25/2/09

AVALIACION DIAGNOSTICA DOS ALUMNOS POR PARTE DA CONSELLERIA DE EDUCACION

A Xunta comprobará a destreza dos alumnos de Primaria e ESO en números e letras cun exame Preto de 45.000 alumnos de cuarto curso de Primaria e de segundo de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) serán sometidos a unha avaliación diagnóstica o 21 de outubro de 2009.

O 'profesor' será a consellería de Educación, e o obxecto determinar o nivel das súas competencias básicas en comunicación lingüística e matemáticas.

A finalidade da avaliación de diagnóstico é contribuír a determinar o nivel de desenvolvemento das competencias básicas do alumnado, con obxecto de promover accións de mellora do sistema educativo. Iso quere dicir que dita proba será formativa e orientadora para os centros e informativa para as familias e para o conxunto da comunidade educativa, co que non terá ningún efecto académico no expediente dos escolares.

O exame farase en todos os centros De acordo coa referida orde, a avaliación desenvolverase en todos os centros que impartan os ensinos correspondentes a cuarto de Primaria e segundo de ESO, salvo naqueles casos que sinale a Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.

A consellería será a encargada de determinar en cada curso as datas nas que se realizarán as probas, que serán as mesmas para todos os centros. Nesta ocasión, Educación fixou a súa celebración para o 21 de outubro próximo.

Tamén decidirá Educación cada curso as competencias básicas obxecto de avaliación. Así, mentres que nesta ocasión teranse en conta tan só as de comunicación lingüística e matemáticas, nas futuras abordaranse outras como a competencia no coñecemento e en interacción co mundo físico, a competencia social e cidadá, a cultural e artística ou as de autonomía e iniciativa persoal e de tratamento da información e a competencia dixital.

No hay comentarios: