
O obxectivo das sesións de contos e música tradicional é favorecer o achegamento dos escolares de Educación Infantil e Primaria ao libro e á lectura en galego. A contadora Ana Abelenda e o músico Pablo Díaz levan a cabo as actividades, nas que poñen en práctica o "binomio narración e interpretación musical".
As sesións -nas que ata o remate da campaña van participar máis dun milleiro de escolares dos centros educativos carballeses- son unha mostra de cultura e folclore en vivo; os relatos adquiren ritmo e foméntase a participación activa do público infantil. Ademais, os rapaces coñecen de primeira man a forma e o son dos instrumentos tradicionais galegos cos que se acompañan as sesións, como o acordeón, a pandeira e a pandeireta, o birimbau, a frauta de cana, as culleres ou o salterio.

ESPAZO DE LECTURA
KALANDRAKA celebrará unha sesión especial de contos e música para o público familiar este vindeiro xoves 18 -data na que rematará a campaña- a partir das 18:30 horas, no Pazo da Cultura. O público en xeral tamén pode visitar a exposición de ilustracións, que permanece aberta ata o 8 de xaneiro. A partir do día 17, o horario de apertura pasará a ser de 18 a 20 horas, agás o 24, 25, 31 de decembro, e 1 de xaneiro.
A sala da exposición conta tamén cun "espazo de lectura" no que se pode acceder a unha selección de títulos pertencentes ao fondo editorial de KALANDRAKA, formada principalmente por adaptacións de contos tradicionais e obras clásicas da literatura infantil e xuvenil. Así, entre as primeiras, destacan "A casiña de chocolate", dos irmáns Grimm, con ilustracións de Pablo Auladell; "O pequeno coello branco", de Xosé allesteros e Óscar Villán; ou "A verdadeira historia de Carapuchiña", de ntonio Rodríguez Almodóvar e Marc Taeger. B A T Mvri
amén destacan as obras do pedagogo Gianni Rodari e a deseñadora Iela ari, ambos italianos, tituladas "Confundindo historias" e "Un globo ermello", respectivamente. Estes títulos forman parte do material de eferencia empregado nos obradoiros de escrita creativa que tamén se mparten ao longo da campaña.
‘CANTAR E CONTAR’ ENFILA ESTA PRÓXIMA SEMANA A SÚA RECTA FINAL
EN CARBALLO, CON CONTACONTOS PARA SEIS CENTROS ESCOLARES
O Pazo da Cultura acollerá o xoves día 18 a sesión de clausura, con contos e música para o público familiar
No hay comentarios:
Publicar un comentario