31/12/08

E UN DESEXO DE TODOS NOS



Este día pasado saiu nos xornais a nova sobre francisco Rojo Vilar (Kiko) socio da ANPA e pai de Roberto de 1º de Primaria. fai clik sobre a imaxe paa amrpliala e ler o artigo.
Pulsa aquí se queres acceder a novas anteriores sobre o tema.

PROGRAMA NADAL CULTURAL -EN VACACIONS OS NENOS A PASALO BEN



NADAL CULTURAL PARA OS RAPACES NESTAS VACACIONS, ACTOS MAIS SALIENTABLES.




  • Xoves 18 música / orquesta da escola de altos estudos musicais / pazo da cultura / 20´30 / entrada gratuita.

  • venres 19 Pregón do nadal e recital de panxoliñas / igrexa parroquial carballo / 20´30 / entrada gratuita.

  • Sábado 20 Festival de panxoliñas / pazo da cultura / coros vagalume, o candil, cruz vermella e arume / 20´00 / entrada gratuita.

  • Xoves 25 Nacimentos viventes / igrexa de razo 10´00, igrexa sísamo á 10´30 e carballo igrexa parroquial ás 12´30 / entrada gratuita.
    Aberto o prazo para a reserva de entradas e venda de bonos para o Nadal Pequespectacular
    A partir do mércores 17 de decembro poden reservarse as entradas e os bonos para os espectáculos infantís do Nadal Pequespectacular que terán lugar dentro do programa do Nadal Cultural organizado pola Concellaría de Cultura. O número máximo de entradas que se poderán mercar por persoa é de 4.Os prezos das entradas son os seguintes:
    Adultos (entradas soltas) para a función do 21 de decembro - 3,5 euros; para as do 28, 29 e 30 de decembro - 2,5 euros
    Bono (adultos) para todas as funcións 8 euros
    Descontos do 50 por cento para menores de 12 anos, maiores de 65 e estudantes con carné Ademais, as entradas poñeranse á venda o día de cada espectáculo na taquilla do Pazo da Cultura entre as 16.00 e as 18.00 horas. As entradas reservadas recolleranse na taquilla entre as 16.00 e as 17.30 horas; e os bonos deberán recollerse o domingo 21 de decembro neste mesmo horario. Os espectáculos terán lugar nos seguintes horarios e datas do mes de decembro:

  • Domingo 21 Búho y maravillas / Los músicos de Bremen / Pazo da Cultura / 18.00 horasOrganiza Concello de Carballo / Colabora AGADIC .
  • Domingo 28 Galitoon / Babiliglub /Pazo da Cultura / 18.00 horasOrganiza Concello de Carballo / Colabora AGADIC .

  • Luns 29 Artello Teatro Alla Scala 1:5 / Polgariño /Pazo da Cultura / 18.00 horasOrganiza Concello de Carballo / Colabora AGADIC.

  • Martes 30 Luís Boyano / Movida máxica /Pazo da Cultura / 18.00 horasOrganiza Concello de Carballo.

CONTINUARAN OS ACTOS CON:

  • Venres 2 Obradoiro / os nenos poderán eleborar as súas cartas os Reises Magos / lugar a ludoteca / ás 18´00.

  • Lúns 5 Cabalgata de Reises / Saldrá do Centro comercial Halley ás 17´00h. e ás 20´00h. chegará a praza do concello.

fai clik sobre este texto para ampliar o programa do nadal cultural.



29/12/08

FRACASO DO PLAN ANTIDROGA NOS COLEXIOS

Os pais consideran un fracaso o plan antidroga nos colexios galegos.

As ANPA´S galegas aseguran que "algo falla" no plan de vixilancia policial na contorna dos centros educativos.

E Piden máis presencia de axentes para evitar o tráfico de drogas.

As asociacións de pais de alumnos de Galicia consideran que o plan de vixilancia policial desenvolvido polo Goberno estatal para evitar o tráfico de drogas nas inmediacións dos centros escolares -posto en marcha en 2006- resultou "un fracaso" xa que practicamente a metade dos mozos galegos, de 15 a 29 anos, recoñece que "é fácil" conseguir droga no seu colexio, instituto ou facultade, segundo o informe Xuventude Galega 2007, elaborado pola Xunta. "É evidente que se os estudantes fan estas afirmacións é porque algo está fallando. Alguén debe porse coloreado e creo que deben ser os corpos de seguridade que se encargaban de que este plan cumprísese", indica o presidente da Confederación Galega de APA de Colexios Públicos (Confapa), Virgilio Gantes.
O 46,6% dos alumnos cre que é sinxelo conseguir sustancias ilegais no seu centro escolar, fronte ao 34,2% que rexeita esta afirmación. Unhas cifras que as APA consideran "alarmantes".
"En principio, coa presenza de policías de paisano nas proximidades dos colexios supúñase que se ía a solucionar este problema. Pero os datos do estudo revelan que non é así e que algo falla", indica Gantes, quen engade: "Espero que esta iniciativa non fose só un boom mediático".
Confapa apoiou no seu momento a vixilancia policial na contorna escolar para impedir que os menores adquirisen facilmente drogas e, a pesar de todo, considera que esta debe ser a solución ao problema. "Hai que retomar a vixilancia e incrementar o número de policías á entrada de colexios porque non se pode tolerar nin un só gramo de nada preto dos centros escolares. Non se pode baixar a garda nin un minuto", resalta Gantes.
O programa, posto en marcha pola Delegación do Goberno fai dous anos, consiste na presenza de policías de paisano e uniforme preto dos colexios así como a súa asistencia cando desde a dirección do centro alértaselles do tráfico ou consumo de estupefacientes nas súas instalacións.
Gantes asegura que os datos do informe da Xunta son "unha denuncia" da propia mocidade galega, que chama a atención sobre un plan que cren "non serviu para nada". "Xunto á policía, os directores dos centros que coñezan esta situación deben tomar cartas no asunto", sinala Virgilio Gantes, aínda que recoñece: "Moitas veces é difícil que os propios profesores déanse conta do problema". O plan de vixilancia policial nos colexios, desenvolvido por axentes da Policía Nacional e a Garda Civil, saldouse nos dez primeiros meses de ano con 113 comisos de drogas, dos que 83 producíronse na provincia da Coruña. As forzas de seguridade do Estado detiveron a cinco mozos por traficar con estupefacientes, entre xaneiro e outubro de 2008, e denunciaron a outras 107 persoas por tenencia ou consumo de sustancias ilegais.

Os directores de institutos galegos aseguran que os datos do informe Xuventude Galega 2007 -que indican que a metade dos mozos ve sinxelo comprar drogas na súa contorna escolar- son máis "unha percepción" que existe entre os adolescentes, que "unha realidade". "Poden darse casos puntuais pero, en xeral, é practicamente imposible que os alumnos consigan estupefacientes no horario de clase", resalta o presidente da Asociación de Directores de Instituto de Ensino Secundario de Galicia (Adigga), José Anxo Suárez.
"Os alumnos poden ter a percepción de que é posible pero isto non se axusta coa realidade. É coma se pensásemos que todos os mozos acoden a botellóns cada fin de semana, cando son só unha minoría", indica Suárez, quen engade: "Son casos particulares, non se pode crear alarma".
Este profesor galego, que dirixe o Instituto de Educación Secundaria Alexandre Bóveda de Vigo, asegura que "é imposible" o trapicheo de estupefacientes dentro dos recintos xa que están sometidos a unha elevada vixilancia. "Practicamente todos os institutos galegos están pechados baixo sete chaves durante o horario lectivo. Os mozos non poden saír do recinto escolar salvo con permiso paterno", sostén.
Na súa opinión, a realidade que observa no seu día a día como director dun centro de Secundaria nada ten que ver coa ofrecida polo informe da Xunta, onde o 46% dos mozos considera fácil adquirir estupefacientes. "Aínda nos institutos urbanos podería darse algún caso, pero no rural cústame imaxinar que se cumpre esta afirmación", sostén Suárez.
O presidente de Adigga, ao contrario que as asociacións de pais de alumnos de colexios públicos de Galicia, asegura que o plan de vixilancia policial nos colexios, desenvolvido polos ministerios de Interior e Educación, "si está resultando efectivo". "Sempre que algún centro tivo algún problema e chamou, os axentes acudiron para resolver a situación", indica José Anxo Suárez.

28/12/08

COMISION DE COORDINACION PEDAGOXICA


A Comisión de Coordinación Pedagóxica
A Comisión de Coordinación Pedagóxica é un órgano fundamental na vida do Centro. Coordina de forma habitual e permanente a labores docentes do profesorado, dos ciclos, dos titores e especialistas, das actividades lectivas: docentes, complementarias, extraescolares... Coordina todos os traballos académicos e a actividade lectiva do Centro.

A Comisión reúnese mensualmente e a súa composición é a seguinte:
-Presidente: Director.
-Xefe de estudos.
-Coordinadores dos Ciclos.
-Orientador.
-Profesor de Pedagoxía Terapéutica.
Dentro da Comisión de Coordinación Pedagóxica pode ser formada, como subcomisión, a Unidade de Apoio Educativo, constituída polo Orientador do Centro, Logopeda e Profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Xefe de Estudos.

Tamén poden participar outros profesionais non docentes como os coidadores ou auxiliares de hábitos de autonomía persoal.


Funcións e competencias da Comisión de Coordinación Pedagóxica:
-Establecer as directrices xerais para elaborar e revisar os Proxectos curriculares de etapa, así como dirixilos e coordinalos.
-Asegurar a coherencia entre o Proxecto Educativo do Centro, os Proxectos curriculares e a Programación Xeral Anual, así como propor ao Claustro a súa avaliación, aprobación e modificacións.
-Velar polo cumprimento dos Proxectos curriculares na práctica docente, así como a súa avaliación.
-Propor ao claustro a planificación das sesións de avaliación e cualificación.
-Elaborar a organización da orientación educativa e do Plan de Acción Tutorial.
-Elaborar propostas de criterios e procedementos para as adaptacións curriculares e plans sobre a diversidade do alumnado.
-Propor ao Claustro o Plan de formación do profesorado. Elevar ao Consello Escolar informes sobre o propio funcionamento, na memoria final.

O CLAUSTRO DE PROFESORES


O Claustro de Profesores.

O Claustro de Profesores, presidido polo Director, está integrado pola totalidade do profesorado que presta servizo docente no Centro.
O Claustro é o órgano de participación do profesorado e ten a responsabilidade de planificar, coordinar, decidir e informar sobre os aspectos docentes do Centro, sendo a súa función primordial a de impartir a docencia a todas as alumnas e alumnos.

Reúnese ao ano en 3 ou 4 ocasións o Claustros (trimestralmente) para realizar propostas ao Plan do Centro, revisar normas de funcionamento, achegar criterios ao calendario escolar, ser informado da xestión do Centro, aprobar os aspectos académicos e docentes da programación Xeral Anual e a memoria do curso...

Funcións e competencias do Claustro de Profesores:
-Impartir a docencia directa aos alumnos e alumnas.
-Elevar propostas para elaborar o Proxecto Educativo e a Programación Xeral Anual.
-Establecer criterios para elaborar os Proxectos curriculares, aprobalos e avalialos e decidir sobre as súas modificacións.
-Aprobar e avaliar os aspectos docentes da Programación Xeral Anual así como a memoria final de curso.
-Aprobar os criterios pedagóxicos para elaborar os horarios do alumnado e do profesorado.
-Aprobar a planificación xeral das sesións de avaliación.
-Coordinar as orientación, tutoría, avaliación e recuperación do alumnado. promover iniciativas no ámbito da experimentación e da investigación pedagóxica.
-Elaborar o plan de formación do profesorado do Centro, segundo a proposta da Comisión de coordinación Pedagóxica.
- Elixir os seus representantes no Consello Escolar.
-Analizar e valorar trimestralmente a marcha xeral do Centro e a situación económica.
-Analizar e valorar a evolución do rendemento escolar xeneral do centro, segundo o resultado das avaliacións.

EQUIPO DIRECTIVO


Os Órganos de Goberno Unipersonales constitúen o Equipo Directivo do Centro e traballa de forma coordinada no desempeño das súas funcións.


Funcións do Equipo Directivo:
-Velar polo bo funcionamento do Centro. Estudar e presentar ao Claustro de Profesores e ao Consello Escolar propostas para facilitar e fomentar a participación coordinada de todo a comunidade educativa na vida do Centro.
-Propor procedementos de avaliación das actividades e proxectos do Centro e colaborar nas avaliacións externas.
-Propor á comunidade escolar actuacións de carácter preventivo que favorezan as relacións entre os distintos colectivos que a integran e melloren a convivencia do Centro.
-Adoptar as medidas necesarias para a execución coordinada das decisións do Consello Escolar e do Claustro no ámbito das súas respectivas competencias.
-Establecer os criterios para a elaboración do proxecto de orzamento.
-Elaborar a proposta do Proxecto Educativo do Centro, a Programación Xeral Anual e a Memoria final do curso.

Atribucións do Director /Directora dos Colexios Públicos de E. Infantil e Primaria: a) Garantir o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes.
b) Exercer a Xefatura de todo o persoal adscrito ao centro e adoptar as resolucións disciplinarias que correspondan de acordo coas normas aplicables.
c) Dirixir e coordinar todas as actividades do centro cara á consecución do proxecto educativo do mesmo, de acordo coas disposicións vixentes e sen prexuízo das competencias atribuídas ao Claustro de profesores e ao Consello Escolar do centro.
d) Ostentar a representación do centro, sen prexuízo das atribucións das demais autoridades académicas.
e) Colaborar cos órganos do Departamento de Educación en todo o relativo ao logro dos obxectivos do centro.
f) Propor ao Dpto. de Educación o nomeamento e cesamento dos membros do equipo directivo, previa información ao Claustro de profesores e ao Consello Escolar do centro.
g) Impulsar a colaboración coas familias, coas institucións e con organismos que faciliten a relación do centro coa contorna e fomentar un clima escolar que favoreza o estudo e o desenvolvemento de cantas actuacións propicien unha formación integral en coñecementos e valores dos alumnos.
h) Favorecer a convivencia no centro, resolver os conflitos e impor todas as medidas disciplinarias que correspondan aos alumnos, de acordo coas normas que estableza o Dpto. de Educación e en cumprimento dos criterios fixados no regulamento de réxime interior do centro. A tal fin, promoverase a axilización dos procedementos para a resolución dos conflitos do centro. i) Convocar e presidir os actos académicos e as sesións do Consello Escolar e do Claustro de profesores do centro e executar os acordos adoptados no ámbito das súas competencias.
j) Realizar as contratacións de obras, servizos e subministracións... así como autorizar os gastos de acordo co orzamento do centro, ordenar os pagos e visar certificacións e documentos oficiais do centro, todo iso de acordo co que estableza o Dpto. de Educación.
k) Promover plans de mellora da calidade do centro, así como proxectos de innovación e investigación educativa.
l) Impulsar os procesos de avaliación interna do centro e colaborar coas avaliacións externas. m) Designar aos Coordinadores de ciclo, aos Titores e aos Coordinadores de etapa, no seu caso, así como cesar aos Coordinadores de ciclo e/ou etapa, de acordo co procedemento establecido.
n) Elaborar e aprobar, xunto co resto do Equipo Directivo, a Programación Xeral Anual, valorando as propostas formuladas polo Consello Escolar e polo Claustro de Profesores.
ñ) Supervisar os asuntos relacionados coa xestión do comedor escolar.
0) Garantir o dereito de reunión do profesorado, alumnado, pais e nais de alumnos e persoal de administración e servizos.
p) Calquera outras que lle sexan encomendadas polo Departamento de Educación.

Funcións do Xefe/Xefa de Estudos:
-Coordina as actividades de carácter académico, de orientación e complementarias e vea pola súa execución.
-Elabora en colaboración co Equipo Directivo os horarios académicos do alumnado e profesorado, de acordo cos criterios do Claustro e o horario xeral da Programación Xeral Anual.
-Coordina as tarefas dos Equipos de Ciclo. Coordina e dirixe a acción dos Titores e do Orientador conforme aos plans de Orientación Educativa e Acción Tutorial.
-Elabora a programación anual das actividades complementarias e extraescolares coas propostas de profesores e pais. Coordina ditas actividades en colaboración co Claustro e a Apyma.
-Organiza as actividades que posibiliten o plan de formación do profesorado Substitúe ao Director en caso de ausencia ou enfermidade.

Funcións do Secretario / Secretaria:
-Ordena o réxime administrativo e económico do Centro coas directrices do Director e leva a contabilidade. -Actúa como Secretaria dos Órganos Colexiados do Centro.
-Expide certificacións. Realiza o inventario xeral.
-Custodia os libros e arquivos do Centro... os medios audiovisuais, informáticos e o material didáctico... e vea polo seu mantemento.
-Elabora o anteproxecto de orzamento económico do Centro.

OBSERVATORIO DE CONVIVENCIA


Cada colegio e instituto de secundaria de Galicia tendrá que elaborar un plan de convivencia propio.

El documento, que se redactará en el primer trimestre, incluirá un diagnóstico sobre los conflictos del recinto y diseñar una estrategia para mejorar la situación que recoja objetivos, medidas y plazos. "El plan", señala la consellería, "debe caracterizarse por ser contextualizado, factible, preventivo, progresivo, colaborativo e institucional". Educación determinará los "elementos mínimos" que ningún centro podrá eludir.
La convivencia en las aulas en Galicia se controlará a través de una pirámide cuya cúspide será el Observatorio Galego da Convivencia Escolar, una entidad consultiva y asesora en la que participarán todos los implicados en la educación. El organismo tendrá tres órganos -autonómico, provincial y de centro- y se encargará de evaluar "sistemáticamente" el nivel de conflictividad en los colegios y de proponer medidas para mejorarlo. El observatorio promoverá con las universidades investigaciones sobre la convivencia escolar.


Un nuevo concepto de disciplina,pero no con las "connotaciones negativas" que el pasado le ha imprimido a esta palabra. Educación sostiene que la disciplina es "una necesidad personal y social" y la define como "normas democráticas de convivencia, elaboradas y asumidas como propias por todos los sectores implicados, en el aula, en el centro, en cualquier organización social o actividad".Algunos de sus puntos fundamentales son:
Los consejos escolares de todos los colegios e institutos de secundaria de Galicia crearán un observatorio que se reunirá semanalmente para dar cuenta de la indisciplina que se haya producido en los últimos días, desde peleas entre estudiantes hasta rebeliones contra los profesores o destrozos vandálicos.
Los inspectores de Educación supervisarán los reglamentos disciplinarios de los centros y permitirán que los alumnos cambien los castigos que les impongan por "servicios a la comunidad", seminarios o programas para mediar en conflictos.
Los reglamentos internos de cada centro serán revisados periódicamente con la supervisión de los inspectores educativos y negociados con los estudiantes.
Dinamización de las asociaciones de madres padres y exigirles más responsabilidad a las familias en los estudios de los niños.
Creación de módulos formativos para que los docentes aprendan "habilidades sociales y de comunicación", "resolución de conflictos", mediación escolar, "inteligencia afectivo y emocional" y "educación en valores".
Educación implicará en la prevención de los conflictos a otros departamentos: a otras consellerías, a los ayuntamientos, a las diputaciones y a entidades como Cáritas o Cruz Roja.
Cada colegio e instituto de secundaria de Galicia tendrá que elaborar un plan de convivencia propio a partir del curso que viene. El documento, que se redactará en el primer trimestre, incluirá un diagnóstico sobre los conflictos del recinto y diseñar una estrategia para mejorar la situación que recoja objetivos, medidas y plazos.

FUNCIONAMENTO CONSELLO ESCOLAR



O Consello Escolar é o órgano de participación da Comunidade Educativa no funcionamento do Centro.
Os pais e nais de alumnos, o profesorado, o persoal de administración e servizos e do Concello de Carballo, todos estes sectores participan na xestión do centro a través do Consello Escolar.
No noso Centro compono 14 membros con dereito a voto.

A representación queda coa seguinte composición:
Director do Centro que é o Presidente do Consello Escolar.
Xefa de Estudos.
5 Representantes do profesorado (Elexidos polo Claustro de profesores).
4 Representantes dos pais e nais (Elexidos polos pais, nais e titores).
1 Representante da ANPA, designado por esta.
1 Representante do Concello de carballo.
1 Representante do persoal de administración e servizos (persoal non docente).
A Secretaria do Centro (con voz e sen voto).

Actualmente, o Consello Escolar esta constituído coas seguintes persoas:
Presidente: Juan Carlos Díaz Peña.
Xefa de estudos: Olga Rodríguez Poo.
Secretaria: Cristina Alonso Regueira.
Representantes do profesorado: Antonio Corbelle Fernández, Elvira Costa Cobas, Nieves Chouciño Pouso, Sagrario Paz Souto,
Representantes pais/nais alumnos: María Inés Vallebona Trigo, Sonia Belén Reigía Pose, María Monserrat Cambón Fidalgo e Xosé María Arán Rodríguez.
Representante Asociación pais-nais de alumnos/as: Begoña Pose Arijón.
Representante do persoal de administración e servizos: Alejandro Guerra.
Representante do Concello: Xosé Manuel Guillín .

O Consello Escolar reúnese ao longo do curso en sesións de traballo para tomar decisións que afectan ao goberno colexiado do Centro. Entre outros temas e reunións máis importantes están as seguintes:
Propostas e aprobación do Plan do Centro (setembro e outubro).
Propostas e aprobación dos orzamentos e contas de xestión (setembro, outubro, marzo e xuño).
Aprobación dos criterios complementarios de admisión dos alumnos (febreiro).
Calendario escolar e baremación das solicitudes de admisión dos alumnos (maio).
Aprobación da memoria de final de curso (xuño).

Atribucións do Consello Escolar dos Colexios Públicos de E. Infantil e Primaria:
a) Formular propostas ao equipo directivo sobre a programación xeral anual do centro, así como elaborar, aprobar e avaliar o o Proxecto Educativo, sen prexuízo das competencias do Claustro en relación coa planificación e organización docente.

b) Elaborar informes, a petición do Dpto. de Educación, sobre o funcionamento do centro e sobre aqueloutros aspectos relacionados coa actividade do mesmo.
c) Participar no proceso de admisión de alumnos e velar para que se realice dacordo o establecido na normativa vixente.
d) Aprobar o Regulamento de Réxime Interior do centro.
e) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar por que estas se ateñan á normativa vixente.
f) Aprobar o proxecto de orzamento do Centro e a súa liquidación.
g) Promover a conservación e a renovación das instalacións e equipo escolar.
h) Propor as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, con outros centros, entidades e organismos.
i) Analizar e valorar o funcionamento xeral do Centro a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice o Dpto. de Educación.
j) Ser informado da proposta do Dpto. de Educación do nomeamento e cesamento dos membros do equipo directivo.
k) Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, Observatorio de convivencia.
l) Calquera outras que lle sexan atribuídas pola lexislación e os órganos competentes.

19/12/08

FESTIVAL DE NADAL DO COLEXIO

HOXE CELEBROUSE O FESTIVAL DE NADAL NO PAZO DA CULTURA, ENORABOA OS NENOS E PROFES POLO REGALO QUE NOS FIXERON OS PAIS CAS DIFERENTES INTERPRETACIONS DOS NOSOS FILLOS.

RECIBIMOS DUAS VISITAS MOI GARIMOSAS A DE PAPA NOEL E A DO PEQUENO ANTONIO MATEO ( FILLO DO PROFESOR ANTONIO), QUE XA QUIXO CONOCER A PAPA NOEL.

OS MAIS CATIVOS FIXERONO MOI BEN, AQUI ESTA A CANTEIRA DE 3 ANOS.

E OS DE CINCO ANOS TAMPOUCO SE QUEDARON ATRAS, UNS ARTISTAS


E COMO ESTABA O PATIO. ¡ ABARROTAO!
O RESTO DE ACTUACIÓNS, UNHA PASADA, ENORABOA RAPACES


OS DE CUARTO NA FOTO DE ARRIBA E ABAIXO CARTANDO UNHAS PANXOLIÑAS



OS DE QUINTO CANTANDO COMO OS ANXOS...

E CHEGOU PAPA NOEL, E TODOS ESPECTANTES.


E PAPA NOEL O REMATE AGASALLOU A TODOLOS RAPACES CON UNS RICOS DOCES.

BOAS VACACIONS A TODOS E FELICES FESTAS

18/12/08

REUNION DO CONSELLO ESCOLAR MUNICIPAL


Unha comisión analizará a repartición de alumnos nos colexios de Carballo.

O Consello Escolar Municipal reuniuse por primeira vez tras a súa constitución no mes de maio.

O Consello Escolar Municipal de Carballo celebrou onte a súa primeira reunión oficial tras a súa constitución, o pasado mes de maio. Ao encontro, que tivo lugar no centro Xesús San Luís Romeu, asistiron case unha vintena de membros (entre eles, o alcalde e a edila de Ensino, Mar Eirís). Quedou formada unha comisión de traballo, formada por un representante do Concello, outro da Xunta, ademais dos profesores, a dirección dos centros escolares e un máis polos pais.

Dentro do Consello Escolar Municipal, está designado pola Federación Municipal de Centros Públicos o noso secretario da ANPA, Xosé Mª Arán Rodriguez, o cal e membro en representación dos pais.

Esta comisión terá un rol consultivo, e entre as propostas que fará o Concello está a análise da repartición de alumnos nos colexios de Carballo, tendo en conta a proximidade a eles das rúas en que residen.

Por outra banda, o Inspector de Educación Manuel Abeledo, realizou unha valoración sobre os retos do próximo curso 2009-2010. Que pasaran pola adopción de medidas transitorias para poder escolarizar os nenos, xa que existe para o próximo ano unha previsión bastante importante nos nacidos con dereito a escolarización según os datos do censo.

PAPA NOEL VIRA O FESTIVAL DE NADAL DO COLEXIO

Hoxe recibimos unha carta moi especial da secretaria de Papa Noel, na que nos manda da súa parte aseguinte mensaxe:


PROGRAMA DE ACTOS DO FESTIVAL

Venres 19 de decembro, ás 10´00 horas no Pazo da Cultura.

Entrada de alumnos no colexio as 9´10h. Os nenos de educación infantil irán acompañados das familias ata o pazo da cultura.

A saída dos nenos será as 13´10h. no colexio.

ACTUACIONS:

  • EDUCACION INFANTIL 4 ANOS:

Recitado de conto "CONTO DE XIRAFAS"

  • EDUCACION INFANTIL 3 ANOS:

"O BAUL DOS MEUS XOGUETES".

  • EDUCACION INFANTIL 5 ANOS:

"O BONEQUIÑO".

  • 1º EDUCACION PRIMARIA:

"A RUN RUN MEU NENO".

  • 3º DE EDUCACION PRIMARIA:

teatro "EN EL PORTAL DE BELEN".

Panxoliñas "EN EL PORTAL DE BELEN".

" OH, CHRISTMAS TREE".

  • 2º EDUCACION PRIMARIA:

Recitado.

  • 6º EDUCACION PRIMARIA:

Baile "WILD ROCK" de Camp Rock.

Coreografia "EN ESPELLO" de Reflexos.

Panxoliña "RUDOLPH THE RED-NOSED REINDER".

  • 4º EDUCACION PRIMARIA:

Teatro "O CAMELO DO REI BALTASAR".


Panxoliña "O AGUINALDO".

Panxoliña "JINGLE BELLS".

  • 5º EDUCACION PRIMARIA:

Baile "HASTA LA VISTA" dos DJs.

Composición "CUATRO MAS DOS".

Panxoliña " STA. CLAUS IS COMING TO TOWN".

O REMATE PAPA NOEL, RECIBIRA A TODOLOS NENOS E DARALLES UN AGASALLO.



FELICITACIÓN O PROFE ANTONIO

Querido Profe.
Os nenos de quinto queremos desexarche un montón de felicidades, polo nacemento do pequeno Antonio Mateo.
Queremos que sexa un neno forte e con moita saúde.
Con moito cariño, a panda de quinto.
Aprobeitamos a ocasion desde a Directiva da ANPA, para transmitirlle a Antonio Corbelle Fernández, os nosos parabéns polo nacemento de Antonio Mateo, do mesmo xeito que facerlle extensibles as felicitacións a nai da criatura.
¡Felicidades! e a disfrutalo.

UNHA VIAXE SOLIDARIA


Xa sabedes que hoxe pola tarde procederase a recoller no colexio a doazón de material escolar ( lápices, colores, gomas, libretas...), que os nenos queiran aportar para darllos os nenos do Sahara.

Como anos anteriores corre con esta iniciativa Francisco Rojo Vilar (Kico), socio da ANPA e pai de Roberto de 1º de Primaria.

Durante a súa viaxe o material recollido seralle distribuido os nenos que así o precisan.

Agradecerlle a "Kico" esta iniciativa solidaria e sobre todo porque fai que os nosos nenos valoren tamén a vida que teñen outros semellantes de carencias e necesidades elementais, é unha forma de inculcarlle a solidaridade entre iguais.

12/12/08

FELICITACIONS DE NADAL

Estamos a recibir diferentes felicitacións de nadal desde diferentes colectivos e organismos que nos están transmitindo tódolos bos desexos nestas datas tan entrañables de Nadal e para o ano 2009.

Dar as garzas a todos por acordarse de nós e desexarlle a eles tamén unhas felices festas, recibimos esta semana.

  • Da Dirección e comunidade escolar do colexio "FOGAR" de carballo.

  • Da Federación de Centros Públicos da Provincia de A Coruña.

  • Da empresa de servizos educativos COESCO.

  • Da Concelleria de Cultura.

A todos eles grazas.

REMATA A CAMPAÑA, "CANTAR E CONTAR" ANIMAMOS OS PAIS E OS NENOS A PARTICIPAR O XOVES 18 A SESION DE CLAUSURA

A campaña "Cantar e contar: ler na nosa lingua" que transcorre no Pazo da Cultura de Carballo, organizada pola Secretaría Xeral de Política Lingüística e KALANDRAKA, entra esta vindeira semana na súa recta final, coas visitas programadas de seis centros escolares. O luns participarán alumnos dos CEIP Canosa-Rus e Bergantiños; estes últimos volverán ao día seguinte, xunto cos escolares do Fogar Infantil, centro que tamén repetirá o xoves, e ao que se vai sumar o CEIP Nétoma-Razo. Finalmente, o xoves será o turno do Colexio Milladoiro Malpica e do CPI Xosé Pichel.
O obxectivo das sesións de contos e música tradicional é favorecer o achegamento dos escolares de Educación Infantil e Primaria ao libro e á lectura en galego. A contadora Ana Abelenda e o músico Pablo Díaz levan a cabo as actividades, nas que poñen en práctica o "binomio narración e interpretación musical".
As sesións -nas que ata o remate da campaña van participar máis dun milleiro de escolares dos centros educativos carballeses- son unha mostra de cultura e folclore en vivo; os relatos adquiren ritmo e foméntase a participación activa do público infantil. Ademais, os rapaces coñecen de primeira man a forma e o son dos instrumentos tradicionais galegos cos que se acompañan as sesións, como o acordeón, a pandeira e a pandeireta, o birimbau, a frauta de cana, as culleres ou o salterio.
ESPAZO DE LECTURA
KALANDRAKA celebrará unha sesión especial de contos e música para o público familiar este vindeiro xoves 18 -data na que rematará a campaña- a partir das 18:30 horas, no Pazo da Cultura. O público en xeral tamén pode visitar a exposición de ilustracións, que permanece aberta ata o 8 de xaneiro. A partir do día 17, o horario de apertura pasará a ser de 18 a 20 horas, agás o 24, 25, 31 de decembro, e 1 de xaneiro.
A sala da exposición conta tamén cun "espazo de lectura" no que se pode acceder a unha selección de títulos pertencentes ao fondo editorial de KALANDRAKA, formada principalmente por adaptacións de contos tradicionais e obras clásicas da literatura infantil e xuvenil. Así, entre as primeiras, destacan "A casiña de chocolate", dos irmáns Grimm, con ilustracións de Pablo Auladell; "O pequeno coello branco", de Xosé allesteros e Óscar Villán; ou "A verdadeira historia de Carapuchiña", de ntonio Rodríguez Almodóvar e Marc Taeger. B A T Mvri
amén destacan as obras do pedagogo Gianni Rodari e a deseñadora Iela ari, ambos italianos, tituladas "Confundindo historias" e "Un globo ermello", respectivamente. Estes títulos forman parte do material de eferencia empregado nos obradoiros de escrita creativa que tamén se mparten ao longo da campaña.
‘CANTAR E CONTAR’ ENFILA ESTA PRÓXIMA SEMANA A SÚA RECTA FINAL
EN CARBALLO, CON CONTACONTOS PARA SEIS CENTROS ESCOLARES
O Pazo da Cultura acollerá o xoves día 18 a sesión de clausura, con contos e música para o público familiar

VISITA DOS NENOS DE EDUCACION INFANTIL A BIBLIOTECA MUNICIPAL


No dia de hoxe os nenos de 4º, 5º e 6º de Educación Infantil do colexio, acudiron a Biblioteca Infantil Municipal de Carballo, sita na rúa San Xoán Bautista o lado do Museo Comarcal.


Os nenos estiveron realizando diversasactividades sobre a promoción da lectura e na zona destinada a lectura da súa idade. Tamén esta saida sirve para que aqueles nenos que así o desexaron seus pais fagan o carnet da biblioteca municipal, para facer unha promoción da iniciación os mais cativos hacia os libros.

Unha xornada interesante onde os cativos os pasaron de libro.

9/12/08

NOVA DOTACION DE EQUIPACIONS DEPORTIVAS


A ANPA en colaboración ca tenda de deportes ZONASPORT de Carballo, chegou a un acordo para adquisición dos equipamentos deportivos.

A partir desta data xa sabedes que para encargar o chandal do colexio tedes que acudir a rúa da igrexa a Zonasport e mercalo.

Dentro do acordo o que chegamos, tamén se fará un desconto do 10% en todas aquelas compras que fagades tanto para os nenos como para vos (o desconto non é acumulable a outras promocións da tenda).
(Fai clik sobre as fotos para aumentálas).




















Os prezos son:
  • Chandal bordado será de 35 euros.
  • Pantalón solto 15 euros.
  • Sudadera bordada 21 euros.
  • Os arranxos de baixos de pantalóns no prazo de 48 horas polo prezo de 3 euros.
  • A recollida de calqueira das pezas sinaladas, poderá facerse en calqueira momento do ano. (recomendase no mes de setembro ou outubro de cada ano por cuestións de stock).

O chandal é da marca LUANVI e é de acetato.

CONCURSO CONTOS DE NADAL

Facer clik sobre a imaxe para ampliar

5/12/08

OS NENOS DO COLEXIO ASISTIRON AS DIFERENTES ACTIVIDADES DE "KALANDRAKA" PERO A MOSTRA SEGUE ABERTA

O Pazo da Cultura de Carballo acolle ata o día 8 de xaneiro a exposición das ilustracións dos contos que forman parte da campaña "Cantar e contar: ler na nosa lingua", que KALANDRAKA leva a cabo co apoio da Secretaría Xeral de Política Lingüística. Ademais das visitas que realizan os grupos de alumnos en horario escolar, a mostra de arte tamén está aberta ás visitas do público en xeral no horario de apertura do Pazo, de 10 a 14:00 horas e de 16:00 a 21:00 horas.
A primeira parte da exposición son as pezas cerámicas do ferrolterrán Francisco Pérez Porto para o libro-disco "Solaina", do que se toma a imaxe da campaña. Acompañan estas placas unha serie de instrumentos musicais e varios obxectos de valor antropolóxico recuperados da cultura tradicional galega.
Tamén se expoñen as ilustracións dos galegos Federico Fernández, Ana Míguez e Sofía F. Rodríguez. O primeiro é o autor da proposta plástica elaborada para a obra "Chibos chibóns", que se adaptou tamén á linguaxe de pictogramas para nenos con autismo e outras necesidades educativas especiais. Na mesma sala tamén se poden contemplar as figuras de plastilina que ilustran o conto "Os sete cabritos", do que KALANDRAKA leva publicados máis de 30.000 exemplares.
Facer clik sobre a imaxe para ampliala
Por outra banda, destaca a obra vangardista de Marc Taeger, un deseñador suizo afincado dende hai anos en Galicia. É o ilustrador do clásico "A verdadeira historia de Carapuchiña", traballo que en 2005 foi galardoado co Premio Daniel Gil de Deseño Editorial.
Xunto cos artistas galegos, a exposición conta coa obra doutros ilustradores convidados. Así, o valenciano Pablo Auladell ilustrou "A casiña de chocolate", un título que KALANDRAKA reeditou co gallo do décimo aniversario da editorial. Na exposición do Pazo da Cultura destaca unha reprodución -de gran formato e feita con cartón- da casa ilustrada por Auladell para este conto dos irmáns Grimm.
Do tamén levantino Pablo Mestre pódense admirar as fotografías coas que reinterpretou o clásico "A ratiña presumida", no que cada animal se representa con obxectos musicais como campaíñas, axóuxeres e chocas.
Ademais, figuran os orixinais de "Os tres osos", realizados polo extremeño Miguel Tanco cunha técnica mixta a base de acrílicos, collage e materiais textís. Por último, a exposición complétase coas ilustracións do catalán Josep Rodés para "Batalla de naipes", un libro que converte as cartas da baralla española en personaxes dun orixinal conto contra a guerra.


O PAZO DA CULTURA DE CARBALLO CONVÉRTESE NUN PEQUENO MUSEO PARA A CAMPAÑA "CANTAR E CONTAR" DE POLÍTICA LINGÜÍSTICA E KALANDRAKA .
A mostra de ilustracións permanecerá aberta ao público ata o 8 de xaneiro

REPARACION NO PATIO DE INFANTIL

Hoxe a brigada de obras do Concello de Carballo, procedeu a reparación das escaleiras exteriores do patio de infantil do colexio.
Por deterioro e rotura, había varias plaquetas que estaban rotas e soltas, o que podería ocasionar unha lesión o pisalas o nenos e adultos. por tal motivo procedeuse hoxe a súa reparación.
Dar as grazas o Concello pola premura en realizar esta reparación que aínda que fora de pouca obra, si era importante pola gravidade que podería ocasionar os rapaces.

4/12/08

INFORME DE SOCIOS DA ANPA

Aínda que é tempo de crisis, desde a ANPA queremos agradecer os pais a súa disposición para facerse socios da ANPA "A CASILLA".
Neste curso contamos con 223 alumnos no colexio, dos cales son socios 191, ou sexa que os pais ou titores de 32 nenos non se fixeron socios. aínda que a nosa pretensión e chegar o 100%, non temos que queixarnos pola magnifica contribución que fan as familias a hora de asociarse.


A continuación presentamos unha tabla por cursos e alumnos de pais asociados:
Está claro que temos que animar os pais que non se fixeron socios, pero sobre todos os dos máis peques, que o ser o primeiro ano no cole, seguro que andan algo despistados.

Desde a Xunta Directiva da ANPA a todos grazas polo voso apoio, a unión de todos fai que cada día intentemos facer do noso colexio, un centro de referencia no ensino público.









2/12/08

CONVOCATORIA DE REUNION DE CONSTITUCION DO NOVO CONSELLO ESCOLAR

Hoxe ás 17´10h. celebrouse a Constitución do novo consello escolar saido das pasadas eleccións das que vos viñemos informando puntualmente.
Entre os temas tratados, acordouse designar os representantes das diferentes Comisións, os representantes dos pais nas comisións serán:
  • COMISION ECONOMICA: Dona Monserrat Cambón. (A Comisión Economica e a encargada de xestionar e controlar os gastos e ingresos que se producen no colexio).

  • COMISION DE IGUALDADE: Dona Inés Vallebona. ( E unha comisión que está encargada de impulsar medidas educativas que fomenten a igualdade real e efectiva entre homes e mulleres, está recoolida na LOE).

  • OBSERVATORIO DA CONVIVENCIA ESCOLAR: Dona Begoña Pose. (máis informacion aquí)

Aparte da formación das comisión do no seno do Consello Escolar, informouse sobre os seguintes temas fora da orde do día.

  1. Instalación da rede WIfi (internet) no colexio, por mediación de "R", por parte da Consellería.

  2. Petición Concello obras de mellora das acometidas residuais do colexio.

  3. Vixiancia de limpeza nas zonas de especial impacto sanitario do colexio.

  4. Redacción dun Regulamento de Rexime interior do Consello Escolar.

  5. Petición local ANPA.

  6. Aprobación Instalación buzón suxerencias ANPA.

  7. Información remitida a ANPA de Galicia Bilingüe. (deste tema informate pinchando sobre este texto).

  8. E sobre todo a información transmitida pola Mestra e Secretaria, Cristina Alonso, sobre a concesión dun novo premio o noso colexio: PREMIO DE INNOVACION EDUCTIVA" o proxecto desenvolvido no pasado curso, de colocación dos debuxos dos nenos nos locais comerciais de Carballo. Salientar unha vez máis o profesorado por estas iniciativas que están a resaltar o traballo formativo e a imaxe do noso colexio. Desde a ANPA a nosa noraboa e felicitacións a todos os que colanborachedes nesta iniciativa.

COMUNICADO QUE NOS MANDA A DIRECCION DO CENTRO DE GALICIA BILINGÜE


Galicia Bilingüe solicita a gratuidade dos libros de texto en castelán.
Cincocentos proxenitores sumáronse o xoves á presentación de escrtitos de Galicia Bilingúe para demandar o dereito a usar os libros en castelán e a utilizalo oralemnete e por excrito no aula.
Galicia Bilingüe solicitou formalmente hoxe á Consellería de Educación que inclúa os libros de texto en castelán no programa de gratuidade desenvolvido por esa Administración.
A pesar do recoñecemento expreso por parte da Inspección Educativa e da Delegación da Coruña do dereito a usar os libros en castelán e a utilizalo oralmente e por excrito no aula como lingua de estudo a dous escolares de Pontedeume, posicionamento que derivou da presentación dun escrito elaborado por Galicia Bilingüe, en realidade en toda Galicia séguese obrigando aos alumnos a usar case exclusivamente o galego nas aulas.
Por iso, a asociación contraria á imposición lingüística que promove o Goberno de Emilio Pérez Touriño dirixiuse hoxe á Consellería para que emita un pronunciamiento público que deixe clara a existencia do referido dereito e que ademais admita que os escolares que opten por esta lingua teñan tamén acceso ao referido programa de gratuidade, restrinxido ata agora aos libros en galego para as materias impartidas nese idioma.
Paralalemente a esta petición, 500 proxenitores da área da Coruña sumáronse hoxe aos ao redor de dous mil que xa o pasado 21 de outubro presentaron os escritos elaborados por Galicia Bilingüe nas oficinas da Inspección Educativa de cinco cidades galegas para que se permita aos seus fillos elixir o idioma, tanto para o material didáctico como para o seu uso oral en clase ou a realización de probas e exames. Esta alegación dos pais, que xa dera os seus froitos nos casos citados de Pontedeume, derívase do feito de que na práctica totalidade dos colexios obrígase continuamente aos alumnos a usar o galego existindo centros nos que se baixan as cualificacións a quen usa o español. No escrito reivindicativo entregado ante a Inspección apélase ao Estatuto de Autonomía, ao propio Decreto que regula o uso do galego no ensino, a un ditame do Consello Consultivo de Galicia ou a doutrina fixada polo Tribunal Constitucional respecto diso para defender o dereito de elección do idioma de estudo por parte dos alumnos, excepto para as clases e actividades relacionadas cunha determinada lingua, como as materias de Inglés, Lingua Galega ou Lingua Castelá.
Galicia Bilingüe está remitindo ás APA unha carta para informar aos pais deste dereito e do escrito remitido a Educación demandando a gratuidade dos libros de texto en español. Galicia Bilingüe ofrece asesoramento gratiuto aos pais que o necesiten a través da súa páxina web.


OS NENOS DE 4 E 5 ANOS VAN O CONTACONTOS


Hoxe pola mañán, os nenos de 4 e 5 anos do noso colexio " A Cristina", acudiran o Pazo da cultura de Carballo, a unha sesión de contacontos "Cantar e contar: ler na nosa lin gua", por KALANDRACA.
La campaña 'Cantar e contar: ler na nosa lingua' da editorial Kalandraka levase a cabo este martes en carballo a campaña Cantar e contar: na nosa lingua, realizada en colaboración coa Secretaría Xeral de Política Lingüística para animar aos máis pequenos a ler e empregar o galego.

Ata final de ano, as actividades chegarán a Ferrol, Vilagarcía e Carballo, e estiman unha participación de preto de 5.000 escolares. Así ata o 16 de outubro, os rapaces poderán asistir a sesións de contacontos e música para grupos de escolares de 4 a 8 anos, e de talleres de escritura creativa para alumnos de 9 a 11 anos. Tamén disporán dun espazo de lectura a modo de pequena biblioteca en galego e dunha exposición de ilustracións e elementos orixinais da cultura popular.
A campaña, que se centra nos conceptos de tradición e oralidad, transcorrerá durante 13 xornadas lectivas en cada localidade. Programa de apertura A Granxa de Briz, en Marín, acollerá a inauguración, cunha charla para profesores, mestres, bibliotecarios e educadores dos colexios participantes, que asistirán a unha visita guiada durante a cal van recibir propostas educativas que poderán levar á práctica nas aulas para que os contidos e obxectivos das actividades trascendan o ámbito da campaña e prolónguense durante todo o curso escolar. En Carballo no Pazo de Cultura durante todo o mes de decembro. Ademais, as exposicións estarán abertas ao público en xeral á marxe do horario escolar e cada campaña concluirá cunha festa especial de contos e música dirixida ás familias. A exposición consta das ilustracións orixinais dos contos populares publicados por Kalandraka ao longo dos seus dez anos de traxectoria editorial, como A verdadeira historia de Carapuchiña, Vos tres osos, A ratiña presumida ou Ou coelliño branco. Entre eles destacan as pezas cerámicas do artesán galego Francisco Pérez Porto realizadas para o libro-disco Solaina, que ilustra a imaxe da campaña.