30/4/09

LISTA PROVISIONAL DE ALUMNOS/AS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O CURSO 2009-2010


  • RELACION PROVISIONAL DE ALUMNOS/ALUMNAS ADMITIDOS E NON ADMITIDOS PARA O VINDEIRO CURSO ESCOLAR 2009-2010 NO CEIP. A CRISTINA DE CARBALLO.

  • ESTA RELACION ESTA EXPOSTA O PUBLICO NO TABLON DE ANUNCIOS NO EXTERIOR DO COLEXIO.

  • NOS CURSOS DE 1º, 4º E 5º DE PRIMARIA NON SON ADMITIDOS POR NON HABER PRAZAS DISPOÑIBLES.

  • EN TRES ANOS QUEDAN PENDENTES DE CUBRIR TRES PRAZAS, QUE COMO MARCA A LEI TEÑEN QUE SER PARA POSIBLES MATRICULACIONS DE NENOS CON NECESIDADES EDUCATIVAS ESPECIAIS, NON EXISTE NINGUNHA MATRICULA POR ESTE MOTIVO, POLO QUE SI NON SE PRODUCE NINGUNHA CONTINXENCIA, A COMISION DE ESCOLARIZACION ADXUDICARIA ESTAS TRES PRAZAS OS MATRICULADOS CO NUMERO 1, 2 E 3 DA LISTA DE NON ADMITIDOS.

  • SE ALGUEN QUERE PRESENTAR ALGUNHA RECLAMACION TEN 5 DIAS A PARTIR DO DIA DE HOXE.

EXCURSION TREN CAIXA NOVA

Os alumnos de Educación Ifantil de 5 anos e os de 3º de primariavan facer o vindeiro día 13 de maio en horario escolar ( 9´05 a 14´05) unha viaxe de ida e volta en tren entre A Coruña e Betanzos, con animación de paisos e contacontos. A viaxe no tren está financiada por Caixanova e os nenos pagarán a viaxe do autobus.
Lembrar que os nenos vaian participar nesta actividade terán que levar os seus tutores a autorización asinada antes do 5 de maio.

¿QUE É O TREN DE CAIXA NOVA?
Un ano máis Caixanova volve a organizar 48 viaxes cortos en tren para grupos de 200 nenos de entre 5 e 8 años de diversos colexios de toda Galicia.
• Durante a viaxe habrá grupos de animación: paiasos, contacontos...
• Os viaxes serán días lectivos de marzo, abril, maio e xuño.
• Faranse en trens automotor con tres vagons.
• Os colegxos faránse cargo dos viajes de ida e volta a estación.
• Todo-los nenos participantes recibirán un regalo e verán a representación do "O Tren Sorpresa".
Para máis información enlazar ca páxina:



29/4/09

AVISO DA INSPECCION EDUCATIVA SOBRE A NOVA GRIPE H1N1


A inspeción educativa mandou un escrito as direccións dos colexios en referencia a problemática da NOVA GRIPE, E NA PROCURA DE EVITAR POSIBLES CONTAXIOS, POR TAL MOTIVO INFORMASE ÁS FAMILIAS QUE VIAXARON RECENTEMENTE AO LUGAR DE ORIXE DA INFECCION (MEXICO) OU VIÑERAN DO LUGAR DE ORIXE E QUE PRESENTEN SINTOMATOLOXÍAS DA ENFERMIDADE O COMUNIQUEN A MAIOR BREVIDADE PARA POÑELO EN COÑECEMENTO DAS AUTORIDADES EDUCATIVAS E SANITARIAS.
¿QUE E A GRIPE PORCINA?
A gripe porcina ou influenza porcina é unha enfermidade infecciosa causada por calquera virus pertencente á familia Orthomyxoviridae e que resultou endémica en poboacións porcinas. Estas cepas virales, coñecidas como virus da influenza porcina ou SIV (polas siglas en inglés de «Swine Influenza Viruses») foron clasificadas en Influenzavirus C ou nalgún dos subtipos do xénero Influenzavirus A (sendo os máis coñecidos H1N1, H1N2, H3N1 e H3N2).

As persoas que traballan con aves de curral e con porcos, especialmente aquelas que se achan expostas intensamente a este tipo de animais, teñen maior risco de infección no caso de que estes porten algunha cepa viral que tamén sexa capaz de infectar aos humanos. Os SVI poden mutar nun estado que lles permite ser contaxiados de persoa a persoa. Crese que o virus responsable do brote de gripe porcina de 2009 sufriu desta mutación. Os síntomas da enfermidade son moi parecidos aos da gripe, figurando calafríos, febre, faringitis, dores musculares, fortes dores de cabeza, tose, cansazo e malestar xeral, como os principais percepcións médicas vinculadas con esta. (PARA AMPLIAR NOTICIAS FAI CLIK SOBRE OS TEXTOS AZUIS).

MOI IMPORTANTE, O CONTAXIO DESTA ENFERMIDADE NON E POR COMER CARNE DE PORCO, POR TAL MOTIVO NON SE TEN QUE ALARMAR UN E PODESE COMER TODALAS VARIEDADES DO PORCO.


28/4/09

REUNION DO CONSELLO ESCOLAR



Hoxe ás 17´15 reuniuse no colexio o Consello Escolar, para tratar os seguintes asuntos:

Aprobación de actividades extraescolares para o 3ª trimestre.

Terase unha nova actividade aaparte das xa programadas, que será o TREN DE CAIXA NOVA, nesta actividade participaran os nenos de 5 anos e os de terceiro. A actividade consta en ir en tren desde A Coruña a Betanzos e volta A Coruña.
  • Admisión de alumnos/as para o vindeiro curso escolar 2009-2010.
O Consello escolar aprobou a lista provisional de admitidos para o vindeiro curso, tendo en conta as normas e baremos que marcan a ley, o día 30 é o último día para a publicación das listas.
Unha vez expostas as listas os pais matriculados que así o desexen teñen 5 días para presentar reclamacións.
  1. Prazas para 3 anos: 25, peticións: 30 admitidos: 25 non admitidos: 5

  2. Prazas para 5 anos: 0, peticións: 1 admitidos: 0 non temos prazas.

  3. Prazas para 1º : 0, peticións: 1 admitidos: 0 non temos prazas.

  4. Prazas para 4º: 0, peticións: 1 admitidos: 0 non temos prazas.

  5. Prazas para 5º: 0, peticións: 1 admitidos: 0 non temos prazas.

  6. Prazas para 6º: 2, peticións: 1 admitidos: 1 sobra 1 praza.
Para os nenos de tres anos adxudicarinse 22 prazas e quedan pendentes 3 para nenos con discapacidade, como así esixe a lei, pero o non haber ningunha petición por este motivo, os nenos con número 23,24 e 25 da lista provisional, si non existe ningunha variación, terán praza unha vez que o confirme a COMISION DE ESCOLARIZACION.
Os nenos que non tiveron praza, como a praza que queda pendente de cubrir, será adxudicada si non existe ningunha reclamación, pola COMISION DE ESCOLARIZACION. A relación dos nomes dos nenos admitidos provisionalmente estará exposta no taboleiro do Colexio.
  • Aprobación do presuposto para o ano.

Neste apartado aprobouse o presuposto, entre outros gastos salientar que se procederá a contratar unha empresa para facer o mantenemento dos equipos informáticos, así como fotocopiadoras, xa que se está a impulsar os servicios informáticos no colexio. Neste apartado tamén se procederá a adquirir outra pizarra dixital. Tamén a adquisición de un visor de imaxes para que todolos nenos podan ver proxectado paxinas de libros, documentos, etc. Para finalizar neste apartado financiarase a cargo dos presupostos do colexio unha saida de excursión o 100% ou dfúas o 50%, intentando que sexan as máis costosas, para colaborar cas economías familiares.





27/4/09

MEMBROS DA ANPA REQUIREN A PRESENCIA DAS FORZAS DE SEGURIDADE


O sábado membros da Xunta Directiva da ANPA, requeriron a presencia dos corpos de seguridade no recinto do colexio.

Unha vez máis os patios do colexio estaban a convertirse en lugar de celebración de botellón, por tal motivo requeriuse vía telefónica a presencia da garda civil e da policia local para que procederan a súa identificación e requerir as persoas que estaban no recinto a deixar as instalación.

Así foi e personaronse una dotación da policia local e outra da garda civil, que procederon a subsanar a situación.

Tamén foi avisado o bedel do colexio para que tivera en conta a retirada de cristais rotos existentes no cespe, co peligro de que o luns se poidera cortar algún alumno, do mesmo xeito que a colocación dunha ventana do edificio de educación infantil que fora forzada polas persoas que se encontraban nas instalacións.

Unha vez máis desde a ANPA, faise un chamamento as autoridades para que exerzan os seus cometidos e que as instalacións estén vixiadas para evitar estos actos.

23/4/09

REMATOU O ARRANXO DA RUA CAMILO XOSE CELA

No día de hoxe remataron os operarios da empresa "Maracana", a reparación da rúa Camilo Xosé Cela. A actuación consistiu nun rego alfaltico e unha cubrición con gravilla, unha actuación puntual e que non cubre as prespectivas que se tiñan, por considerar que con esta actuación solucionase momentaneamente o problema, pero pensamos que no futuro voltaran a producirse os baches que existian ata hoxe.A ANPA, dirixirase o goberberno municipal, para que se inclua esta rúa na programación de actuacións do concello en melloras de vías públicas, para reparar a rúa cunha capa de aglomerado asfaltico, como se fixo no seu día ca rúa Blanco Amor, que é a paralela a camilo Xosé Cela e a entrada principal do colexio.
Agardamos que se teña en conta esta petición, xa que pensamos que as actuacións é mellor facelas unha vez e ben.

22/4/09

HOXE COMENZOU A REPARACION DOS BACHES NA RUA CAMILO XOSE CELA


No día de hoxe pola tarde comenzou a reparación dos baches existentes na rúa Camilo Xosé Cela, está demanda fora solicitada pola ANPA mediante escrito o Concelleiro de Servizos do Concello. Mañán procederase o asfaltado, polo que é convinte que ninguén deixe os coches na rúa.

REPARACION DAS REDES DO CIERRE DO COLEXIO

O pasado luns o secretario da ANPA dirixiuse o director do centro para comunicarlle as deficiencias que existen nas redes de protección que existen no cierre do colexio.
As redes están colocadas entre as barras redondas de cementoda parte baixa do cierre, para evitar que entre os pivotes redondos de cemento poidan sair os nenos máis pequenos si non está a rede colocada perfectamente.
Este problema xa aconteceu con anterioridade e pode poñer en risco a integridade dos nenos.

14/4/09

INDIGNACION DA ANPA POLO ESTADO EN QUE SE ENCONTRA O COLEXIO DESPOIS DA SEMANA SANTA NO SEU EXTERIOR


Un novo episodio do gamberrismo e falta de urbanidade, volve a salpicar o noso colexio.

Pais e membros da ANPA amosan a súa indignación.

Hoxe pola mañan a hora de entrada dos rapaces, podíase comprobar o estado en que se atopaban as instalacións exteriores do colexio, despois das visitas para facer botellóns e usos indebiduos no colexio nesta semana santa.
Desde botellas de alcol, vasos de cristal ata lixo espallado, restos de porros, a esto súmase o máis noxento, nesta ocasión algunhas persoas que acceden o recinto fixeron diferentes deposicións nos patios de edución infantil así como mexadas.
Lamentable e indignante foi a estampa de ver os nenos de infantil facendo as filas para entrar en clase e as "cagadas" e desculpen pola expresión pero " o pan pan e o viño viño", tiveron que apartar dos escrementos para non pisalos e que decir dos cheiros a orins.


A presidenta trasladou a dirección do colexio estas amomalias que a súa vez lle foron transmitidas o Concello de Carballo, o cal a media mañá mandou un camión da empresa de limpeza viaria e procedeu a limpeza dos patios.
Desde a ANPA volverase a trasladar as autoridades a necesidade urxente de que sexan vixiladas as instalacións do colexio fora dos horarios lectivos, así como as demandas anteriormente feitas, xa que moitas destas desfeitas son realizadas por grupos que fan dos patios do noso colexio, seu lugar habitual de permanencia.
A falta de vixiancia fai que recintos que deberían ser verdadeiros semilleiros de eduación, sexan en moitas ocasións lugares para todo o contrario, agardamos que as nosas autoridades tomen nota.


POSTA EN FUNCIONAMENTO DO BUZON DE SUXESTIONS DA ANPA

Esta fin de semana foi colocado no colexio o buzón de suxestións da ANPA, este servizo é para facilitar os pais, nais e titores a posibilidade de deixar no buzón: queixas, aclaracións, suxerencias e aquelas aportacións que se teña a ben.
O buzón esta colocado o lado do taboleiro de anuncios da ANPA, que esta na entrada do patio de infantil.
Este é unha nova oferta para achegar a información reciproca entre a dirección da anpa e os pais, esto sumase tamén a disposición que teñen os pais tamén de contactar con nós a través do correo electronico anpa.acasilla@gmail.com .

agardamos que este novo método de contacto sexa do agrados de todos e todas.

5/4/09

UN CENTENAR DE ALUMNOS NON PODERAN IR O COLEXIO MAIS PROXIMO AS SUAS CASAS

O redor dun centenar de nenos non poderán estudar no colexio máis próximo á súa casa durante o curso que vén. Os problemas na escolarización volven á actualidade, despois de que o pasado 31 de marzo os pais dos alumnos entregasen as últimas preinscricións para elixir o centro dos seus fillos. A pesar de que será a comisión de escolarización a que leve a cabo as admisións atendendo ao baremo, os nervios xa se comenzaron entre as familias.
Contrastes.
A imposibilidade de absorber toda a demanda dalgúns centros do casco da capital de Bergantiños contrasta con outros centros nos que a media de alumnos por aula é baixa. É o caso do San Luís Romero ou o colexio da Gandara de Sofán, que non chega os 70 alumnos. Coa nova zonificación, que está arrincando, espérase mellorar esta distribución tan desigual.

FEDERACION MUNICIPAL DE ANPAs DE CENTROS PUBLICOS DE CARBALLO.
«Presentamos un estudo en Educación fai tres anos advertindo do problema de prazas que ía haber». Encarna Herranz Presidenta da Federación de ANPAs de Centros Públicos de Carballo.
A presidenta da Federación de ANPAs de Carballo, Encarna Herranz, cre que a Delegación de Educación debería prever o problema da insuficiencia de prazas nos colexios. «O delegado coñece este tema, xa que tanto o Concello como a nosa Federación enviou toda a información, na que se advertía destes problemas, ademais, cónstanos que tanto o Alcalde como a Concelleira de Educación fixeron xestións para buscar solucións». Aínda así, a representante dos pais cre que as familias deben estar tranquilas, xa que ata que a comisión de escolarización non se reúna non hai nada seguro. «De momento, é mellor esperar a ver o que pasa, porque non hai ningunha decisión tomada. En realidade, o que nos molesta é que xa se sabía que este momento ía chegar, e non se tomaron solucións».
Desigualdades:
Cre que as desigualdades de servizos entre os centros do municipio, son unha das principais causas dos desaxustes entre a oferta e a demanda de prazas. «O que non é normal é que o colexio de Sofán estea baleiro e outros, como o Fogar saturados, nin que neste estuden 700 nenos e só haxa 200 prazas de comedor».

COLEXIO FOGAR.
O colexio Fogar, que é un dos centros educativos máis grandes de Galicia, recibiu este curso máis solicitudes. Os problemas máis graves sitúanse en primeiro de educación infantil (onde existen 50 prazas para 89 solicitudes), en segundo (cinco peticións para ningún posto) e no primeiro curso de primaria (hai 25 preinscricións e ningunha vacante). O director do centro, Fernando Garea, explicou que aumentaron as solicitudes con respecto ao ano anterior. «Cónstanos que a maior parte das peticións son de nenos da contorna do colexio, por iso esperamos que se lles dea unha solución porque existe moita incerteza. De todos os xeitos, será a comisión de escolarización a que se encarga deste asunto», explicou o responsable do centro.

COLEXIO BERGANTIÑOS.
No colexio Bergantiños, a directora indicaba onte que, no seu caso, hai máis solicitudes que prazas nos primeiros cursos de Primaria. «En tres anos parece que non vai haber demasiados problemas, pero aínda non podemos dicir nada, porque a comisión terá que estudar as solicitudes», apuntaba. Pero as matemáticas non fallan e se Educación non pon unha solución de cara o curso que vén, haberá máis solicitudes que prazas ofertadas. «Terán que facer algo, sobre todo cando xa sabían co que se ían atopar o curso que vén, que é cando se escolarizan os nenos nados fai tres anos co bum demográfico», queixábase unha nai de Carballo.

A CONCELLEIRA DE ENSINO.
Mar Eirís explicou que o inspector de zona está buscando solucións á falta de vacantes. A Concelleira de Educación de Carballo, Mar Eirís, explicou que tanto ela como o inspector educativo xa tiveron varias reunións para analizar a situación da escolarización no municipio. A edila explicou que unha das solucións que se está barallando sería a posibilidade de habilitar novas aulas no colexio Bergantiños. «Esa sería unha boa opción, xa que hai sitio, pero de momento está todo non aire, porque o cambio de goberno na Xunta pode paralizar un pouco máis o proceso». Con todo, pediu ás familias «tranquilidade. Prazas vai haber para todo o mundo, xa que se están buscando solucións». En canto o problema de Sísamo, Eirís anunciou que o inspector reunirase cos pais para tratar o problema que expón, aínda que insistiu en que o baremo na admisión sempre puntúa máis aos nenos con irmáns no centro.

A UNITARIA DE SISAMO.
Sete familias de Sísamo poderían quedar sen praza na súa escola, onde estudan nenos de Carballo. Un grupo de pais da parroquia carballesa de Sísamo poderían verse obrigados o curso que vén a ter que levar os seus fillos a un colexio do centro urbano de Carballo. O problema está en que a escola rural só oferta dúas prazas. «Sabemos que hai dous alumnos que son de Carballo e como teñen os seus irmáns xa no colexio, entrarán con prioridade sobre os nosos», explicaba onte un veciño. Os veciños de Sísamo están indignados con esta situación, e non están dispostos a matricular os seus pequenos noutro centro que non sexa o da súa parroquia. «Non puxemos máis colexios na solicitude, porque non nos parece xusto esta solución. A escola de Sísamo terá que ser para os nenos de Sísamo, é que non ten lóxica outra cousa, sobre todo cando é porque os que lles toca o San Luís Romero non lles dá a gana de ir».
Matrículas.
Este é un dos motivos polos que, nos últimos anos, a escola da parroquia chega ao tope de matrículas. Algúns dos nenos que estudan neste centro correspóndelles por zona A Milagrosa, pero algúns pais preferiron ter que coller o coche a levar, a pesar de que se trata do centro mellor equipado do municipio e, o contrario dos comentarios que circulan entre numerosas familias, a inspección educativa cualifícao como un dos centros menos problemáticos da zona. Agora, os irmáns deses alumnos que entraron fai un par de anos matricularanse por diante dos da propia parroquia. «O peor de todo é que nos din que non nos queixemos, que grazas os nenos de Carballo temos escola aquí en Sísamo, pero se non nola deixan utilizar, non sei para que a queremos», apuntaron. Os pais están á espera de ser recibidos polo inspector de zona.

COLEXIO SAN LUIS ROMERO.
No San Luís Romero aumentou de novo o número de preinscricións.
O colexio San Luís Romero recibiu o redor de dez solicitudes para o curso que vén. A pesar de que a cifra parece ridícula, a directora, María Luisa López, sentese moi satisfeita polo crecemento que está experimentando o centro. «Estamos contentos, porque cada vez son menos alumnos os que abandonan o colexio. Estamos nunha liña ascendente moi positiva». No colexio da Milagrosa hai 18 alumnos por aula, unha cifra coa que están moi contentos tanto os pais como os educadores. «Se nós estamos moi ben así, o que pasa é que nos doe que a xente fágase ideas equivocadas sobre o centro. Este curso tivemos 130 alumnos, o noso pico máis baixo foi de 98 e o máis alto de 160», apunta a educadora. E engadiu: «Este ano estou moi contenta porque temos dúas familias ás que lles tocaba ir a outro colexio e elixiron o noso. Iso é o que a min me enorgullece, que á xente non lle dea vergoña recoñecer que están a gusto aquí, porque a presión do pobo é moi poderosa».

O CONCELLEIRO LUIS LAMAS COMPROMETESE A REPARAR A RUA CAMILO JOSE CELA

A Anpa despois de enviar escrito o Concelleiro de Servizos do Concello de Carballo, reclamando a reparación urxente da vía dado o progresivo deterioro que está acontecendo e despois de pasar un tempo prudencial, púxose de novo en contacto o pasado venres co Concelleiro responsable Sr. Luis Lamas, o cal transmitiu o secretario da ANPA a dispoción por parte do Concello de arranxar o treito que está en pésimo estado da rúa camilo xosé cela a maior brevidade posible, estando só pendente que se aproben os trámites administrativos para empezar a reparación.
Agardamos que estos trámites se axilicen o máximo posible e poder contar ca rúa en perfecto estado para utilización de pais do colexio, veciños do barrio e transeumtes en xeral.
Xa que está a supoñer un perigo non só para os vehículos, senón para os viandantes, especialmente os nenos, por mor de que os coches expulsan as pedras dos baches con forza para as beirarruas.