16/6/09

PROGRAMA CONCILIA





PROGRAMA CONCILIA CURSO 2009-2010


O Programa Concilia é unha medida promovida desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral

En que consiste:
O Programa desenvolvese durante o período escolar, e consiste en recoller ás nenas e aos nenos, á primeira hora da mañá no seu centro escolar. O obxectivo é responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, cubrindo a necesidade de atención antes do inicio das clases pola mañá con persoas debídamente cualificadas, así como ofrecer o servizo dun almorzó equilibrado.

Servizos que comprende:
Servizo de gardaría . As monitoras atenden ao alumnado, garantindo hábitos de higiene, e ademais realizando actividades de ocio e tempo libre.
Servizo de almorzó: é un sevizo opcional para aqueles nenos/as que o soliciten

Horarios do servizo:
O servizo préstase de luns a venres os días lectivos de 7:30 ata a hora de incorporación as clases en cada centro.
Tamén se ofrece servizo nos periodos vacacionais de Nadal, Antroido, e Semana Santa, e nas pontes. Só terán dereito a estes sevizos os/as usuarios fixos do programa, non os ocasionais. Nestas datas o sevizo ofrecese nos locais da empresa que ten a concesión.

Prezos
Usuarios fixos.-
a) Con utilización do servizo todos os días: pagarán unha cota mensual de 30€ para o servizo de gardería e de 40€ no caso de gardería e almorzo
b) Con utilización do servicio por días soltos:
1 día á semana:
Servicio de gardería:8 €/mes.
Servicio de gardería e almorzo:10 €/mes
2 días á semana:
Servicio de gardería:16 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 20 €/mes
3 días á semana:
Servicio de gardería: 24 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 30 €/mes
4 días á semana:
Servicio de gardería:27 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 37 € /mes
5 días á semana:
Servicio de gardería: 30 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 40 €/mes
Os usuarios ocasionais pagarán 2,5€/ día polo custo do servizo de gardaría e almorzo e de 2€/ día polo servizo de gardaría.
Nos periodos vacacionais o prezo do servizo será de 3€ día



REDUCIÓN NAS COTAS.BAREMO
A-Situación sociofamiliar:
Familia monoparental. 6 ptos
Familia numerosa: 4 ptos
Dous/dúas ou máis usuarios/as do mesmo núcleo familiar: 3ptos
Calquera outra situación susceptible de baremación: 2 ptos

B-Situación laboral familiar.
F. monoparental en desemprego: 6 ptos
F. monoparental con emprego: 5ptos
Nai e pai en situación de desemprego: (baremo por membro da unidade)
Sen prestación económica: 3 ptos
Con prestación económica: 2 ptos

C-Situación económica:

Por renda per cápita mensual menor ou igual á pensión non contributiva: 7 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 75% do IPREM: 6 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 125% do IPREM: 5 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 175% do IPREM: 4 ptos
Por renda per cápita maior ao 175% do IPREM: 3 ptos

D-Permanencia no programa:Por permanencia do alumno/a no programa o curso anterior
( todos os meses e días de duración do programa): 2ptos

REDUCCIÓN APLICABLE:
De 18 puntos en diante: Reducción do 50% das cotas
De 15 a 18 ptos: Reducción do 30% das cotas
De 10 a 15 ptos: Reducción do 15% das cotas
Menos de 10 ptos: Sen dereito a reducción


DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGARÁ COA SOLICITUDE:
o fotocopia de resgardo de matrícula escolar
o fotocopia do libro de familia
o fotocopia do DNI do/a solicitante
o fotocopia da tarxeta sanitaria da alumna/o
o certificado de empadroamento colectivo

DOCUMENTACIÓN EN CASO DE SOLICITUDE DE REDUCIÓN DE COTAS
o título de familia numerosa (de ser o caso)
o informe médico (de ser o caso)
o sentencia de separación, divorcio ou xustificante de viuvez(de ser o caso)
o certificado de base impoñibles de todos/as os/as compoñentes da unidade familiar
o xustificante de percepción de prestacións do INEM (de ser o caso)


O número mínimo de participantes en cada centro será de 10 segundo se recolle na Ordenanza reguladora da prestación do servizo “Concilia”.

O prazo de matrícula será do 3 ao 28 de agosto de 2009.

PROGRAMA CONCILIA CURSO 2009-2010


O Programa Concilia é unha medida promovida desde a Concellería de Igualdade e Benestar do Concello de Carballo para facilitar a conciliación da vida familiar e laboral

En que consiste:
O Programa desenvolvese durante o período escolar, e consiste en recoller ás nenas e aos nenos, á primeira hora da mañá no seu centro escolar. O obxectivo é responder ás necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os horarios escolares e laborais, cubrindo a necesidade de atención antes do inicio das clases pola mañá con persoas debídamente cualificadas, así como ofrecer o servizo dun almorzó equilibrado.

Servizos que comprende:
Servizo de gardaría . As monitoras atenden ao alumnado, garantindo hábitos de higiene, e ademais realizando actividades de ocio e tempo libre.
Servizo de almorzó: é un sevizo opcional para aqueles nenos/as que o soliciten

Horarios do servizo:
O servizo préstase de luns a venres os días lectivos de 7:30 ata a hora de incorporación as clases en cada centro.
Tamén se ofrece servizo nos periodos vacacionais de Nadal, Antroido, e Semana Santa, e nas pontes. Só terán dereito a estes sevizos os/as usuarios fixos do programa, non os ocasionais. Nestas datas o sevizo ofrecese nos locais da empresa que ten a concesión.

Prezos
Usuarios fixos.-
a) Con utilización do servizo todos os días: pagarán unha cota mensual de 30€ para o servizo de gardería e de 40€ no caso de gardería e almorzo
b) Con utilización do servicio por días soltos:
1 día á semana:
Servicio de gardería:8 €/mes.
Servicio de gardería e almorzo:10 €/mes
2 días á semana:
Servicio de gardería:16 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 20 €/mes
3 días á semana:
Servicio de gardería: 24 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 30 €/mes
4 días á semana:
Servicio de gardería:27 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 37 € /mes
5 días á semana:
Servicio de gardería: 30 €/mes
Servicio de gardería e almorzo: 40 €/mes
Os usuarios ocasionais pagarán 2,5€/ día polo custo do servizo de gardaría e almorzo e de 2€/ día polo servizo de gardaría.
Nos periodos vacacionais o prezo do servizo será de 3€ día



REDUCIÓN NAS COTAS.BAREMO
A-Situación sociofamiliar:
Familia monoparental. 6 ptos
Familia numerosa: 4 ptos
Dous/dúas ou máis usuarios/as do mesmo núcleo familiar: 3ptos
Calquera outra situación susceptible de baremación: 2 ptos

B-Situación laboral familiar.
F. monoparental en desemprego: 6 ptos
F. monoparental con emprego: 5ptos
Nai e pai en situación de desemprego: (baremo por membro da unidade)
Sen prestación económica: 3 ptos
Con prestación económica: 2 ptos

C-Situación económica:

Por renda per cápita mensual menor ou igual á pensión non contributiva: 7 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 75% do IPREM: 6 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 125% do IPREM: 5 ptos
Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 175% do IPREM: 4 ptos
Por renda per cápita maior ao 175% do IPREM: 3 ptos

D-Permanencia no programa:Por permanencia do alumno/a no programa o curso anterior
( todos os meses e días de duración do programa): 2ptos

REDUCCIÓN APLICABLE:
De 18 puntos en diante: Reducción do 50% das cotas
De 15 a 18 ptos: Reducción do 30% das cotas
De 10 a 15 ptos: Reducción do 15% das cotas
Menos de 10 ptos: Sen dereito a reducción


DOCUMENTACIÓN QUE SE ACHEGARÁ COA SOLICITUDE:
o fotocopia de resgardo de matrícula escolar
o fotocopia do libro de familia
o fotocopia do DNI do/a solicitante
o fotocopia da tarxeta sanitaria da alumna/o
o certificado de empadroamento colectivo

DOCUMENTACIÓN EN CASO DE SOLICITUDE DE REDUCIÓN DE COTAS
o título de familia numerosa (de ser o caso)
o informe médico (de ser o caso)
o sentencia de separación, divorcio ou xustificante de viuvez(de ser o caso)
o certificado de base impoñibles de todos/as os/as compoñentes da unidade familiar
o xustificante de percepción de prestacións do INEM (de ser o caso)


O número mínimo de participantes en cada centro será de 10 segundo se recolle na Ordenanza reguladora da prestación do servizo “Concilia”.

O prazo de matrícula será do 3 ao 28 de agosto de 2009.




“ORDENANZA REGULADORA DA PRESTACIÓN DOS SERVIZOS CONTIDOS NO «PROGRAMA CONCILIA» E DOS SEUS PREZOS PÚBLICOS. CONCELLO DE CARBALLO.

Exposición de motivos.
A Área de Muller do Concello de Carballo ten como un dos seus
obxectivos a creación de proxectos e programas que concilien a vida
laboral e familiar dos veciños e das veciñas deste municipio, que nos
últimos anos experimentou un gran crecemento, principalmente de
parellas novas con fillos e fillas en idade escolar. Tal e como está
formulada a vida hoxe en día, os dous membros da parella teñen que
traballar, polo que existen grandes dificultades á hora de
compatibilizar o horario laboral co do ritmo habitual da súa familia.
Esta é a razón principal pola que se decidiu crear o «Programa
Concilia» nos centros de educación infantil e primaria de Carballo.
Este programa consiste en recoller ás nenas e aos nenos, cando así o
soliciten os seus pais ou nais, á primeira hora da mañá no seu centro
escolar. Haberá un monitor ou monitora que as/os atenderá e realizará
con elas e eles actividades de lecer e tempo libre relacionadas cos
hábitos saudables e a alimentación. Tamén haberá un camareiro ou
camareira que lles servirá o almorzo a aqueles nenos e nenas que o
demanden, posto que é voluntario.

En virtude do exposto, e de conformidade coas competencias que en
materia de prestación de servizos sociais, por virtude do disposto no
art. 25.2.k) da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local,
teñen atribuídas as corporacións locais, procédese a regular os
servizos incluídos no denominado «Programa Concilia».

Art. 1. Obxecto
O «Programa Concilia» ten como obxectivo principal responder ás
necesidades familiares derivadas do desfase existente entre os
horarios escolares e laborais, garantindo a atención das nenas e dos
nenos por persoas debidamente cualificadas que lles ofrezan
actividades encamiñadas a fomentar a súa creatividade, autonomía e
interese por coñecer e gozar da súa contorna, cubrindo a necesidade de
atención a nenos e nenas antes do inicio das clases pola mañá, así
como ofrecer o servizo dun almorzo equilibrado que os pais, nais ou
familiares, en moitos casos como consecuencia das súas actividades
profesionais e de traballo, vense imposibilitados de prestar
axeitadamente, máxime se se ten en conta a importancia que ten o
almorzo para o rendemento do neno ou nena durante a xornada escolar.
Os obxectivos específicos son:
a) Aproveitar o tempo para facer actividades lúdicas e recreativas.
b) Colaborar coas familias e co profesorado na adquisición, por
parte dos/as escolares, de hábitos saudables de vida, consumo,
alimentación e utilización do tempo libre.
c) Brindar unha metodoloxía de traballo que contribúa ao
desenvolvemento global dos nenos e das nenas, fomentando a súa
creatividade, autonomía, comunicación e socialización.
d) Facilitar o apoio técnico necesario para a posta en marcha, nos
centros que o soliciten.
e) Garantir a atención dos/as escolares por persoal debidamente
cualificado durante o tempo previo á xornada lectiva.
f) Controlar a calidade e coherencia do servizo prestado a través
do seguimento continuado por parte do equipo supervisor do
programa.

Art. 2. Prestación dos servizos
1. Os servizos que comprende o «Programa Concilia» prestaranse, de
luns a venres, en días lectivos, nos centros educativos de Carballo,
nos que se alcance un número mínimo de participantes.
2. Comezará a partir das 7.30 horas da mañá, coa apertura do centro
educativo, e finalizará co comezo do horario escolar establecido en
cada centro.

Art. 3. Servizos que comprende o «Programa Concilia»
O programa incluirá, polo menos, os seguintes servizos:
a) Servizo de gardaría.
b) Servizo de almorzo: consistente na elaboración, polos/as
monitores/as, do almorzo nas instalacións do centro educativo.
c) Servizo de monitorado: as/os monitoras/es atenderán ao alumnado.
Deberán garantir os hábitos de hixiene e facerlles un seguimento
especial ás nenas e aos nenos de menor idade ou con
dificultades. Á parte disto, realizarán actividades de ocio cos
nenos e coas nenas, durante o tempo de duración do servizo.
d) As monitoras e os monitores deixarán limpo o local destinado ao
servizo, así como os espazos que ceda o centro para a
realización de actividades complementarias.
e) As monitoras e os monitores serán o vínculo entre os/as nenos/as
e os pais e as nais. Informarán aos pais e ás nais e aos titores
e titoras e/ou ao concello das incidencias que se produzan.

Art. 4. Beneficiarios do “Programa Concilia”
O «Programa Concilia» está dirixido a todos os alumnos e a todas as
alumnas dos centros públicos de educación infantil e primaria do
municipio de Carballo nos que se poña en funcionamento o servizo, para
o que é requisito esencial estar matriculados/as nun centro escolar de
educación infantil e primaria do termo municipal de Carballo. Para
iso, deberá acompañarse xunto coa solicitude o certificado de
matrícula no centro.
A integración de nenos e de nenas con discapacidade estará supeditada
para cada curso escolar á existencia de persoal cualificado e en
número suficiente. En todo caso, solicitarase informe médico que
acredite o nivel de autonomía para así poder valorar a posibilidade de
integrar ao alumno no programa.

Art. 5. Clases de usuarios/as
a) Usuario/a fixo: é aquel alumnado que se matricule no servizo desde
setembro a xuño, independentemente de que o utilice todos os días ou
días concretos. Pódese dar de alta no momento da matrícula ou, de
haber prazas vacantes, con posterioridade. Pode cursarse a baixa no
momento que considere oportuno. Para isto, terá que comunicarllo ao
coordinador ou á coordinadora do comedor nos últimos dez días do mes
anterior a causar a baixa e solicitar por escrito a baixa nas oficinas
municipais.
Se o usuario ou usuaria non vai utilizar algún día o servizo deberá
comunicarllo ao coordinador ou coordinadora de monitores/as
presencialmente ou por teléfono antes das 8.30 h do día que non
utilice o servizo.
De non facelo, terá que pagar o custo da comida dese día coma se fose
un usuario ou usuaria ocasional.
b) Usuario/a ocasional: aquel alumnado que, habendo praza, desexe
utilizar o servizo en días soltos. Debe solicitarllo ao coordinador ou
coordinadora, presencialmente ou por teléfono, antes das 20.00 h do
día anterior á utilización do servizo.

Art. 6. Tramitación de acceso aos servizos
A petición de admisión realizarase cubrindo o impreso que se lle
facilitará na escola ou nas oficinas municipais no período de
inscrición. Este período comprenderá desde o inicio do período de
inscrición do curso escolar até o inicio do curso escolar. Durante o
curso escolar poderanse recoller inscricións en calquera momento,
sempre que haxa prazas dispoñibles.
O número máximo de prazas dispoñibles farase público no momento de
apertura do prazo de inscrición.
As solicitudes presentaranse no Rexistro Xeral do Concello, achegando
xunto con elas fotocopia da seguinte documentación, debidamente
compulsada:
a) Resgardo de matrícula escolar.
b) Libro de Familia.
c) Título de familia numerosa, de ser o caso.
d) Aqueles/as participantes que teñan problemas alimentarios
(celíacos, diabéticos…) achegarán informe médico onde se
recollan.
e) Sentenza de separación, divorcio ou xustificante de viuvez.
f) Xustificación de ingresos económicos:
- Se tivo que efectuar declaración de IRPF, copia de cada
membro da unidade familiar computable, para os efectos
económicos (do ano anterior).
- Se non estivo obrigado/a a presentar declaración:
certificado da Axencia Tributaria, do ano anterior;
certificado de bases impoñibles; certificación expedida
polo organismo competente (INEM, XUNTA, Seguridade
Social), se percibiu algunha prestación ou pensión.
g) Cantos outros documentos, nos que consten incidencias
familiares, económicas e sociais puntuables segundo o baremo que
consta no art. 11.

Art. 7. Dereito de admisión
O Concello e o centro reservan para si o dereito de admisión e de
exclusión temporal ou definitiva dos alumnos e das alumnas que se
comporten de forma incorrecta. Antes de tomar unha decisión desta
índole, darase sempre audiencia aos pais e nais ou a quen teña a
patria potestade dos/as menores.
As nenas e os nenos que acudan ao servizo deberán ter adquiridos os
hábitos de educación e coñecemento adecuados á súa idade.
Os nenos e as nenas deberán levar un neceser con utensilios de hixiene
e limpeza bucal. Os nenos e as nenas de educación infantil, e
aqueles/as que se considere oportuno, levarán tamén toalla e mandilón.

Art. 8. Casos especiais
Os usuarios e as usuarias do servizo deberán notificar calquera
problema de saúde (alerxias e intolerancias a calquera tipo de
alimento) que repercutan na elaboración do almorzo e que serán
atendidas especificamente.
En caso dun problema vírico ocasional, no que a usuaria ou o usuario
precise dunha dieta adstrinxente, terán que comunicarllo á
coordinadora ou coordinador de monitoras/es antes do día para o que se
requira a dieta.
Se a alumna ou o alumno ten que medicarse á hora do almorzo, deberá
achegar unha certificación médica na que se especifique a cantidade e
o medicamento, así como unha autorización dos pais, nais ou
titores/as. Non se lles administrarán medicamentos sen o cumprimento
destes requisitos.
Non poderán asistir as usuarias e os usuarios con febre ou
enfermidades contaxiosas.

Art. 9. Persoal
O persoal encargado do servizo (monitorado) deberá pasar un exame
médico previo á incorporación, posuír o carné de manipulador/a de
alimentos e acreditar formación como monitor/a de tempo libre ou no
ámbito da educación.

Art. 10. Xestión do tempo libre
As actividades que desenvolverán as/os monitoras/es no tempo libre son
as seguintes:
a. Actividade de videoteca biblioteca.
b. Xogos cooperativos.
c. Xogos de mesa.
d. Actividades deportivas e de lecer.

Art. 11. Prezos públicos pola utilización do servizo
1. As cotas, para cuxa revisión e modificación se delega a competencia
na Xunta de Goberno Local do Concello de Carballo, teñen a natureza de
prezos públicos, e son as seguintes:
11.1. Usuarios/as fixos/as
11.1.a). Con utilización do servizo todos os días:
· Servizo de gardaría: 30 €/mes
· Servizo de gardaría e almorzo: 40 €/mes
11.1.b) Con utilización do servizo por días soltos:
11.1.b).1). 1 día á semana:
· Servizo de gardaría: 8 €/mes.
· Servizo de gardaría e almorzo: 10 €/mes
11.1.b.2). 2 días á semana:
· Servizo de gardaría: 16 €/mes
· Servizo de gardaría e almorzo: 20 €/mes
11.1.b.3). 3 días á semana:
· Servizo de gardaría: 24 €/mes
· Servizo de gardaría e almorzo: 30 €/mes
11.1.b.4). 4 días á semana:
· Servizo de gardaría: 27 €/mes
· Servizo de gardaría e almorzo: 37 €/mes
11.2. Usuarios/as ocasionais
· Servizo de gardaría: 2 €/día
· Servizo de gardaría e almorzo: 2,50 €/día.

Art. 12. Redución nas cotas. Baremo
1. Os usuarios e usuarias poderán acollerse á redución de prezos
segundo o seguinte baremo:
A. Situación sociofamiliar:
- Familia monoparental: 6 ptos
- Familia numerosa: 4 ptos
- Dous/dúas ou máis usuarios/as do mesmo núcleo familiar: 3
ptos
- Calquera outra situación familiar susceptible de valoración:
2 ptos
B. Situación laboral-familiar:
- Familia monoparental en situación de desemprego: 6 ptos
- Familia monoparental en situación de emprego: 5 ptos
- Nai e pai en situación de desemprego (baremo por membro da
unidade):
a) Sen prestación económica: 3 ptos
b) Con prestación económica: 2 ptos
C. Situación económica:
- Por renda per cápita mensual menor ou igual á pensión non
contributiva: 7 ptos
- Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 75% do salario
mínimo interprofesional:
6 ptos
- Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 125% do SMI:
5 ptos
- Por renda per cápita mensual inferior ou igual ao 175% do SMI:
4 ptos
- Por renda per cápita maior ao 175% do SMI:
3 ptos
D. Permanencia no programa:
- Por permanencia da alumna ou alumno no programa o curso anterior
(todos os meses e días de duración do Programa):
2 ptos
2. Segundo as circunstancias da unidade familiar anteriormente
enumeradas, a suma dos seus puntos determinará a redución aplicable,
segundo a táboa seguinte:
De 18 puntos en diante: Redución do 50% das cotas.
De 15 a 18 ptos: Redución do 30% das cotas.
De 10 a 15 ptos: Redución do 15% das cotas.
Menos de 10 puntos: Sen dereito a redución.

Art. 13. Valoración do baremo
A valoración da documentación presentada para os efectos das reducións
establecidas no art. 11 realizarase na Comisión de Baremación, que
estará integrada por:
a) Presidente/a: o alcalde ou concelleiro/a en quen delegue.
b) Vogais: un/unha representante de cada grupo político con
representación municipal; un/unha representante dos Servizos
Sociais do Concello de Carballo; a persoa responsable da empresa
concesionaria do servizo ou do servizo municipal que o xestione.
c) Secretario/a: o da Corporación ou un /unha funcionario/a en quen
delegue, con voz e sen voto.

Art. 14. Normas de xestión e ingreso
14.1. Asistencias continuadas
As usuarias ou usuarios fixas/os deberán proceder a ingresar, dentro
dos dez días seguintes á notificación da admisión ao programa, a
cantidade mensual correspondente en concepto de cota do mes corrente,
de acordo coas contías previstas no apartado anterior. O lugar e o
medio de realización do ingreso seralles comunicado xunto coa
resolución da admisión ao programa.
As cotas mensuais posteriores deberán ser ingresadas dentro dos dez
primeiros días naturais de cada mes, no mesmo lugar e polo mesmo medio
que se sinale na resolución de admisión ao programa.
No caso de que a solicitude de alta tivese lugar máis aló do día
quince de cada mes, a primeira cota mensual a aboar verase reducida
nun 50%.
14.2. Asistencias ocasionais
Os usuarios e usuarias ocasionais do servizo deberán adquirir nos
lugares sinalados polo Concello o número de bonos individuais
correspondentes.
Os usuarios e usuarias ocasionais están obrigados/as a entregarlle á
persoa responsable designada para tal efecto polo Concello en cada
comedor un bono por cada día que fagan uso do servizo.
14.3. Conforme co previsto no artigo 44.2 do Real decreto lexislativo
2/2004, de 5 de marzo, Texto refundido da Lei reguladora das facendas
locais, os presentes prezos sitúanse por baixo do custo do servizo,
con fundamento en motivos de manifesto interese público por razóns de
índole social, por tratarse, como se indica na exposición de motivos
desta norma, dunha medida de fomento da conciliación da vida laboral e
familiar dos cidadáns.
14.4. Están obrigados/as ao pagamento os pais, nais ou titores/as dos
beneficiarios e das beneficiarias do servizo, por tratarse de menores
de idade.

Art. 15. Lugar de realización das actividades
As actividades desenvolveranse nos espazos cedidos polo centro
educativo e aprobados polo seu Consello Escolar, previa petición do
Concello.

Art. 16. Extinción dos servizos
1. Serán causas de baixa nos servizos:
a) O incumprimento dos requisitos establecidos.
b) A solicitude dos pais, nais ou representantes legais.
c) A falta de pagamento da cota establecida.
d) A comprobación da falsidade nos documentos ou datos achegados,
con independencia das infraccións administrativas e/ou penais
que a devandita conduta constitúa.
e) A falta de asistencia continuada durante un mes sen causa
xustificada.
2. Igualmente será causa de baixa dos/as participantes no servizo,
cursada de oficio pola Administración, aquel suposto en que non se
manteña o número mínimo de escolares por centro, nese caso deixarase
de prestar o servizo no devandito centro. Neste suposto, non caberá,
en ningún caso, a reclamación de responsabilidade patrimonial a esta
Administración, ao non tratarse dun servizo municipal de prestación
obrigatoria segundo a Lei 7/1985.

DISPOSICIÓN TRANSITORIA ÚNICA
Para os efectos do previsto no artigo 6 da presente Ordenanza, e tan
só durante o ano 2006, primeiro exercicio de vixencia, a petición de
alta no servizo poderá cursarse até despois da finalización do prazo
de inscrición no curso escolar, ou unha vez iniciado o curso.
Para estes únicos efectos, o prazo máximo de presentación de
solicitudes será determinado por resolución da Alcaldía, por
delegación do Pleno da Corporación.

DISPOSICIÓNS FINAIS.

PRIMEIRA
Esta Ordenanza, que consta de dezaséis artigos, unha disposición
transitoria e tres disposicións finais, entrará en vigor tras a súa
aprobación definitiva, unha vez publicada integramente no Boletín
Oficial da Provincia e transcorrido o prazo a que se refire o art.
65.2 da Lei 7/1985, de 2 de abril, de bases do réxime local.

SEGUNDA
Cada centro escolar deberá ter aprobado no seu Consello Escolar a
autorización para a posta en funcionamento deste servizo.

TERCEIRA
A Alcaldía poderá ditar cantas ordes e instrucións resulten necesarias
para a adecuada aplicación, interpretación e desenvolvemento desta
Ordenanza, dando inmediata conta á Xunta de Goberno Local e ao Pleno
da Corporación”.

DILIXENCIA
A presente Ordenanza foi aprobada inicialmente na sesión ordinaria do 31 de xullo de 2006. O
anuncio de aprobación inicial foi publicado no Boletín Oficial da Provincia nº 181, do 8 de
agosto de 2006 . Exposta ao público polo prazo de 30 días, e fixado anuncio no Taboleiro de
edictos do Concello, sen que se presentaran alegacións á mesma, foi publicada, co anuncio de
aprobación definitiva e o texto íntegro da mesma, no B.O.P. nº 224, do 28 de setembro de 2006,
polo que a súa entrada en vigor se produce o día 29 de setembro de 2006

No hay comentarios: