25/3/09

VOZ NATURA


Os centros educativos da zona teñen ata o día 31 para inscribirse na nova edición de Voz Natura
Os colexios e institutos da Costa da Morte teñen ata o vindeiro martes para presentar os seus proxectos ambientais para participar na nova edición do programa Voz Natura, que promove a Fundación Santiago Rei Fernández-Latorre.
Poderán participar os centros educativos de todos os niveis, así como asociacións. Para iso, simplemente teñen que presentar os seus traballos de actuación ecolóxica enchendo un sinxelo formulario aloxado na web do programa, www.voznatura.es, onde tamén se poderán consultar as bases.
O eixo central da nova edición, que este ano chegará á súa decimotercer aniversario, será a protección da biodiversidade nos ecosistemas galegos, da man de campañas internacionais que se están realizando sobre este tema. De feito, Voz Natura xa se adheriu á iniciativa Conta Atrás 2010, auspiciada pola Unión Internacional para a Conservación da Natureza. O comité científico, que estudará os proxectos valorará especialmente as accións de protección de flora e fauna autóctona, as recuperación e coidado de ecosistemas e a loita contra o cambio climático.
Tamén terán prioridade os traballos que inclúan calquera tipo de acción directa sobre o medio. A principios de xuño farase pública a lista de admitidos. Patrocinadores Voz Natura conta co patrocinio da Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostible, a Deputación da Coruña, Sogama e Leite Celta.

No hay comentarios: