28/12/08

COMISION DE COORDINACION PEDAGOXICA


A Comisión de Coordinación Pedagóxica
A Comisión de Coordinación Pedagóxica é un órgano fundamental na vida do Centro. Coordina de forma habitual e permanente a labores docentes do profesorado, dos ciclos, dos titores e especialistas, das actividades lectivas: docentes, complementarias, extraescolares... Coordina todos os traballos académicos e a actividade lectiva do Centro.

A Comisión reúnese mensualmente e a súa composición é a seguinte:
-Presidente: Director.
-Xefe de estudos.
-Coordinadores dos Ciclos.
-Orientador.
-Profesor de Pedagoxía Terapéutica.
Dentro da Comisión de Coordinación Pedagóxica pode ser formada, como subcomisión, a Unidade de Apoio Educativo, constituída polo Orientador do Centro, Logopeda e Profesorado de Pedagoxía Terapéutica e Xefe de Estudos.

Tamén poden participar outros profesionais non docentes como os coidadores ou auxiliares de hábitos de autonomía persoal.


Funcións e competencias da Comisión de Coordinación Pedagóxica:
-Establecer as directrices xerais para elaborar e revisar os Proxectos curriculares de etapa, así como dirixilos e coordinalos.
-Asegurar a coherencia entre o Proxecto Educativo do Centro, os Proxectos curriculares e a Programación Xeral Anual, así como propor ao Claustro a súa avaliación, aprobación e modificacións.
-Velar polo cumprimento dos Proxectos curriculares na práctica docente, así como a súa avaliación.
-Propor ao claustro a planificación das sesións de avaliación e cualificación.
-Elaborar a organización da orientación educativa e do Plan de Acción Tutorial.
-Elaborar propostas de criterios e procedementos para as adaptacións curriculares e plans sobre a diversidade do alumnado.
-Propor ao Claustro o Plan de formación do profesorado. Elevar ao Consello Escolar informes sobre o propio funcionamento, na memoria final.

No hay comentarios: