23/6/09

OS PROFESORES DE EDUCACION INFANTIL USARAN A LINGUA MATERNA NO ALUMNADO



Os profesores de Educación Infantil usarán a lingua materna predominante no alumnado.
Así o recolle o decreto da Consellería de Educación publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia.

Os profesores de educación infantil usarán no aula «a lingua materna predominante entre o alumnado», segundo recolle o decreto da Consellería de Educación publicado hoxe no Diario Oficial de Galicia (DOG).

No entanto, esta normativa sinala que os profesores terán en conta a lingua da contorna e coidarán que o alumnado adquira, de forma oral e escrita, «os coñecementos da outra lingua oficial de Galicia».
A Administración garantirá as prazas necesarias no segundo ciclo da educación infantil, de 3 a 6 anos, e procurará que exista unha oferta suficiente para os alumnos de 0 a 3 anos.

Así mesmo, o currículo de Educación Infantil sinala como prioritario o «principio de diversidade do alumnado» e permitirá aos pais manifestar, ao principio de cada curso escolar, «a súa vontade de que os seus fillos reciban ou non ensinos de relixión».
O decreto establece como obxectivos da Educación Infantil o desenvolvemento afectivo, os hábitos corporais, as manifestacións de comunicación e linguaxe, as pautas elementais de convivencia e relación social, así como o descubrimento das características físicas e sociais do medio.

No hay comentarios: