29/3/09

A ANPA PARTICIPOU NO XURADO DA ELECCION DE CARBALLES, BERGANTIÑAN E GALEGO DO ANO


A Presidenta da ANPA, Begoña Pose, participou o sábado 28 na elección do Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano en Carballo.

Medio centenar de entidades avalan este ano os premios do Padroado Fogar de Bergantiños. As votacións do sábado foron das máis concorridas dos últimos anos.
Os premios Carballés, Bergantiñán e Galego do Ano 2008 xa teñen nomes e apelidos. Fina Rey, a Fundación Eduardo Pondal e Jorge Mira, foron os elixidos no salón de actos da parroquia de San Xoán Bautista, nunha das asembleas máis concorridas dos últimos anos, na que estiveron representadas 49 entidades dos sete municipios da comarca.
A primeira rolda de votacións para elixir Carballés non deixou lugar a dúbidas. Fina Rey arrasou con 38 votos, a pesar de que competía con outros oito candidatos, todos eles con motivos para ser elixidos. A elección da mestra carballesa, recentemente xubilada, foi unha das máis contundentes da historia dos premios, segundo recordaban os seus organizadores, os representantes do Padroado Fogar de Bergantiños, que cada ano encárganse de todo o proceso de convocatoria, votación e entrega dos galardóns.
Decidir entre os oito aspirantes a Bergantiñán foi máis difícil. Na primeira rolda xa despuntou a Fundación Eduardo Pondal, pero foi necesario recorrer a unha segunda para que Lida Remuiñán e Xusto Vitureira quedasen definitivamente descartados, polo menos por este ano.
O proceso foi moi parecido para elixir ao Galego. Jorge Mira xa conseguiu o 49% dos votos na primeira rolda, pero non superou a metade nin tivo un terzo máis que o segundo clasificado, polo que houbo unha nova votación na que xa acaparou o 55,3% das papeletas posibles.
O Padroado pasará agora ao seguinte tramo do proceso, que consiste en fixar cos premiados a data de entrega das figuras conmemorativas. O acto celébrase todos os anos no salón de plenos do Concello de Carballo.

Fina Rey, unha mestra implicada na educación.
Fina Rey Baldomir xubilouse o curso pasado tras unha longa etapa como directora do colexio Bergantiños e outra aínda máis longa de experiencia docente. Pero non só destacou pola súa dedicación aos alumnos, senón tamén pola súa implicación nos problemas sociais da capital de Bergantiños. Así, ocupa o cargo de vicepresidenta da asociación antidroga Vieiro, da que é, ademais, responsable de prevención. divulgou as escolas de pais e na actualidade dirixe o programa de apoio escolar Carballo de Arriba.




27/3/09

DIRECTIVOS DA ASOCIACION ACUDIRAN O 2º ENCONTRO DE ASOCIACIONS DO CONCELLO DE CARBALLO


Do mesmo xeito que na reunión anterior representantes da Anpa da Casilla, acudirán o encontro.
O centro social da parroquia de Berdillo, inaugurado fai un ano, acollerá mañá o encontro.
Mañá celebrarase a segunda edición do Encontro de Asociacionismo de Carballo. Da primeira fai só catro meses, pero naquela xuntanza que se levou a cabo nas instalacións de Aspaber, na Brea, chegouse ao acordo de organizar unha serie de reunións itinerantes polas distintas parroquias para «coñecer mellor o traballo que están a desenvolver as diferentes asociacións de todos os ámbitos». Nesta ocasión, o punto de encontro será o centro social de Berdillo, que, precisamente, vén de cumprir o primeiro aniversario da súa inauguración.
Deste xeito, os participantes terán como anfitrións aos representantes de todas as entidades que están operativas en Berdillo e que comparten ese novo edificio. As asociacións cultural e xuvenil de Arume, a de veciños, a Unión Democrática de Pensionistas, a comisión de festas, o consello parroquial e as deportivas San Lorenzo e Veteranos darán a coñecer o seu traballo a todos os asistentes.

As xornadas concíbense como un foro no que os diferentes colectivos poden coñecer experiencias diversas e atopar puntos en común que lles permitan traballar dun xeito coordinado e en equipo. Neste caso, as iniciativas que se porán sobre a mesa serán as que se desenvolven en Berdillo, pero tamén intervirá o sociólogo Jorge Fente Balsa, experto en dinámicas de participación e en grupos sociais, que coordinará un obradoiro de traballo colectivo para proxectos comúns entre asociacións e explicará as dinámicas en rede e os pasos que se deben dar para procurar accións comúns de futuro entre asociacións.
No primeiro encontro participaron arredor de 30 entidades. Para a cita de mañá quedan convidadas tamén todas as que non puideron estar presentes na xuntanza do pasado mes de novembro en Aspaber.

26/3/09

A ANPA ACUDIRA A REUNION DA FEDERACION MUNICIPAL DE CENTROS PUBLICOS PARA ANALIZAR O PROGRAMA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO


O representante da nosa ANPA, acudirá este venres a reunión da Federación da Asociación de Pais de Alunmos de Centros Públicos de Carballo.

Transmitirase os demáis compañeiros a necesidade de proxectar con antelación por parte do Concello as actividades extraescolares e que sexán adaptadas a cada centro, primando actividades lúdicas sobre regladas, xa que se considera que os nenos xa pasan bastantes horas nas aulas.
Tamén terase que matizar que para o vindeiro curso non se sabe si se seguirá ofertando estas actividades, xa que se ten que agardar as disposicións do novo goberno da Xunta.
Si se seguiran celebrando sería de interes que estas se programasen a principio de curso , para planificar as actividades desenvolvidas polas anpas, así como para que os pais poidan decidir a asistencia dos nenos a estas actividades, e non que o teñan que decidir a metade de curso.
Outro tema é o da apertura dos centros que no caso do noso colexio non se levou adiante.
E tamén clarificar a información aparecida no xornal a voz de galicia no dia de hoxe, da que non se comparte na súa integridade.

TEXTO DA NOTICIA PUBLICADA NA "VOZ DE GALICIA"
O programa de apertura dos colexios de Carballo tamén prevén o absentismo escolar Ata final de curso celebraranse obradoiros en todos os centros.
O Concello de Carballo puxo en marcha a principios de curso o programa de apertura dos centros escolares fora do horario lectivo. O obxectivo inicial era manter accesibles as instalacións deportivas dos colexios para que tanto os alumnos como o resto dos cidadáns puidesen rendibilizalas mediante a práctica de actividades deportivas unha vez que termina a xornada académica. Pero esa primeira intención completouse, grazas á colaboración económica da Consellería de Educación da Xunta, cunha serie de actividades encamiñadas a favorecer o aproveitamento do tempo de lecer dos estudantes e a promover estilos de vida saudables e modelos de actuación ante situacións que se lles poidan expor na vida cotiá.
A subvención de 21.607 euros concedida ao Concello permitiu pór en marcha actividades deportivas, artísticas, de saúde, lecer e tempo libre. E agora, ata final de curso, fará posible a celebración de obradoiros nos centros de infantil, primaria e secundaria. Nestes momentos, os talleres celébranse no CRA Ponche dá Pedra e na maior parte dos colexios e institutos do municipio. A concelleira de Educación, Mar Eirís, destaca que as propostas concretas foron elixidas mediante reunións cos equipos directivos e as asociacións de nais e pais de alumnos de cada un dos centros, o que permite adaptalas ás necesidades dos participantes. Talleres de animación, de resolución de conflitos, de acompañamento e de reforzo son algunhas das iniciativas que se están levando a cabo, pero unha parte fundamental do programa, segundo explicou Mar Eirís, céntrase na prevención do fracaso escolar, do absentismo e do abandono temperán dos estudos, e desenvolverase tanto nos colexios de infantil e primaria como nos institutos. Neste sentido, desde o Concello de Carballo tamén se promoveu a elaboración dun protocolo de actuación nos casos de absentismo escolar no que están implicados o departamento de Servizos Sociais, a Policía Local e os centros educativos do municipio.
(Pulse aquí para acceder o xornal).

25/3/09

VOZ NATURA


Os centros educativos da zona teñen ata o día 31 para inscribirse na nova edición de Voz Natura
Os colexios e institutos da Costa da Morte teñen ata o vindeiro martes para presentar os seus proxectos ambientais para participar na nova edición do programa Voz Natura, que promove a Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre.
Poderán participar os centros educativos de todos os niveis, así como asociacións. Para iso, simplemente teñen que presentar os seus traballos de actuación ecolóxica enchendo un sinxelo formulario aloxado na web do programa, www.voznatura.es, onde tamén se poderán consultar as bases.
O eixo central da nova edición, que este ano chegará á súa decimotercer aniversario, será a protección da biodiversidade nos ecosistemas galegos, da man de campañas internacionais que se están realizando sobre este tema. De feito, Voz Natura xa se adheriu á iniciativa Conta Atrás 2010, auspiciada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza. O comité científico, que estudará os proxectos valorará especialmente as accións de protección de flora e fauna autóctona, as recuperación e coidado de ecosistemas e a loita contra o cambio climático.
Tamén terán prioridade os traballos que inclúan calquera tipo de acción directa sobre o medio. A principios de xuño farase pública a lista de admitidos. Patrocinadores Voz Natura conta co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Deputación da Coruña, Sogama e Leite Celta.

11/3/09

A ANPA SOLICITARA O CONCELLO A VIXIANCIA DAS INSTALACIONS DO COLEXIO

A Anpa, entregará este xoves no concello por escrito as queixas dos reiterados actos vándalicos que se veñen producindo no colexio.

No escrito dirixido o Alcalde do Concello de Carballo, ponse de manifesto que de novo as instalacións do colexio veñen sufrindo, sobre todo os fins de semana usos indebidos, ( o que se constata por tódolos pais os luns e por membros dá Xunta Directiva dá ANPA que veñen de facer un seguimento do problema) cando aparecen nos patios cubertos restos de bolsas, botellas de alcol, vasos de plástico, cabichas de cigarrillos, mexadas nas paredes, roturas de botellas de cristal, pintadas nas paredes, etc.

Estes feitos están producidos pola presenza nas instalacións de mozos e mozas, que fan un uso indiscriminado dás mesmas a diario, así como nas fins de semana, sobre todo os sábados onde celébranse botellóns e reunións de pandillas.

Non fai falta ir máis lonxe para ver as pintadas que se fixeron na parede dás aulas de educación infantal, con textos "groseiros", que por certo agardamos que o Concello lle dea unha solución difinitiva.

Pero máis alá dá estética o que nos está a preocupar é a saude dos alumnos e máis en concreto os de infantil, que son os usuarios habituais deste patio.

Por tal motivo a ANPA esixe o concello a presenza dá policia local nas súas roldas para vixiar as instalacións e impedir polo día a presenza de persoas non autorizadas no colexio ou que esteán a desenvolver actividades non deportivas, e pola noite a non presenza de ningunha persoa.

Agardamos que esta queixa se teña en conta e rematemos unha vez máis con estas problemáticas que están a degradar as instalacións públicas e máis en concretos as educativas.

2/3/09

DE NOVO PIDESE UNHA VEZ MAIS A REPARACION O CONCELLO DA RUA CAMILO XOSE CELA

A ANPA volve a demandar o Concello a reparación da rúa Camilo Xosé Cela, pola nova aparición de baches. polo que enviou un escrito o Concello ca seguinte exposición:

EXPOÑEN.-
Que con data 10 de novembro de 2008, mandouse a mesma petición de reparación, a cal se efectuou, pero na actualidade a rúa Camilo Xosé Cela, presenta desde o seu principio o fin, unha serie de baches, que están a producir de novo o levantamento do firme, o que está a xenerar que se acumulen pedras na rúa e beirarúas, co risco que conleva para as persoas e os vehiculos aparcados, xa que o paso dos automóviles estes collen as pedras mencionadas as que son lanzadas para os laterais, co risco que supón para as persoas e bens.
Tamén temos que ter en conta que é unha vía con bastante tráfico, pola existencia do garaxe mancomunado dos edificios existentes con entrada única por esta rúa, pola circulación dos cohes que traen os nenos o colexio da cristina, polo aparcamento realizado polo Concello na explanada posterior o colexio e por ser un lugar de aparcamento e paso dos vehículos que acuden regularmente ás instalacións do tanatorio que está nas proximidades como lle comunicamos en ocasións anteriores.

Por todo o exporto,

SOLICITAN.-
A maior brevidade posible a retirada destas pedras e a reparación dos baches existentes na rúa. Tamén manifestar que se teña en conta un novo asfaltado da vía, por ter esta a necesidade o estar cuarteada, xa que con anterioridade procedeuse a reparación dos baches en varias ocasións e volveron a reproducirse o pouco tempo.

Agardando poder contar cunha rápida solución, reciba un afectuoso saúdo dos colectivos a quen repesentamos.

Carballo, 03 de marzo de 2009

SR. CONCELLEIRO DE OBRAS E SERVIZOS CONCELLO DE CARBALLO Carballo

3

2

1