9/12/09

CLAUDIA RAMA MOSQUERA, DE 4 ANOS DO COLEXIO E A GAÑADORA DO 2º PREMIO DO CONCURSO DE DIBUXO DE NADAL DO CONCELLO



Máis de mil nenos de 14 colexios teñen participado no Concurso de Cartel e Programa de Nadal 2009.

O Concello de Carballo vén de fallar o Concurso de Cartel e Programa de Nadal 2009, convocado pola Concellería de Cultura. O xurado, presidido pola Concelleira, Belén Lendoiro, estivo integrado por alumnos dos centros de ensino, representados neste caso por Daniel Lorenzo Carracedo e Antón Díaz Sánchez, do CEIP Fogar, e Uxía Esmorís Suárez e Alejandro Cotelo Bello, do Colexio Artai; por un representante dunha asociación cultural do municipio, que este ano foi Melani Recarey Gerpe, da Asociación Cultural Nemeth: e tamén participou o debuxante Miguel Anxo Calvo Pose.

Logo das oportunas deliberacións, resultou elixido como 1º premio, e por tanto postal gañadora a presentada por Manuel Pérez González, do CEIP Fogar, de 3 anos, outorgándoselle un premio de 210 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma.
Tal e como se recolle nas bases, o centro educativo ao que pertence o gañador deste galardón recibe un premio por valor de 150 euros en material didáctico. Este ano recae no CEIP Fogar. O 2º premio, que marca o debuxo do cartel anunciador das festas de Nadal, recaeu en Claudia Rama Mosquera, de 4 anos, do CEIP A Cristina. Outorgóuselle un premio de 100 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma. Ademais, concedéronse os seguintes accésits, cun valor de 60 euros en libros e xoguetes educativos e un diploma:
Ignacio Eirís Vilariño, de 4º curso do CEIP Gándara-Sofán.
Manuel Outes Mallo, de 5º curso do CEIP Fogar.
Alejandra Pastoriza Carbajales, do CEIP A Cristina, de 4 anos.
Miriam Piñeiro Bardanca, do CEIP Nétoma-Razo, de 3 anos.
Amanda Álvarez Montero, do CEIP A Cristina, de 11 anos.

Nesta edición teñen participado no concurso un total de 1.115 nenos de 14 colexios de educación infantil e primaria de Carballo, así como algunha Asociación de Nais e Pais (ANPA). O cartel distribuirase polas rúas e comercios de Carballo e a tarxeta de felicitación será a que felicite as Festas do Nadal desde o Concello, ademais de converterse na portada do programa do Nadal Cultural, que recolle todos os actos culturais que se celebran durante estas datas en Carballo. Os premiados recibirán o diploma e os agasallos polo valor dos premios concedidos nun acto que terá lugar o domingo 20 de decembro, ás 18.00 horas no Pazo da Cultura.

.

No hay comentarios: