23/4/10

O CONCELLO REMATA A LIMPEZA DE PINTADAS OFENSIVAS NO COLEXIO A PETICION DA ANPA

As 10´15 da mañan , procedeuse a limpeza da pintada "OFENSIVA"existente no patio de infantil,no día de onte xa se procedera a limpar parte dela e hoxe despois de volver a usar produtos especiais, tamén procedeuse a súa limpeza con auga a presion, neste caso ca colaboración do coche bomba de protección civil.

A ANPA, quere agradecer o Sr. Guillín, concelleiro que representa o concello no noso colexio, a premura con que foi acometida esta actuación, despois da petición que lle fixo a ANPA.

Agradecer o Concelleiro, a brigada de obras, protección civil e a jesús o noso conserxe a contribución nesta tarefa.



Agardamos que non se volvan a producir actos como estes, que o único que contribuen é a degradación das instalacións.
A ANPA, tamén trasladou o Concello a necesidade de máis vixilancia das instalacións, de este tema vaise a realizar unha queixa formar nos vindeiros días.
.

22/4/10

POR FIN, LIMPEZA PINTADAS NO COLEXIO

No dia de hoxe ás 14´00h. procedeuse por parte da brigada de obras a limpeza da pintada "ofensiva" que había na parede do patio de infantil.

Procedeuse a aplicar un potente decapante para poder borrar a pintada realizada con "spray", para logo aplicarlle auga a presión, o ser unha parede rugosa foi más complexo que nunha lisa.

Nunha primeira fase daráselle as palabras "mal sonantes" e despois procederase a limpar toda a parede.

Esta actuación xa levaba moito tempo pendente despois de realizar outras probas de limpeza, ya que polo texto escrito na parede, é ofensivo e un mal exemplo para os nenos.
Desde a ANPA, agradecer o concello esta actuación e agardamos que cando se produzan actuacións vandalicas como esta, se proceda a correxilas con maior dilixencia por parte dos responsables do colexio.
.

20/4/10

A ANPA CREA DOUS ESPAZOS EN FACEBOOK

DENTRO DA ADAPTACION QUE TEN A ANPA A CASILLA AS NOVAS TECNOLOXIAS E A INFORMACION, CREAMOS DOUS ACCESOS A REDE SOCIAL FACEBOOK.

Por un lado desde este bloc podese acceder a rede ANPA A CASILLA, destinada a pais, nais, titores e publico en xeral, para facer unha comunidade na que podamos estar todos o tanto con novas e intercambiando opinións, etc.

ANPA A CASILLA:

http://www.facebook.com/profile.php?v=wall&ref=nur&id=100000961582287.

Por outra banda tamén acabamos de crear ANPA JUNIOR A CASILLA, onde os rapaces e rapazas tamén poden formar parte de este espazo e intercomunicarse entre eles. Neste espazo só teran presenza eles e elas.

ANPA JUNIOR A CASILLA:
http://www.facebook.com/profile.php?id=100001019266028&ref=profile


Agardamos que estas dúas ferramentas sirvan por un lado para achegar os maiores as TICs e por outra banda os rapaces e rapazas, aparte dos seus espazos, teñan un, onde poidan atopar os seus compañeiros e compañeiras.

Pois a facerse amigos e amigas todos e todas.

.

15/4/10

SOLICITUDE DE ADMISION DE ALUMNOS NO COLEXIO PARA O CURSO 2010-2011

INFORMACIÓN SOLICITUDES NO PROCESO DE ADMISIÓN DE ALUMNADO PARA O CURSO 2010/2011


AS LISTAXES PROVISORIAS PUBLICARANSE O DÍA 30 DE ABRIL NO TABOLEIRO DE ANUNCIOS DO COLEXIO.

.

6/4/10

APRENDER PARA EDUCAR

A Concelleria de Ensino do Concello de Carballo, en colaboración cas ANPAs de carballo, elaborou como en anos anteriores o programa APRENDER PARA EDUCAR, aberto a participación de tódolos pais, nais, titores e público en xeral.

Desde a ANPA, ANIMAMOS A TODOS E TODAS para que acudades a estas charlas que son de gran interese para a formación nosa de cara os nenos e nenas.

Adxuntamos o programa con datas e días, estas charlas desenvolveranse no pazo da cultura de carballo.








.

5/4/10

OS MERCORES COMPETICIONS INTERCENTROS, ENTRAMOS AS NOVE NO COLEXIO

Con motivo da posta en marcha por parte da ANPA e do Patronato Deportivo Municipal, das competicións intercentros dentro do convenio ca Secretaria Xeral de Deporte Galego da Xunta de Galicia.
E unha vez recibida a autorización da Delegación Territorial da Conselleria de Educación da Xunta de Galicia na Coruña e ser aprobada anteriormente no Consello Escolar do colexio, este mércores darán comenzo as competicións.
Por este motivo a partir deste mércores os xoves só terán os nenos e nenas clase pola mañán e a entrada pola mañán no colexio será ás 9´05h.

.