28/12/08

FUNCIONAMENTO CONSELLO ESCOLAR



O Consello Escolar é o órgano de participación da Comunidade Educativa no funcionamento do Centro.
Os pais e nais de alumnos, o profesorado, o persoal de administración e servizos e do Concello de Carballo, todos estes sectores participan na xestión do centro a través do Consello Escolar.
No noso Centro compono 14 membros con dereito a voto.

A representación queda coa seguinte composición:
Director do Centro que é o Presidente do Consello Escolar.
Xefa de Estudos.
5 Representantes do profesorado (Elexidos polo Claustro de profesores).
4 Representantes dos pais e nais (Elexidos polos pais, nais e titores).
1 Representante da ANPA, designado por esta.
1 Representante do Concello de carballo.
1 Representante do persoal de administración e servizos (persoal non docente).
A Secretaria do Centro (con voz e sen voto).

Actualmente, o Consello Escolar esta constituído coas seguintes persoas:
Presidente: Juan Carlos Díaz Peña.
Xefa de estudos: Olga Rodríguez Poo.
Secretaria: Cristina Alonso Regueira.
Representantes do profesorado: Antonio Corbelle Fernández, Elvira Costa Cobas, Nieves Chouciño Pouso, Sagrario Paz Souto,
Representantes pais/nais alumnos: María Inés Vallebona Trigo, Sonia Belén Reigía Pose, María Monserrat Cambón Fidalgo e Xosé María Arán Rodríguez.
Representante Asociación pais-nais de alumnos/as: Begoña Pose Arijón.
Representante do persoal de administración e servizos: Alejandro Guerra.
Representante do Concello: Xosé Manuel Guillín .

O Consello Escolar reúnese ao longo do curso en sesións de traballo para tomar decisións que afectan ao goberno colexiado do Centro. Entre outros temas e reunións máis importantes están as seguintes:
Propostas e aprobación do Plan do Centro (setembro e outubro).
Propostas e aprobación dos orzamentos e contas de xestión (setembro, outubro, marzo e xuño).
Aprobación dos criterios complementarios de admisión dos alumnos (febreiro).
Calendario escolar e baremación das solicitudes de admisión dos alumnos (maio).
Aprobación da memoria de final de curso (xuño).

Atribucións do Consello Escolar dos Colexios Públicos de E. Infantil e Primaria:
a) Formular propostas ao equipo directivo sobre a programación xeral anual do centro, así como elaborar, aprobar e avaliar o o Proxecto Educativo, sen prexuízo das competencias do Claustro en relación coa planificación e organización docente.

b) Elaborar informes, a petición do Dpto. de Educación, sobre o funcionamento do centro e sobre aqueloutros aspectos relacionados coa actividade do mesmo.
c) Participar no proceso de admisión de alumnos e velar para que se realice dacordo o establecido na normativa vixente.
d) Aprobar o Regulamento de Réxime Interior do centro.
e) Coñecer a resolución de conflitos disciplinarios e a imposición de sancións e velar por que estas se ateñan á normativa vixente.
f) Aprobar o proxecto de orzamento do Centro e a súa liquidación.
g) Promover a conservación e a renovación das instalacións e equipo escolar.
h) Propor as directrices para a colaboración, con fins educativos e culturais, con outros centros, entidades e organismos.
i) Analizar e valorar o funcionamento xeral do Centro a evolución do rendemento escolar e os resultados da avaliación que do centro realice o Dpto. de Educación.
j) Ser informado da proposta do Dpto. de Educación do nomeamento e cesamento dos membros do equipo directivo.
k) Propor medidas e iniciativas que favorezan a convivencia no centro, Observatorio de convivencia.
l) Calquera outras que lle sexan atribuídas pola lexislación e os órganos competentes.

No hay comentarios: