29/4/09

AVISO DA INSPECCION EDUCATIVA SOBRE A NOVA GRIPE H1N1


A inspeción educativa mandou un escrito as direccións dos colexios en referencia a problemática da NOVA GRIPE, E NA PROCURA DE EVITAR POSIBLES CONTAXIOS, POR TAL MOTIVO INFORMASE ÁS FAMILIAS QUE VIAXARON RECENTEMENTE AO LUGAR DE ORIXE DA INFECCION (MEXICO) OU VIÑERAN DO LUGAR DE ORIXE E QUE PRESENTEN SINTOMATOLOXÍAS DA ENFERMIDADE O COMUNIQUEN A MAIOR BREVIDADE PARA POÑELO EN COÑECEMENTO DAS AUTORIDADES EDUCATIVAS E SANITARIAS.
¿QUE E A GRIPE PORCINA?
A gripe porcina ou influenza porcina é unha enfermidade infecciosa causada por calquera virus pertencente á familia Orthomyxoviridae e que resultou endémica en poboacións porcinas. Estas cepas virales, coñecidas como virus da influenza porcina ou SIV (polas siglas en inglés de «Swine Influenza Viruses») foron clasificadas en Influenzavirus C ou nalgún dos subtipos do xénero Influenzavirus A (sendo os máis coñecidos H1N1, H1N2, H3N1 e H3N2).

As persoas que traballan con aves de curral e con porcos, especialmente aquelas que se achan expostas intensamente a este tipo de animais, teñen maior risco de infección no caso de que estes porten algunha cepa viral que tamén sexa capaz de infectar aos humanos. Os SVI poden mutar nun estado que lles permite ser contaxiados de persoa a persoa. Crese que o virus responsable do brote de gripe porcina de 2009 sufriu desta mutación. Os síntomas da enfermidade son moi parecidos aos da gripe, figurando calafríos, febre, faringitis, dores musculares, fortes dores de cabeza, tose, cansazo e malestar xeral, como os principais percepcións médicas vinculadas con esta. (PARA AMPLIAR NOTICIAS FAI CLIK SOBRE OS TEXTOS AZUIS).

MOI IMPORTANTE, O CONTAXIO DESTA ENFERMIDADE NON E POR COMER CARNE DE PORCO, POR TAL MOTIVO NON SE TEN QUE ALARMAR UN E PODESE COMER TODALAS VARIEDADES DO PORCO.


No hay comentarios: