21/12/09

FELIZ NADAL E VINDEIRO ANINOVO

O vindeiro MARTES día 22 daranse as “ VACACIÓNS DE NADAL “ que abranguerán desde o día 23 de decembro ata o día 7 de xaneiro (ambos os dous inclusive). Así mesmo, a Orde do 15 de xuño (DOG do 22) pola que se aproba o calendario escolar para o curso 2009-2010, e co fin de unificar as celebracións dos patróns de cada nivel educativo, establece o DÍA DO ENSINO, coa consideración de non lectivo, o día 8 de xaneiro, polo que as clases ranudaranse o luns día 11 de xaneiro de 2010.

Estimados pais/nais/ titores/as:
O día 22 recibiremos a visita de Papá Noel e celebraremos o Festival de Nadal ao que estades todos/as invitados/as, será no colexio. Desde a ANPA e despois de falar con papa noel, deixaralle os nenos uns agasallos e doces, agardamos que este sinxelo xesto sirva para felicitarvos a todos.

Lembrar que durante o período vacacional, non se levarán a cabo actividades extraescolares.

OS COMPOÑENTES DA COMUNIDADE EDUCATIVA DO CEIP A CRISTINA DESÉXANVOS UNHAS FELICES FESTAS E TODA SORTE DE LEDICIAS PARA O VINDEIRO ANO


.

16/12/09

KIKO ROJO ESTIVO NA EXPOSICION QUE TEN NO COLEXIO EXPLICANDOLLE OS NENOS AS FOTOS


FOTO:O fotógrafo carballés Kiko Rojo, rodeado polos nenos do colexio A Cristina, expuxo no centro escolar as fotografías que realizou o ano pasado no Sahara, con motivo dunha viaxe solidaria.

Exposición. O fotógrafo carballés Kiko Rojo Vilar da expedición humanitaria que o ano pasado realizou ao Sahara, onde acudiu xunto con outros afeccionados ao motor para repartir material escolar e sanitario entre os máis necesitados. A viaxe, que o mantivo lonxe de casa durante os pasados Nadais serviu tamén para realizar unhas magníficas fotografías das que estes días gozaron os nenos do colexio A Cristina de Carballo. Cos pequenos reuniuse onte Kiko Rojo, para explicarlles como fora a viaxe e como viven os pequenos saharauís. Seguro que cando os escolares da Cristina cumpran os 30 aínda se acordan desta visita.

.

FELICITACION DE NADAL DESDE O CONCELLO DE CARBALLO


Dende os Departamentos de Educación, Cultura e Normalización Lingüística mandanos a ANPA a felicitación de nadal a que facemos extensible a todos e a todas.

.

15/12/09

MAÑAN NON TEREMOS CLASES NO COLEXIO POR MOTIVOS METEOROLOXICOS


URXENTE: A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria decidiu, como medida de precaución, a suspensión das clases en todos os centros educativos de Galicia durante a xornada de mañá, 16 de decembro. Esta medida tómase en base á predición, feita pola Axencia Estatal de Meteoroloxía (AEMET), dun fenómeno meteorolóxico adverso con precipitacións en forma de neve que afectarán á Comunidade Autónoma de Galicia en cotas baixas a partir das 00.00 horas oficial do mércores 16 de decembro.

14/12/09

COLOCACION DA SINAL DE RESERVA DE APARCAMENTO PARA DISCAPACITADOS


No día de hoxe procedeuse por parte da empresa ASPABER UTE, a colocación da sinal de estacionamento reservado para discapacitados, o lado da entrada traseira do colexio e a caron do paso de peóns existente.
A Petición da ANPA o Concello xustificase dentro do plan que ten a asociación para adaptar os espazos circundantes o colexio os servizos de seguridade e prestacións para os nenos, transporte e rúas, que preveñan a acedantilidade e a falicitación das persoas que teñen relación ca comunidade educativa.

A ANPA FAI UNHA CHAMADA DE ATENCION A TODOLOS PAIS, NAIS, TITORES E PERSOAS QUE ACCEDEN A RUA EN VEHICULOS A MOTOR, PARA QUE RESPETEN ESTE ESPAZO E OS DEMAIS ADICADOS E RESERVADOS PARA BUS E TRANSPORTES ESCOLARES.

tamén en breve procederase o pintado da praza de discapacitados e de de dirección única da via.


.

10/12/09

O CEIP "A CRISTINA" CONMEMORA O DIA INTERNACIONAL DOS DEREITOS HUMANOS CUNHA EXPOSICION



Hoxe celébrase o Día Internacional dos Dereitos Humanos e no CEIP A Cristina (Carballo) conmemoramolo cunha exposición fotográfica. Son traballos do carballés Kiko Vermello, instantáneas dunha expedición súa a Marrocos. As imaxes foron tomadas durante a 1ª Expedición CronoRacing-África dentro do proxecto Un neno, un lapis, a través do que se lle levou material escolar aos pequenos dese país, doado, entre outros, polas familias do colexio.

Desde hoxe e ata o día 18 de Decembro está exposta no noso colexio unha mostra fotográfica que contén algunhas das instantaneas captadas polo fotógrafo carballés Kiko Rojo que baixo o lema " Un neno, un lapis.

A mostra estará aberta ao público até o próximo 18 de decembro, de 10.00 a 11.00 horas e de 15.15 a 16.00.

.

9/12/09

CLAUDIA RAMA MOSQUERA, DE 4 ANOS DO COLEXIO E A GAÑADORA DO 2º PREMIO DO CONCURSO DE DIBUXO DE NADAL DO CONCELLO



Máis de mil nenos de 14 colexios teñen participado no Concurso de Cartel e Programa de Nadal 2009.

O Concello de Carballo vén de fallar o Concurso de Cartel e Programa de Nadal 2009, convocado pola Concellería de Cultura. O xurado, presidido pola Concelleira, Belén Lendoiro, estivo integrado por alumnos dos centros de ensino, representados neste caso por Daniel Lorenzo Carracedo e Antón Díaz Sánchez, do CEIP Fogar, e Uxía Esmorís Suárez e Alejandro Cotelo Bello, do Colexio Artai; por un representante dunha asociación cultural do municipio, que este ano foi Melani Recarey Gerpe, da Asociación Cultural Nemeth: e tamén participou o debuxante Miguel Anxo Calvo Pose.

Logo das oportunas deliberacións, resultou elixido como 1º premio, e por tanto postal gañadora a presentada por Manuel Pérez González, do CEIP Fogar, de 3 anos, outorgándoselle un premio de 210 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma.
Tal e como se recolle nas bases, o centro educativo ao que pertence o gañador deste galardón recibe un premio por valor de 150 euros en material didáctico. Este ano recae no CEIP Fogar. O 2º premio, que marca o debuxo do cartel anunciador das festas de Nadal, recaeu en Claudia Rama Mosquera, de 4 anos, do CEIP A Cristina. Outorgóuselle un premio de 100 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma. Ademais, concedéronse os seguintes accésits, cun valor de 60 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma:
Ignacio Eirís Vilariño, de 4º curso do CEIP Gándara-Sofán.
Manuel Outes Mallo, de 5º curso do CEIP Fogar.
Alejandra Pastoriza Carbajales, do CEIP A Cristina, de 4 anos.
Miriam Piñeiro Bardanca, do CEIP Nétoma-Razo, de 3 anos.
Amanda Álvarez Montero, do CEIP A Cristina, de 11 anos.

Nesta edición teñen participado no concurso un total de 1.115 nenos de 14 colexios de educación infantil e primaria de Carballo, así como algunha Asociación de Nais e Pais (ANPA). O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o Concello, ademais de converterse na portada do programa do Nadal Cultural, que recolle todos os actos culturais que se celebran durante estas datas en Carballo. Os premiados recibirán o diploma e os agasallos polo valor dos premios concedidos nun acto que terá lugar o domingo 20 de decembro, ás 18.00 horas no Pazo da Cultura.

.