25/1/10

COMENZO DAS DUAS ESCOLAS DE NAIS DA ANPA NO COLEXIO


O vindeiro día 29 de xaneiro darán comenzo as escolas de nais organizads pola ANPA en colaboración ca Asociación Vieiro de Carballo.
En total participarán 31 nais que se repartiran en dous grupos.
O primeiro comenzará o próximo venres 29 e o segundo grupo o seguinte venres día 5 de febreiro.
As clases serán quincenais e desenvolveranse na sala de servizos múltiples do colexio co seguinte horario: de 15´15 a 16´15 e rematarán a finais de maio.
Nesta semana estase a chamar telefónicamente as asistentas o primeiro grupo e para a semana avisarase as do segundo grupo.
Desde a ANPA agardamos que sexan proveitosas estas escolas e que servan para ter máis coñecementos para mellorar a educación dos nosos fillos.
Grazas por participar.


.

22/1/10

INCIDENCIA DA FOLGA NO COLEXIO


«Atendemos dun modo habitual aos cinco alumnos que viñeron ao colexio»

No CEIP A Cristina, tamén de Carballo, un 75% do profesorado secundou a folga. O outro 25% acudiu a traballar e seguiu a rutina habitual. En canto aos alumnos, tan só cinco alumnos presentáronse, a iso das dez da mañá, nas portas do centro. Para eles, foi unha xornada habitual, tal e como explicaba o director do centro educativo, Juan Carlos Díaz.


.

20/1/10

FOLGA DO PROFESORADO NO CEIP A CRISTINA O XOVES

A Dirección do colexio informa:

Aos pais, nais e titores dos alumnos e alumnas que está convocada para mañán xoves 21 de xaneiro por diferentes sindicatos de profesores e profesoras, folga no ensino público, con motivo do borrador da elaboración do decreto de plurilinguismo no ensino non universitario de Galicia.

Ante esta situación e tendo en conta que o profesorado das diferentes titorías e especialidades exercerá o seu dereito á folga (Eucación infantil 3,4, e 5 anos, Educación primaria, 1º,2º,3º,4º, 5º, 6º, Música, PT ) ao non haber profesorado non poderá desenvolverse a actividade lectiva coa normalidade habitual.
Sen máis, agradecemos de antemán a súa colaboración.
.
POR OUTRA BANDA A CONSELLERIA DE EDUCACION PUBLICOU A ORDE DE SERVIZOS MINIMOS PARA GARANTIR A APERTURA DOS CENTROS.
Esta lista terá que figurar no taboleiro de anuncios do colexio.
CONSELLERÍA DE EDUCACIÓN E ORDENACIÓN UNIVERSITARIA
Orde do 13 de xaneiro de 2010 pola que se ditan normas que determinan os servizos mínimos do persoal docente dependente da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria, durante a folga convocada para o día 21 de xaneiro de 2010.
O exercicio do dereito de folga queda condicionado ao mantemento dos servizos esenciais definidos no artigo 2 do Decreto 155/1988, do 9 de xuño (DOG do 20 de xuño), entre os que se atopa a educación.

O artigo 3 do devandito decreto faculta os conselleiros competentes, por razón dos servizos esenciais afectados, para que, mediante orde e ante cada situación de folga, determinen o mínimo de actividade necesaria para asegurar o mantemento de tales servizos, e o persoal preciso para prestalos.
As organizacións sindicais CIG-Ensino e STEG comunicaron a convocatoria dunha folga para o persoal docente non universitario dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, e que se desenvolverá entre as 00.00 horas do día 21 de xaneiro de 2010 e as 24.00 horas da mesma data.
A necesaria conciliación entre o exercicio do dereito constitucional de folga e o mantemento dos servizos esenciais obriga a Administración autonómica, de acordo coa normativa vixente, a fixar uns servizos mínimos indispensables para o funcionamento dos servizos esenciais que se concretan e xustifican nesta orde.
O servizo esencial da educación non pode ser reducido exclusivamente á actividade docente, xa
que, xunto a esta actividade docente, realízanse outras funcións como son a vixilancia e coidado dos nenos e nenas, menores de idade, que acoden aos centros docentes públicos. Con carácter xeral, o artigo 39 da Constitución depara unha protección especial aos menores; dun xeito máis específico, o artigo 15 do Real decreto 732/1995 (do 5 de maio, publicado no BOE do 2 de xuño), polo que se establecen os dereitos e deberes dos alumnos e as normas de convivencia nos centros, dispón no seu artigo 15 que todos os alumnos teñen dereito a que a súa actividade académica se desenvolva nas debidas condicións de seguridade. Polo tanto, a custodia dos menores de idade que se atopen nun centro docente público, o cumprimento dos principios constitucionais mencionados e dos dereitos citados é responsabilidade ineludible desta Administración educativa e parte indivisible do dereito esencial á educación.
O dereito á seguridade e o correlativo deber de protección dos menores, dada a súa entidade, debe exercerse continuamente. Como servizo mínimo para garantilos establécese a necesaria presenza nos centros docentes do/a director/a, ou, de ser o caso, doutro membro do equipo directivo que o/a substitúa, xa que tales membros do equipo directivo teñen a representación do centro e garanten o cumprimento das leis e demais disposicións vixentes, como sinalan as alíneas a) e d) do artigo 132 da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio (de educación, publicada no BOE do 4 de maio), e polo tanto están capacitados e facultados para resolver calquera incidencia respecto da seguridade dos menores de idade. Así mesmo, consonte a normativa citada, o director tamén está facultado e capacitado para resolver calquera incidencia que se poida producir respecto do conxunto dos bens que integran un centro docente.
De acordo coa normativa citada e cos argumentos expostos, e de conformidade co comité de folga,

DISPOÑO:
Artigo 1º
Terán a consideración de servizos mínimos para o persoal docente dependente da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria o/a director/a ou membro do equipo directivo en cada centro docente non universitario.
Artigo 2º
A designación nominal do persoal que deberá cubrir os distintos servizos relacionados no artigo
anterior será feita pola dirección do centro respectivo, e procederase á súa publicación no taboleiro de anuncios dos centros afectados.
Artigo 3º
O incumprimento da obriga de atender os servizos mínimos fixados nesta orde será sancionado de conformidade coa normativa vixente.
Artigo 4º
O disposto nesta orde non suporá ningunha limitación dos dereitos que a normativa reguladora da folga recoñece ao persoal na dita situación.
Artigo 5º
Sen prexuízo do que establecen os artigos anteriores, deberanse observar as normas legais e regulamentarias vixentes en materia de garantías dos usuarios
dos establecementos docentes.
Disposición derradeira
Esta orde entrará en vigor o mesmo día da súa publicación no Diario Oficial de Galicia.
Santiago de Compostela, 13 de xaneiro de 2010.
Jesús Vázquez Abad
Conselleiro de Educación e Ordenación
Universitaria.


.

12/1/10

ESCOLA DE PAIS, NAIS E TITORES DA ANPA E VIEIRO

Dentro da intención da ANPA, de achegar a formación os pais, A ANPA “A Casilla” e a Asociación “VIEIRO” dentro dun proxecto de colaboración para PREVENCION no AMBITO FAMILIAR, convocamos A ESCOLA DE PAIS E NAIS co fin de informar e formar aos pais á hora de desempeñar o labor de educadores. Os contidos de devandito curso, os cales consideramos de vital importancia cara á educación dos fillos constan dos seguintes temas:

* AUTOESTIMA.
*COMUNICACIÓN.
*HABILIDADES SOCIAIS. *RESOLUCION DE
PROBLEMAS.
*FRACASO ESCOLAR.
*ADOLESCENCIA.
*PREVENCION DO CONSUMO DO TABACO
, ALCOL E DROGAS.
*RELACION PAIS E EDUCADORES.
*O XOGO.
*OUTROS QUE OS PARTICIPANTES ELIXAN.

O citado curso é totalmente gratuíto e o único que se vos pide e formar como mínimo un grupo de polo menos 10 persoas. A duración do curso será de 5 meses (de Xaneiro a Maio de 2009) con clases preséncialles quincenais dunha hora e media de duración. Será os VENRES, o horario será de 15´15h a 16´45h ( mentras os nenos están na clase), o lugar será a sala de Servizos Multiples do Colexio. As clases estarán desenvolvidas por unha psicóloga especializada. O prazo de inscrición finaliza o próximo día 14 de Xaneiro ( aínda que se pide que canto antes se entregue a solicitude mellor, xa que as prazas serán cubertas por orde de inscripción), faráse entrega os membros da ANPA no colexio, ( o coordinador do curso será o secretario da ANPA, Xosé Mª Aran-. Móvil.-609862129.



fACER CLICK SOBRE O ESCRITO PARA AMPLIALO

IMPORTANTE :Cubrir a ficha que se adxunta e asinala, os datos facilitados formaran parte dun ficheiro adicado exclusivamente para esta Escola, en virtude da lei de protección de datos, en calqueira momento podese solicitar a eliminación dos datos da ficha do devandito ficheiro dirixindose o coordinador da Escola. 609862129 ou no 981756161.

.

CALENDARIO 2010 DO COLEXIO


No día de onte os rapaces do colexio foron agasallados pola colexio con un calenario para levar para as súas casas, como é lóxico leva o calendario dos días dos doce meses do ano e está ilustrado con debuxos de nenos e nenas do colexio.

Pois a colgalo e que serva de reflexo de que os meses que nos esperan de este ano estén cheos de tódolos desexos que agardamos acadar neste 2010.
.

4/1/10

BORRADOR TEXTO NOVO DECRETO DO GALEGO DA XUNTA DE GALICIA

A nove meses das eleccións, o parto dos montes. Ou case, porque Feijoo non nos agasallou no fin de ano co decreto sobre o galego, senón cunhas bases para a súa elaboración, que aínda seguirán sendo obxecto de informes e debates. ¿Enésimo globo sonda e posibilidade de que recúe, ou postura inamovible revestida de xesto «dialogante»? Xa veremos.

En todo caso, de manterse os contidos básicos do texto presentado, hai varias evidencias. Primeira, o peso normativo do galego no ensino non universitario retrocede considerablemente, baixo a aparente vontade de reequilibralo co castelán. E non só polas novas porcentaxes. Por exemplo, ¿como se garante o dominio das dúas linguas ao final do ensino obrigatorio por parte do alumnado se «en todas as áreas» este «poderá utilizar nas manifestacións oral e escrita a lingua oficial da súa preferencia»?

Segunda evidencia: na educación infantil non se garante o ensino na lingua materna. Dada a realidade sociolingüística, nomeadamente na Galicia urbana, haberá moitos centros nos que as porcentaxes de nenos e nenas galegofalantes e castelanfalantes teñan as dous valores considerables. ¿Que pasa co 30%, 40%, 48% que ten unha lingua materna diferente da maioritaria nesa aula? Segundo o borrador, serán atendidos «de xeito individualizado». ¿Por quen? ¿Polo mesmo docente responsable dese grupo? Imposible. ¿Por persoal auxiliar que se ocuparán deles a parte dos demais? ¿Na mesma aula ou noutra? ¿Onde están as previsións orzamentarias para aplicar realmente este e outros aspectos do decreto?

E nas outras etapas, deixar á vontade maioritaria das familias (que pode ser 51% fronte a 49%) a decisión de se Matemáticas se imparte en galego e Ciencias Sociais en castelán, ou viceversa, é simplemente demagoxia barata. ¿Que máis dá que sexa dun xeito ou do contrario? E logo está a broma do inglés. De todos é sabido que Galicia, e España, son a vergonza de Europa neste eido. Logo de estudar inglés dende os nove aos dezaoito anos, a maioría do alumnado chega á universidade sen nin sequera ser quen de ler ben nesa lingua, non digamos xa falala ou escribila. Pois ben, agora, en poucos anos, imos impartir nada menos que un terzo das materias en inglés. ¿Ulos profesores capacitados? ¿Ulos recursos necesarios? Xa está ben de insultar á intelixencia da cidadanía.

Coa súa aparente vontade reparadora do suposto talibanismo lingüístico do bipartito, o decreto, amén de ser un serio retroceso das políticas lingüísticas mesmo da época de Fraga, é didacticamente inviable, polo menos a curto e medio prazo. O máis probable é que os únicos efectos prácticos sexan introducir nos centros e nas APA un motivo de discordia antes inexistente ou larvado. E politicamente non parece, polas primeiras reaccións de ambos bandos, que vaia amansar as augas, senón máis ben o contrario. A caixa dos tronos está mellor pechada. Cando se abre imprudentemente hai que apandar coa tormenta.
Justo Beramendi

TEXTO BORRADOR DO DECRETO DO GALEO, PULSAR SOBRE O TEXTO

.