30/6/10

COMUNICADO DE XOSE MARIA ARAN NO FORO DA ANPA



No día de hoxe non puiden acudir á reunión do colexio por motivos laborais, nin outros compañeiros de xunta por estar fóra de viaxe e outros porque non foron invitados. Pero sempre hai quen che conta o ocorrido.

Os feitos acaecidos son gravisimos e terán a súa lóxica contestación, desde a educación, que fOI o que faltou hoxe e é grave por quen estaban alí e o lugar que era.

Permitirme só unha reflexión sobre a definición de educación que creo que o resume todo, evidentemente cada cal defende as súas ideas e os seus pensamentos e hoxe só quero deixar este.

Educación defínese como o proceso mediante o cal transmítense coñecementos, valores, costumes e formas de actuar. A educación non só se produce a través da palabra, está presente en todas as nosas accións, sentimentos e actitudes.

O proceso de inculcación e concienciación cultural, moral e conductual. Así, a través da educación as novas xeracións asimilan e aprenden os coñecementos, normas de conduta, modos de ser e formas de ver o mundo de xeracións anteriores.

Despois do de hoxe ou se cambia a definición, ou " Deus nos colla confesados" coa educación que lle damos os nosos fillos e fillas.

Desde a tolerancia, só dicir que a cada un o tempo pono no seu sitio, non quero aproveitarme deste foro... aproveito o do anpa.

Hoxe debería ser unha noite de reflexión e mañá será un novo día.

Boas noites a todos e todas.

Xosé María Arán (Secretario ANPA "A CASILLA" )

.

28/6/10

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA "A CASILLA"


No día de hoxe e sendo ás 10´00h en primeira convocatoria, e agardando a segunda convocatoria as 10´30, polo que se procediu a REUNION XERAL ORDINARIA DA ANPA "A CASILLA", no segundo andar, aula 4 do pazo da cultura de carballo.

1.-LECTURA E APROBACION SE PROCEDE DAS ACTAS ANTERIORES.

Iniciou a sesión a Presidenta dando a palabra o secretario que conforme a orde do día procedeu a dar lectura a acta da asemblea anterior e da do 23 de febreiro de 2010. a que foi aprobada por tódolos presentes por unanimidade.

2.-INFORME DA PRESIDENCIA.

no que se fai unha valoración do curso 209-2010. destacando os seguintes aspectos.

  • Que a reunión celébrase nesta data por estar pendentes dunha resposta do Claustro de profesores, sobre a reunión mantida a petición da ANPA sobre ás actividades estraescolares, unha vez recibida a resposta e despois de reunirse a xunta directiva convocouse a asamblea mediante nota informativa no tablón de anuncios do colexio e no blog, por falta de tempo para mandar nota como sempre e o lugar porque no se ten que agardar contestación e facilitan o mesmo día o local, e por non molestar no colexio por ter rematada a actividade lectiva.
  • Que foi un ano duro na convivencia no colexio especialmente pola implanración da "Xornada en sesión única de mañán", o que levou a malestares entre partidarios e detractores e tamén de aqueles que se mativeron o marxen como foi no caso da ANPA, que en vez de entenderse a sua postura neutral, xa que representa a pais con unha e outra posición, se lle achacaron comentarios desproporcionados e fora de lugar os seus directivos.
  • En liñas xerais valoración positiva do curso académico, a esperas de que se lle entregue a ANPA a "MEMORIA DE FINAL DE CURSO" DO CEIP "A CRISTINA", como nota negativa o caso preocupante do tutor de 6º Curso.
  • Tamén no apartado positivo, manifestar o cambios nas relacións neste curso ca Xefa de Estudos e o Secretario do colexio, que desde a Directiva da ANPA, calificanse como moi boas.
  • Outro tema a destacar foi a revindicación do profesor de PT, que o final aínda que non veu un novo a ANPA, considera satisfatorio as medidas adoptadas pola Xefa Territorial da Coruña, da Conselleria de Educación, a que nos transmitiu as súas decisións e as que nós entendemos lóxicas, como foi o aproveitamento do profesorado para dar as clases de apoio e a profesora de PT, que se adicara os casos diagnosticados.
  • Neste punto a Presidenta informa que neste curso causan baixa na Dirección da ANPA, a Presidenta: Dona Begoña Pose, a Vicepresidenta, Dona Sonia Reigia e a Vogal Dona Purificación Rey, como consecuencia de marchar os seus fillos do colexio. Proponse os presentes como nova Presidenta a Dona Inés Vallebona, como Secretario a Don Xosé María Arán e como Tesoreiro a Don Celestino Pallas e os Vogais correspondentes. Procedese a votación e aprobase por unanimidade.
  • Agradecese a confianza e manifestase polo secretario que para o vindeiro curso celebraránse novas eleccións a Xunta Directiva da ANPA.

3. INFORME DE TESORERIA.

Por disculpas por asuntos laborais do tesoreiro informa sobre este apartado a Presidenta. a que presenta a Asemblea o estracto bancario e as contas a data de 30-6-2010, aclarando os ingresos e gastos e poñendo a disposición dos presentes, procedese a aprobación das contas o que se fai por unanimidade.

4. INFORME DO SECREATRIO AS XESTIONS EFECTUADAS , ACTIVIDADES, AXENDA E ASUNTOS ESCOLARES.

  • Procedese a relatar por datas desde o 29 de setembro ata o 16 de xuño de todas as xestións realizadas pola anpa.
  • Procedese a informar a todolos presentes dos asuntos deliberados neste curso escolar no Consello Escolar do colexio, en especial o do 5 de febreiro de 2010, a opreguntas de varias socias, no que o sr. arán da lectura literal da súa intervención en relación o profesor de 6º D. Antonio Corbelle, escrito que foi entregado despois do Consello Escolar a ANPA.

5. PROXECTO DE ACTIVIDADES PARA O VINDEIRO CURSO.

  • Pasase a detallar a postura da Xunta Directiva da ANPA, sobre a non organización das actividades extraescolares da xornada única en sesión de mañan, mantendo a mesma coherencia que se viña facendo.
  • Procedese a ratificar o exposto e como consecuencia a ANPA presenta o seu PROXECTO "ESCOLA ABERTA", para o desenvolvemento e organización das súas propias actividades o que é comentado entre os presentes, estando pendente dunha serie de reunións para clarificar algúns dos aspectos enumerados.
  • No apartado de actividades pidese a todolos presentes e anímaselles para que leven os seus fillos as actividades extraescolares que se organicen no colexio, como un ben necesario para o alumnado.
  • Tamén a porposta dos presentes ponse as 16´30 h. como comenzo das actividades da ANPA, esto sempre tendo en conta que sexa viable para a empresa que se vai encargar do tema, deixando a Xunta Directiva a potestade de poder cambiar o horario.
  • Procedese a votar o punto 5 na súa entregridade por decisión da Asemblea o que é aprobado por unanimidade.

6.-INFORME E PROBLEMAS DE ESCOLARIZACION NENAS E NENOS DE 6º CURSO NO IES "MONENEME".

  • Procedese a informar por parte do secetario da ANPA, dos feitos acontecidos no consello escolar do 5 de febreiro de 2010, así como a seguinte baixa médica do profesor o mesmo día e a súa posterior petición de traslado de centro.
  • Procedese a informar da reunión mantida co equipo directivo para seguimento do caso e evaluar os resultados académicos dos nenos, o que aínda estamos a esperar a valoración dos resultados oficiais, aínda que estraoficialmente xa sabemos todos cales son.
  • Reunión do secretario e anpa do monteneme ca dirección do I.E.S. para coordinar accións conxuntas.
  • Reunión do secretario anpa e presidenta anpa monteneme con docentes do 1º ciclo da ESO para coordinar accións.
  • Petición de intervención o Parlamentario galego D. Alberto Sueiro para que interceda no tema.
  • Petición de intervención o Xefe Territorial de A Coruña de Cultura, Don Manuel Varela para que interceda no tema, como profesor en excedencia do centro.
  • Entrevista co Inspector de Secundaria do secretario da ANPA e a Presidenta da ANPA do Montemneme donde se lle explicou este caso e os problemas que se van ter cos repetidores, nenos diagnosticados con problémas, etc e a petición de unha terceira aula no Monteneme.
  • Agardar a designación final de prazas de profesorado en secundaria, para que o inspector nome os dous docentes necesarios para habilitar a terceira aula.
  • Se non fose así decisión das tres anpas do I.E.S. Monteneme, a Cristina e A Gandara-Sofán, de non levar os nenos a clase ata que se solucione a habilitación da aula.

7.- ROGOS E PREGUNTAS.

Procedese polos presentes a un intercambio de impresións e aclaracións por parte da Xunta Directiva e remata a Asamblea ás 12´00h.

.


22/6/10

REUNIÓN COAS FAMILIAS DOS NOVOS ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL


REUNIÓN COAS FAMILIAS DOS NOVOS ALUMNOS/AS DE EDUCACIÓN INFANTIL DE TRES ANOS DO VINDEIRO CURSO 2010/2011

Mañá mércores 23 de Xuño, celebrarase ás 10 da mañá na sala de usos múltiples do colexio, unha reunión informativa coas familias dos alumnos/as de Educación Infantil de 3 anos do vindeiro curso 2010/2011.

Nela estarán presentes membros do equipo directivo do colexio e a coordinadora de Educación Infantil do centro.

Informarase aos pais sobre o proceso de matriculación( documentación a entregar, prazos de matrícula, dúbidas que poidan xurdir,etc...) e sobre algunhas recomendacións ás familias de cara ao novo ingreso do seu fillo/a no centro escolar.

.

21/6/10

CONVOCATORIA DE REUNION XERAL ORDINARIA DA ANPA "A CASILLA"



POLA PRESENTE CONVOCASE A TODOLOS SOCIOS/AS DA ANPA "A CASILLA" COMO ESTABLECEN OS ESTAUTAS DA NOSA ENTIDADE NO SEU CAPITULO III, ARTIGO 22, A REUNION DA ASEMBLEA XERAL ORDINARIA.

ESTA CONVOCATORIA POR FALTA DE TEMPO EXPOÑERASE O DIA 21 NO TABOEIRO DE ANUNCIOS DA ANPA, PARA COÑECEMENTO XERAL DE TODOLOS ASOCIADOS E ASOCIADAS COMO E PRECEPTIVO E NESTE BLOG A EFECTOS INFORMATIVOS.

facer doble clik sobre a convocatoria (imaxe) para vela en tamaño normal.


.

15/6/10

FESTA DA A.N.P.A. DE FIN DE CURSO

O día 16 de xuño de 17´00h. a 20´00h.da tarde, será no colexio para tódolos nenos e nenas do colexio a “FESTA DE FIN DE CURSO DA ANPA”.

Para esta festa contaremos con hinchables, xogos, caraoke, etc. e entre outras actividades ca festa da espuma, polo que aconsellamos que os nenos veñan con roupa axeitada e mudas para que non estean mollados, deixámolo a decisión dos pais, nais e titores.

Tamén contaremos con regalos coma sempre para os nenos e nenas.

Lembrar a todos que para este día tamén poderán acudir cos nenos os seus pais.

-

PASAMENTO DE D. DANIEL FRANCO POSE


Desde a Xunta Directiva da ANPA "A CASILLA", queremos trasladar no nombre propio e de tódolos pais, nais e titores, o noso máis sinceiro pésame a familia de D. DANIEL FRANCO POSE, que faleciu no día de onte os 45 anos de Idade.
Nestes momentos de pesar tamén nos lembramos en especial da súa filla e alumna do noso centro, NAZARET FRANCO RODRIGUEZ.

Hoxe martes ás seis da tarde celebrarase o funeral na Igrexa de san Xoán Bautista de Carballo.

O seu velorio está en pompas funebres bergantiños, velador nº6 de carballo.

7/6/10

Federación Provincial de la Coruña de APAs de Centros Públicos, VIENE DE ELEGIR SU NUEVA JUNTA DIRECTIVA.


La Federación que representa a todos las apas asociadas de centros públicos de la Provincia de A coruña, eligió el viernes a su nueva Junta Directiva, La Asamblea General de la Federación eligió la canditura encabezada por Virgilio Gantes Gómez,como Presidente, que es reelegido, también contará entre su equipo con el carballés Xosé María Arán Rodríguez, que en la actualidad es el secretario del ANPA "A Casilla" del C.E.I.P. "A Cristina" de Carballo.
La Federación Provincial de la Coruña de APAs de Centros Públicos en la actualidad son miembros de pleno derecho 298 entidades que se organizan con una asamblea general en la que participan los delegados por cada APA y con una junta directiva elegida por la asamblea, como fué la de este viernes.
Una de las facultades que tiene la federación aparte de la defensa de la educación pública, es la de nominar a los representantes de los padres en las comisónes de escolarización.
Las ANPAs de centros publicos del concello de carballo, están asociadas en la federación.

1/6/10

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA DE BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO

INFORMACIÓN SOBRE O PROGRAMA DE BOLSAS PARA A ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO PARA O CURSO 2010/2011

A QUEN VAI DIRIXIDO?
Aos pais con fillos/as matriculados en 1º, 2º, 5º e 6º de Educación Primaria e Educación Especial no curso escolar 2010/11 e que teñan unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9000 euros.

COMO SE CONSEGUE A BOLSA DE AXUDA?
Presentando a documentación completa e o impreso de solicitude no centro escolar desde o 1 ao 30 de xuño de 2010.

QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE PRESENTAR?
1.Impreso de solicitude cumprimentado por duplicado, polo que se un solicitante ten varios fillos matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude por cada un deles. Podérase recoller no centro escolar, nas sedes da xunta ou descargar no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, punto de gratuidade de libros de texto).

2.Fotocopia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar. No caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar, tales como:
-Orixinal ou copia compulsada do certificado de empadroamento da unidade familiar.
-Orixinal ou copia compulsada de certificado do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse copia compulsada de:
-Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%,
-Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou grande invalidez, ou documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.

No caso do alumnado de educación especial non será necesaria a presentación de documentación ningunha.

CANDO E COMO ME INGRESAN O IMPORTE DA AXUDA?
As familias recibirán un vale para presentar directamente nas librerías que prefiran, co que poderán adquirir os libros no correspondente establecemento e polo importe máximo que figura no vale.

CALES SON OS IMPORTES DAS BOLSAS DE AXUDA?
180 € por fillo para as familias con ingresos de ata 5.400 euros anuais por persoa no fogar.No caso de familias monoparentais os ingresos non poderán superar os 6.000 euros por persoa no fogar.

·104 € por fillo para as familias con ingresos entre 5.400 e 9.000 euros por persoa no fogar.No caso de familias monoparentais os ingresos estarán comprendidos entre os 6.000 e 9.000 euros por persoa no fogar

·250 € para cada neno/a de Educación Especial, independentemente da renda anual familiar

CAL É O IMPORTE DA MIÑA AXUDA?
Para calcular quen ten dereito ás bolsas, agregaranse as rendas de cada un dos membros da familia que obteñan ingresos, tendo en conta o exercicio fiscal de 2008, dividindo a renda entre o número de membros computables da unidade familiar (pai, nai alumno e irmáns). A estes efectos, computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. Sumarán os recadros 455 e 465 da declaración.

.