27/3/09

DIRECTIVOS DA ASOCIACION ACUDIRAN O 2º ENCONTRO DE ASOCIACIONS DO CONCELLO DE CARBALLO


Do mesmo xeito que na reunión anterior representantes da Anpa da Casilla, acudirán o encontro.
O centro social da parroquia de Berdillo, inaugurado fai un ano, acollerá mañá o encontro.
Mañá celebrarase a segunda edición do Encontro de Asociacionismo de Carballo. Da primeira fai só catro meses, pero naquela xuntanza que se levou a cabo nas instalacións de Aspaber, na Brea, chegouse ao acordo de organizar unha serie de reunións itinerantes polas distintas parroquias para «coñecer mellor o traballo que están a desenvolver as diferentes asociacións de todos os ámbitos». Nesta ocasión, o punto de encontro será o centro social de Berdillo, que, precisamente, vén de cumprir o primeiro aniversario da súa inauguración.
Deste xeito, os participantes terán como anfitrións aos representantes de todas as entidades que están operativas en Berdillo e que comparten ese novo edificio. As asociacións cultural e xuvenil de Arume, a de veciños, a Unión Democrática de Pensionistas, a comisión de festas, o consello parroquial e as deportivas San Lorenzo e Veteranos darán a coñecer o seu traballo a todos os asistentes.

As xornadas concíbense como un foro no que os diferentes colectivos poden coñecer experiencias diversas e atopar puntos en común que lles permitan traballar dun xeito coordinado e en equipo. Neste caso, as iniciativas que se porán sobre a mesa serán as que se desenvolven en Berdillo, pero tamén intervirá o sociólogo Jorge Fente Balsa, experto en dinámicas de participación e en grupos sociais, que coordinará un obradoiro de traballo colectivo para proxectos comúns entre asociacións e explicará as dinámicas en rede e os pasos que se deben dar para procurar accións comúns de futuro entre asociacións.
No primeiro encontro participaron arredor de 30 entidades. Para a cita de mañá quedan convidadas tamén todas as que non puideron estar presentes na xuntanza do pasado mes de novembro en Aspaber.

No hay comentarios: