2/12/08

COMUNICADO QUE NOS MANDA A DIRECCION DO CENTRO DE GALICIA BILINGÜE


Galicia Bilingüe solicita a gratuidade dos libros de texto en castelán.
Cincocentos proxenitores sumáronse o xoves á presentación de escrtitos de Galicia Bilingúe para demandar o dereito a usar os libros en castelán e a utilizalo oralemnete e por excrito no aula.
Galicia Bilingüe solicitou formalmente hoxe á Consellería de Educación que inclúa os libros de texto en castelán no programa de gratuidade desenvolvido por esa Administración.
A pesar do recoñecemento expreso por parte da Inspección Educativa e da Delegación da Coruña do dereito a usar os libros en castelán e a utilizalo oralmente e por excrito no aula como lingua de estudo a dous escolares de Pontedeume, posicionamento que derivou da presentación dun escrito elaborado por Galicia Bilingüe, en realidade en toda Galicia séguese obrigando aos alumnos a usar case exclusivamente o galego nas aulas.
Por iso, a asociación contraria á imposición lingüística que promove o Goberno de Emilio Pérez Touriño dirixiuse hoxe á Consellería para que emita un pronunciamiento público que deixe clara a existencia do referido dereito e que ademais admita que os escolares que opten por esta lingua teñan tamén acceso ao referido programa de gratuidade, restrinxido ata agora aos libros en galego para as materias impartidas nese idioma.
Paralalemente a esta petición, 500 proxenitores da área da Coruña sumáronse hoxe aos ao redor de dous mil que xa o pasado 21 de outubro presentaron os escritos elaborados por Galicia Bilingüe nas oficinas da Inspección Educativa de cinco cidades galegas para que se permita aos seus fillos elixir o idioma, tanto para o material didáctico como para o seu uso oral en clase ou a realización de probas e exames. Esta alegación dos pais, que xa dera os seus froitos nos casos citados de Pontedeume, derívase do feito de que na práctica totalidade dos colexios obrígase continuamente aos alumnos a usar o galego existindo centros nos que se baixan as cualificacións a quen usa o español. No escrito reivindicativo entregado ante a Inspección apélase ao Estatuto de Autonomía, ao propio Decreto que regula o uso do galego no ensino, a un ditame do Consello Consultivo de Galicia ou a doutrina fixada polo Tribunal Constitucional respecto diso para defender o dereito de elección do idioma de estudo por parte dos alumnos, excepto para as clases e actividades relacionadas cunha determinada lingua, como as materias de Inglés, Lingua Galega ou Lingua Castelá.
Galicia Bilingüe está remitindo ás APA unha carta para informar aos pais deste dereito e do escrito remitido a Educación demandando a gratuidade dos libros de texto en español. Galicia Bilingüe ofrece asesoramento gratiuto aos pais que o necesiten a través da súa páxina web.


No hay comentarios: