23/4/09

REMATOU O ARRANXO DA RUA CAMILO XOSE CELA

No día de hoxe remataron os operarios da empresa "Maracana", a reparación da rúa Camilo Xosé Cela. A actuación consistiu nun rego alfaltico e unha cubrición con gravilla, unha actuación puntual e que non cubre as prespectivas que se tiñan, por considerar que con esta actuación solucionase momentaneamente o problema, pero pensamos que no futuro voltaran a producirse os baches que existian ata hoxe.A ANPA, dirixirase o goberberno municipal, para que se inclua esta rúa na programación de actuacións do concello en melloras de vías públicas, para reparar a rúa cunha capa de aglomerado asfaltico, como se fixo no seu día ca rúa Blanco Amor, que é a paralela a camilo Xosé Cela e a entrada principal do colexio.
Agardamos que se teña en conta esta petición, xa que pensamos que as actuacións é mellor facelas unha vez e ben.

No hay comentarios: