26/3/09

A ANPA ACUDIRA A REUNION DA FEDERACION MUNICIPAL DE CENTROS PUBLICOS PARA ANALIZAR O PROGRAMA DE ACTIVIDADES EXTRAESCOLARES DO CONCELLO


O representante da nosa ANPA, acudirá este venres a reunión da Federación da Asociación de Pais de Alunmos de Centros Públicos de Carballo.

Transmitirase os demáis compañeiros a necesidade de proxectar con antelación por parte do Concello as actividades extraescolares e que sexán adaptadas a cada centro, primando actividades lúdicas sobre regladas, xa que se considera que os nenos xa pasan bastantes horas nas aulas.
Tamén terase que matizar que para o vindeiro curso non se sabe si se seguirá ofertando estas actividades, xa que se ten que agardar as disposicións do novo goberno da Xunta.
Si se seguiran celebrando sería de interes que estas se programasen a principio de curso , para planificar as actividades desenvolvidas polas anpas, así como para que os pais poidan decidir a asistencia dos nenos a estas actividades, e non que o teñan que decidir a metade de curso.
Outro tema é o da apertura dos centros que no caso do noso colexio non se levou adiante.
E tamén clarificar a información aparecida no xornal a voz de galicia no dia de hoxe, da que non se comparte na súa integridade.

TEXTO DA NOTICIA PUBLICADA NA "VOZ DE GALICIA"
O programa de apertura dos colexios de Carballo tamén prevén o absentismo escolar Ata final de curso celebraranse obradoiros en todos os centros.
O Concello de Carballo puxo en marcha a principios de curso o programa de apertura dos centros escolares fora do horario lectivo. O obxectivo inicial era manter accesibles as instalacións deportivas dos colexios para que tanto os alumnos como o resto dos cidadáns puidesen rendibilizalas mediante a práctica de actividades deportivas unha vez que termina a xornada académica. Pero esa primeira intención completouse, grazas á colaboración económica da Consellería de Educación da Xunta, cunha serie de actividades encamiñadas a favorecer o aproveitamento do tempo de lecer dos estudantes e a promover estilos de vida saudables e modelos de actuación ante situacións que se lles poidan expor na vida cotiá.
A subvención de 21.607 euros concedida ao Concello permitiu pór en marcha actividades deportivas, artísticas, de saúde, lecer e tempo libre. E agora, ata final de curso, fará posible a celebración de obradoiros nos centros de infantil, primaria e secundaria. Nestes momentos, os talleres celébranse no CRA Ponche dá Pedra e na maior parte dos colexios e institutos do municipio. A concelleira de Educación, Mar Eirís, destaca que as propostas concretas foron elixidas mediante reunións cos equipos directivos e as asociacións de nais e pais de alumnos de cada un dos centros, o que permite adaptalas ás necesidades dos participantes. Talleres de animación, de resolución de conflitos, de acompañamento e de reforzo son algunhas das iniciativas que se están levando a cabo, pero unha parte fundamental do programa, segundo explicou Mar Eirís, céntrase na prevención do fracaso escolar, do absentismo e do abandono temperán dos estudos, e desenvolverase tanto nos colexios de infantil e primaria como nos institutos. Neste sentido, desde o Concello de Carballo tamén se promoveu a elaboración dun protocolo de actuación nos casos de absentismo escolar no que están implicados o departamento de Servizos Sociais, a Policía Local e os centros educativos do municipio.
(Pulse aquí para acceder o xornal).

No hay comentarios: