pedrayo en 1992, ano en que tamén foi nomeado Cronista Oficial de Galicia; Premio das Artes e das Letras de Galicia en 1995. En 1989 foi nomeado fillo adoptivo de Santiago de Compostela.
Trala súa morte, creouse a Fundación Antonio Fraguas no Museo do Pobo Galego, co obxecto de “proxectar, conservar e dinamiza-lo patrimonio que Fraguas e toda a xeración por el representada crearon e rescataron para a conservación furura da memoria de Galicia”.
Así mesmo, a Deputación Provincial da Coruña convocou na súa memoria o Certame de Artesanía Antonio Fraguas Fraguas.

SUAS OBRAS:

Geografía de Galicia (1953)
Galicia insólita (1973)
Lugo (1974)
Murguía, o patriarca (1979)
Literatura oral en Galicia (1980)
El traje gallego (1985)
Aportacións ó cancioneiro de Cotobade (1985)
Aquilino Iglesia Alvariño: vida e obra (1986)
Romarías e santuarios (1988)
Celso Emilio Ferreiro (1989)
La Puerta Santa (1993)
Do Entroido (1994)
As cousas de Antonio de Insuela (1996)
A festa popular en Galicia (1996)
Ademais das publicacións anteriores, Fraguas escribiu numerosos artigos de divulgación en xornais e revistas especializados ou non, así como colaboracións en publicacións conxuntas con outras personalidades da etnografía galega.

OS DE 5º E 6º CURSO ACUDIRON O PAZO A OBRA DE TEATRO "MARCO POLO"



O pasado mércores día catro os rapaces de 5º e 6º, acudiron a ver o Pazo da Cultura, a obra de teatro "MARCO POLO" interpretada polo grupo de teatro "TELONCILLO", esta actividade foi organizada polo Concello de Carballo e patrocinada por Caixa Nova, dentro da súa campaña de actividades para escolares.
Sinopsis.
Tres actores vanse metamorfoseando nos diferentes personaxes cos que se vai atopando Marco Polo. Tres actores que, do mesmo xeito que Marco, deixaranse seducir polo novo, o distinto, o raro, o marabilloso?

Claudio Hochman e Marco Polo.
Din que un día Xullo Verne, cando era mozo, escapouse de casa, foise ata o porto e meteuse nun barco coa intención de saír a descubrir o mundo. Os seus pais descubríronlle e prohibíronlle achegarse ao mar. Esa imposibilidade espertou nel unha fecunda imaxinación. Marco Polo tivo máis sorte, o seu pai e o seu tío eran navegantes e aos quince anos fué invitado a abandonar Venecia e embarcarse nunha viaxe que durou vinte e cinco anos. Din que esa viaxe tamén lle abriu a imaxinación, porque ao volver contou tantas historias que moitos pensaron que non podían ser verdade. Pero iso é o de menos, o caso é que viaxou e como o viaxes enriquecen, fíxose un home rico. Pero non rico en diñeiro e xoias preciosas. Volveu rico en coñecementos, en historias para cegar, en sabedoría, en cataratas de recordos, e sen case querelo abriu unha fronteira, ata entón pouco habitual, entre oriente e occidente. Nós imos contar a historia desa viaxe. A dun "case neno" que viaxa e descobre. E crece e aprende e valora. Unha viaxe onde as culturas entrecrúzanse, os idiomas abren barreiras, os costumes sorprenden, as comidas producen novas sensacións, cheiros e cores. Paisaxes e xentes tan distintas van entrelazando unha travesía única e inigualable. Cremos que é importante transmitir aos nenos o desexo da viaxe, do descubrimento. Viaxe ao descoñecido, enfrontarse aos monstros, que son os nosos medos. Asombrarse co novo, fascinarse co diferente. Queremos invitarlles a mergullarse nunha viaxe polos sentidos, unha viaxe ás sensacións, unha viaxe para descubrir e descubrirnos, unha odisea chea de xogo, onde cada paso é unha sorpresa e cada encontro un desafío.

Este espectaculo está recomendado para nenos e nenas a partir de 7 anos. E público familiar.
Dirección: Claudio Hochman.
Dramaturgia: Claudio Hochman.
Intérpretes: Javier Carballo - Silvia Martín
- Juan Luís Sara .
Axudante de dirección: Anxo Sánchez.
Deseño de Escenografía e Vestiario: Isidro Alonso.
Produción: Ana Isabel Galego.
Realización de Escenografía e Vestiario: DYCAE
Deseño e Construción de Artes Escénicas.
Música: Músicas do Mundo
Cancións: Teloncillo.
Arranxos: Anxo Sánchez.
Gravado pors: Eduardo Tarilonte.
Deseño gráfico e ilustracións: Q-idea.
Iluminación: Agustín Revilla "Pacho".
Asesor musical: Miguel Angel Pérez, "Maguil"
Administración: Marta Pérez.
Distribución: Mª do Val Sara.

7/2/09

OS NENOS DO COLEXIO CELEBRAN O DIA DA PAZ


Os nenos do colexio compartiron unha xornada chea de xogos adicados a paz.



REPARACION DE ADOQUINS E ESCALONS COLEXIO


A semana pasada o Concello de Carballo a traves da Concelleria de Servizos e por membros da brigada de obras procedeu a reparación do adoquin que estban soltos nas aceras exteriores do colexio e tamén no interior do colexio, sobre todo facendo a reparación das escaleiras de acceso os patios.