18/11/09

REUNION CONSELLO ESCOLAR

Hoxe reuniuse o Consello Escolar do Colexio ca seguinte orde do día:

Aprobación, se procede, da petición de instalacións para as actividades extraescolares organizadas pola ANPA.

Aprobación, se procede, das actividades extraescolares organizadas pola Agrupación deportiva "A Cristina".

Aprobación, se procede, doutras actividades complementarias.

Tódolos puntos foron aprobados por unanimidade dos asistentes.
No referente as actividades da ANPA, comunicar que unha vez aprobada o uso das instalacións, na semana que ben darán comenzo as actividades deportivas martes e xoves e seguidamente os talleres para 1º e 2º de primaria.

De estos temas daremos información nas notas informativas que se lle entregaran os nenos.


.

O DIA 17 CELEBROUSE UNHA REUNION CA XEFA TERRITORIAL DE EDUCACION DA CORUÑA POLO PROFESOR/RA DE PT

Onte celebrouse na Delegación Provincial de A Coruña da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia unha reunión ca Xefa Territorial da Consellería de Educación na Coruña, María Teresa Villaverde. A esta reunión asistiu por parte da ANPA, Xosé María Arán, tamén asistiron o Director do colexio, a orientadora e unha nai dun neno afectado.
A Xefa Territorial escoitou os argumentos de tódolos asistentes a reunión e convocou unha nova reunión na que se terá analizado tódolos pormenores do caso.
Como lineas xerais manifestou que a Profesora de PT do colexio tíñase que dedicar en exclusiva os nenos diagnosticados con probleáticas especificas a tratar por este profesional e outros casos con problemáticas de orde menor terán que ser atentidos polos tutores e profesores.
Por tal motivo manifestou que estudiará os horarios do profesorado para poder evaluar a disposición de estos, para que se realicen os apoios necesarios o alumnado que así o precise.
Tamén manifestounos que o colexio tiña un profesor a maiores do catálogo, neste caso manifestou o Director que era el e está en comisión de servicios, que aínda que ten praza asignada noutro colexio, o concursar a Dirección e serlle aprobada, era o docente que estaba a maiores.
Por parte do representante da ANPA, manifestouselle a Xefa territorial que os informes realizados pola Dirección, a Orientadora e o Inspector de Primaria, coincidían en evaluar a necesidade de un PT a maiores, por tal motivo a postura dos pais está clara na demanda a maiores de outro PT. Tamén lle manifestou que entendían un dereito o de ter este profesional, xa que non só benificiaría os nenos con problemáticas, senon os nenos que estan nos cursos donde están estos nenos. Tamén se lle manifestou que si as conclusións son de necesidade dun novo PT. a ANPA tomará as medidas que considere oportunas si non se cumpre co envio do novo profesional.
A Xefa Territorial entendía perfectamente a postura da ANPA, e manifestou que os pais tiñan que estar mellor informados pola dirección do colexio sobre as atribucións que ten o especialista de PT e en que casos se require. Tamén nanifestou que unha vez estudiada a documentación e os horarios do profesorado do colexio, reuniríase de novo con nós, o director, a orientadora e o inspector de primaria para tomar unha solución definitiva.
Por outro lado a ANPA segue mantendo os contactos cos repersentantes políticos locais para que esta petición chegue a bo porto.

Manifestar que Xosé Mª Arán manifestou que esperaba fora aprobada a petición, pero tamén matizou que todo está tamén na disposición dos horarios dos profesores do colexio para facer apoio e sobre todo si os casos diagnosticados na actualidade son suficientes para unha única PT ou ten que ser apoiada por outra. Esto dependerá das posturas e posicionamentos que manteñan: Director, Orientadora e Inspector, según os informes de estos a postura da ANPA, será a de demandar ou non o PT, xa que o que se busca é que esteán os profesionais necesariós para atender os nenos, da mesma forma que esixirá que a atención do PT se adique en exclusiva os casos diagnosticados.

.

15/11/09

A ANPA QUERE REMATAR ESTE ANO O PROXECTO INTEGRAL DE SEGURIDADE DE TRAFICO E INFRAESTRUCTURAS NO ENTORNO DO COLEXIO

Unha ds preocupacións da actual ANPA, desde que se fixo carga da súa dirección, foi a seguridade dos nenos e peóns o acceder o colexio, unha das medidas que puxo en marcha foi o proxecto integral de seguridade viaria nas rúas do entorno do colexio da cristina.
Nunha primeira actuación en coordinación co Concello pediuse a seguridade dos accesos o colexio por rúas como a luis calvo e castelao, sobre todo cas obras existentes e a falta de vallas de seguridade dos edificios en construcción e os solares sen cierres, así como o pintado de pasos de peóns que non se tiñán en algunhas rúas do entorno do colexio, así como tirar parte do muro frontal do colexio para alinealo cas edificacións da rúa castelao e facer máis ampla a acera.

Tamén resaltar a construcción de aceras o largo do colexio e iluminación na rúa camilo xosé cela, así como poñer de dirección única con entrada por camilo xose cela e saida por celso emilio ferreiro, ca súa señalización correspondente. Así como arranxo das vías , pintado horizontal, etc.

ULTIMA FASE 2009
Nesta última fase propoñemos o concello as seguintes actuacións que irán cumprindose según prioridades que enumeramos e cando o tempo tamén axude e si a crise non o impide.
1ª Colocación de praza reservada para discapacitados, este é unha actuación moi urxente e consideramos que tiña que estar feita, polo que agardamos que a súa realización sexa inmediata.

Adecuación na rúa camilo xosé cela de acera pintada e colocación de bordillos intermedios para impedir que aparquen sobre ela os cohes, ata o paso de peóns . Facer unha acera no é viable, xa que lle corresponde os propietarios dos solares, e ademáis aínda que se fixera tería que levantarse no futuro para poñerlle os servizos para os futuros edificios que se construiran.

A ANPA, de tódolos xeitos fai o concello a proposta similar a da foto, evitaríase o coste do pintado e a seguridade dos peóns estaría garantida.

Pintado de delimitación de aparcamento no lado dereito e esquerdo da rúa camilo xosé cela, así como o pintado horizontal de flechas e señalización vertical, para recordar os conductores o sentido obligatorio da rúa, sobre todo os veciños que teñen prazas de garaxe nos edificios da rúa.

Agardamos que con estas medidas dar por finalizado o proxecto integral de seguridade viaria desenvolvido pola ANPA e o Concello de Carballo.
.



8/11/09

A rúa Celso Emilio Ferreiro de Carballo terá sentido único

A ANPA foi consultada e está a favor da medida, xa que deste xeito os pais,nais e familiares que traen os nenos o colexio en coche poden sair perfectamente de frente pola rúa Celso Emilio ferreiro, sin o risco de sufrir accidentes e atascos cando están aparcados coches a ambos lados.

A partir de mañá, os vehículos só poderán circular en dirección á travesía.

O Concello de Carballo pon unha nova peza do seu plan de tráfico co establecemento da dirección única na rúa Celso Emilio Ferreiro, que une a rúa Afonso Daniel Rodríguez Castelao e a avenida de Fisterra, á altura do tanatorio de Pompas Fúnebres de Bergantiños. Precisamente, a localización do servizo funerario nese punto motivou a decisión da Concellería de Tráfico, cuxo titular, Benedito Viña, sinalou que adoitan producirse problemas de tráfico debido á gran concentración de vehículos en torno ao tanatorio.

A rúa Celso Emilio Ferreiro terá sentido único, xa que logo, a partir de mañá. Os vehículos só poderán circular desde Castelao cara á travesía. Pola contra, desde a avenida de Fisterra non se poderá virar cara á citada rúa, como se pode ver xa nos sinais recentemente colocados, a pesar de que aínda están tapadas.
.

5/11/09

NAIS DO COLEXIO DA CRISTINA RECOLLERON OS DIPLOMAS DA ESCOLA DE PAIS E NAIS ORGANIZADA POLA ANPA E VIEIRO

Hoxe ás 20´00h. na casa da Xuventude de Carballo, fixose entrega dos diplomas das ESCOLAS DE NAIS, que realizou a Asociación Vieiro nos centros educativos de carballo.

Neste acto tamén asistiron nais do colexio das dúas ESCOLAS que organizou a ANPA en colaboración con Vieiro.

Desde a ANPA agradecer a participación de todas nas escolas e agardamos si temos demanda repetilas este curso.

Algunhas nais que asistiron a recoller os diplomas.





para ampliar as fotos fai clik sobre as imaxes.
.



4/11/09

Protestas en el colegio A Cristina por la ocupación de las calles del entorno con la caravana de un circo

Protestas en el colegio A Cristina por la ocupación de las calles del entorno con la caravana de un circo.

La asociación de madres y padres de alumnos del colegio A Cristina expresó ayer su malestar por la ocupación de las calles del entorno por parte de la caravana del circo Coliseo, instalado en la explanada próxima al centro educativo. «Sabemos que para algún sitio teñen que ir, pero iso non exime de vixilancia ao Concello para que a ubicación de coches e camións se faga dunha forma ordenada», señaló mediante un comunicado la junta directiva de la ANPA A Casilla.

Los padres explicaron que los vehículos del circo ocupan las calles Blanco Amor, Camilo Xosé Cela, Moncho Valcarce y Celso Emilio Ferreiro. En concreto, en la Camilo Xosé Cela «a parada do autobús escolar está ocupada por unha caravana con mangueiras de residuos que verten ao rexistro de augas pluviais», aseguran los representantes de la ANPA. Asimismo, denuncian que algunos de los vehículos invaden los pasos de peatones y que el tramo final de la vía «estréitase pola colocación de caravanas e camións», según manifiestan.

Para los padres de alumnos, la ocupación de las vías próximas al colegio supone «un atranco, sobre todo á hora de entrada e saída dos nenos», pero también consideran que se trata de una situación «non desexable para ninguén, nin para o persoal do circo, nin para os pais, nin para os veciños das rúas afectadas».

Por ello, además de denunciar públicamente los hechos, la ANPA remitió un comunicado también al Concello de Carballo «para que se lle dea solución, e que en futuras ocasións se delimiten as ubicacións dos espectáculos, feirantes, etc... que fan uso da explanada habilitada para tal fin». Desde el Ayuntamiento se realizaron ayer las indicaciones pertinentes para normalizar la situación, según informó el concejal de Tráfico.


.

A DIRECTIVA DA ANPA PIDE UNHA REUNION URXENTE CO EQUIPO DIRECTIVO DO COLEXIO

A Xunta Directiva da ANPA entregou no día de hoxe un escrito na secretaria do colexio dirixido o Directro, pola preocupación que se ten polo retraso de autorización de actividades extraescolares organizadas pola ANPA e porque os nenos non acuden algunhas actividades extraescolares en horario lectivo como a piscina, programas de radio, etc.

A Xunta Directiva quere recibir información xa que mandou diversos escritos con estas peticións e non tivo resposta.


O escrito que se entregou hoxe decia.


SR. DIRECTOR CEIP “A CRISTINA”

Dona Begoña Pose Arijón, en calidade de Presidenta da A.N.P.A. “A Casilla” do CEIP “A Cristina” de Carballo

EXPON:
Que a estas alturas do curso estamos observando que os nenos do colexio non están participando nas actividades extraescolares en horario lectivo como, “Certame de teatro leido Xosé Manuel Eiris”, Piscina, Saidas a actos ofertados polo Concello, etc. Responsabilidade do Equipo Directivo do colexio.

Do mesmo xeito que non se ten tratado tampouco a aprobación de cesión de instalacións para o desenvolvemento de actividades extraescolares no horario non lectivo como, Actividades deportivas de tarde, os talleres de “ favorecemento do traballo en equipo e pilares básicos do aprendizaxe... organizadas pola ANPA. Tendo en conta que para as actividades da ANPA lle foi transmitida esta solicitude de petición de intalacións en escrito de 22 de outubro de 2009, non entendemos a tardanza nesta aprobación.

Tendo en conta que para a aprobación polo Consello Escolar dos días festivos, realizouse unha reunión estraordinaria e urxente a semana pasada, na que se podían engadir estes temas tamén.

Queremos manifestarlle a nosa preocupación seria pola falla de información sobre estes feitos, xa que se está a prexudicar, desde o noso punto de vista, seria e gravemente os nosos fillos o non poder de ter opción de acudir a estas actividades as que os pais si temos interese en mandalos.

Do mesmo xeito que lle transmito que os pais do Consello Escolar: Dona Ines Vallebona, Dona Sonia Belen Reigia e Don Xosé María Arán, tamén subscriben estas preocupacións e petición que lle transmito.

Por todo o exposto

SOLICITO:
A maior urxencia reunión da Xunta Directiva da ANPA co Equipo Directivo do colexio e tamén a aprobación de estas reclamacións no Consello Escolar a maior brevidade posible.

Sen máis aproveito a ocasión para reiterarlle a nosa consideración más distinguida.


Carballo,3 de Novembro de 2009

.

3/11/09

A POLICIA LOCAL ACUDE A DEMANDA DA ANPA

Despois do escrito mandado pola mañan os responsables de seguridade do Concello de Carballo.

As 20´30 da tarde axentes da policia local de Carballo acudiron a rúa Camilo Xosé Cela, onde mantiveron conversas cos responsables do Circo Continental, para que situaran os vehículos e caravanas aparcados en zonas prohibidas, en sitios autorizados.

Aínda que esta e unha boa nova a ANPA, pensa que o Concello debe habilitar outros espazos máis grandes para esta serie de espetáculos, xa que a súa distribución por rúas non é bó tanto para as persoas dos espetáculos, como para a comunidade escolar e os propios veciños. Son situacións que podían ser comprendidas fai anos, pero hoxe en día, ten que haber espazos dignos para estes casos.

De tódolos xeitos a pretensión da ANPA é a de garantir que os servizos adaptados para o colexio como paradas de autobús, pasos de peóns, etc. estén sempre libres de calqueira invasión que vaia en decrimento da calidade dos servizos e da seguridade de nenos, nenas e viandantes.

As 21´20 da noite a caravana e vehiculo que estaban en zonas prohibidas,xa foran retirados da parada de autobus e os vehículos que estaban preto do paso de peóns estaban aparcados correctamente.

.

A ANPA PIDE O CONCELLO UNHA MELLOR ORDENACION DAS INFRAESTRUCTURAS DO CIRCO NAS RUAS CIRCUNDANTES O COLEXIO DA CRISTINA.

Comunicado enviado o Concello, os responsables de Seguridade e Tráfico.

Estimados señores: Temos a ben en poñernos en contacto con vostede para comunicarlles que nas inmediacións do colexio da cristina e na explanada que se encontra detras do colexio está a instalarse o circo "coliseo" como consecuencia de esto as rúas Blanco Amor ,Camilo Xose Cela, Moncho Valcarce e celso Emilio ferreiro, están ocupadas con algíns dos vehiculos deste circo.Sabemos que para algún sitio teñen que ir, pero eso non esime da vixiancia do concello e de que a ubicación de coches e caravanas se faga dunha forma ordenada.

En concreto na rúa camilo xosé cela a parada do autobus escolar esta ocupada por unha caravana con magueiras de residuos da mesma que verten o rexistro de augas pluviais, do mesmo xeito que vehículos encima do paso de peóns.
Tamén a ocupación da calle máis adiante da rúa camilo xose cela estreitase pola colocación de caravanas e camións.E para os pais un atranco esta situación, sobre todo a hora de entrada e saida dos nenos, pero transmitimoslle esta queixa xa que pensamos que non unha situación desexable para ninguén tanto o persoal do circo como os pais e os veciños das rúas afectadas.

Agardamos que esto se lle dea solucións e que en futuras ocasións se lle delimite as ubicacións os espectaculos, feirantes, etc. que fan uso da explanada habilitada para tal fin.


.