5/4/09

O CONCELLEIRO LUIS LAMAS COMPROMETESE A REPARAR A RUA CAMILO JOSE CELA

A Anpa despois de enviar escrito o Concelleiro de Servizos do Concello de Carballo, reclamando a reparación urxente da vía dado o progresivo deterioro que está acontecendo e despois de pasar un tempo prudencial, púxose de novo en contacto o pasado venres co Concelleiro responsable Sr. Luis Lamas, o cal transmitiu o secretario da ANPA a dispoción por parte do Concello de arranxar o treito que está en pésimo estado da rúa camilo xosé cela a maior brevidade posible, estando só pendente que se aproben os trámites administrativos para empezar a reparación.
Agardamos que estos trámites se axilicen o máximo posible e poder contar ca rúa en perfecto estado para utilización de pais do colexio, veciños do barrio e transeumtes en xeral.
Xa que está a supoñer un perigo non só para os vehículos, senón para os viandantes, especialmente os nenos, por mor de que os coches expulsan as pedras dos baches con forza para as beirarruas.

No hay comentarios: