28/6/10

ASEMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA "A CASILLA"


No día de hoxe e sendo ás 10´00h en primeira convocatoria, e agardando a segunda convocatoria as 10´30, polo que se procediu a REUNION XERAL ORDINARIA DA ANPA "A CASILLA", no segundo andar, aula 4 do pazo da cultura de carballo.

1.-LECTURA E APROBACION SE PROCEDE DAS ACTAS ANTERIORES.

Iniciou a sesión a Presidenta dando a palabra o secretario que conforme a orde do día procedeu a dar lectura a acta da asemblea anterior e da do 23 de febreiro de 2010. a que foi aprobada por tódolos presentes por unanimidade.

2.-INFORME DA PRESIDENCIA.

no que se fai unha valoración do curso 209-2010. destacando os seguintes aspectos.

  • Que a reunión celébrase nesta data por estar pendentes dunha resposta do Claustro de profesores, sobre a reunión mantida a petición da ANPA sobre ás actividades estraescolares, unha vez recibida a resposta e despois de reunirse a xunta directiva convocouse a asamblea mediante nota informativa no tablón de anuncios do colexio e no blog, por falta de tempo para mandar nota como sempre e o lugar porque no se ten que agardar contestación e facilitan o mesmo día o local, e por non molestar no colexio por ter rematada a actividade lectiva.
  • Que foi un ano duro na convivencia no colexio especialmente pola implanración da "Xornada en sesión única de mañán", o que levou a malestares entre partidarios e detractores e tamén de aqueles que se mativeron o marxen como foi no caso da ANPA, que en vez de entenderse a sua postura neutral, xa que representa a pais con unha e outra posición, se lle achacaron comentarios desproporcionados e fora de lugar os seus directivos.
  • En liñas xerais valoración positiva do curso académico, a esperas de que se lle entregue a ANPA a "MEMORIA DE FINAL DE CURSO" DO CEIP "A CRISTINA", como nota negativa o caso preocupante do tutor de 6º Curso.
  • Tamén no apartado positivo, manifestar o cambios nas relacións neste curso ca Xefa de Estudos e o Secretario do colexio, que desde a Directiva da ANPA, calificanse como moi boas.
  • Outro tema a destacar foi a revindicación do profesor de PT, que o final aínda que non veu un novo a ANPA, considera satisfatorio as medidas adoptadas pola Xefa Territorial da Coruña, da Conselleria de Educación, a que nos transmitiu as súas decisións e as que nós entendemos lóxicas, como foi o aproveitamento do profesorado para dar as clases de apoio e a profesora de PT, que se adicara os casos diagnosticados.
  • Neste punto a Presidenta informa que neste curso causan baixa na Dirección da ANPA, a Presidenta: Dona Begoña Pose, a Vicepresidenta, Dona Sonia Reigia e a Vogal Dona Purificación Rey, como consecuencia de marchar os seus fillos do colexio. Proponse os presentes como nova Presidenta a Dona Inés Vallebona, como Secretario a Don Xosé María Arán e como Tesoreiro a Don Celestino Pallas e os Vogais correspondentes. Procedese a votación e aprobase por unanimidade.
  • Agradecese a confianza e manifestase polo secretario que para o vindeiro curso celebraránse novas eleccións a Xunta Directiva da ANPA.

3. INFORME DE TESORERIA.

Por disculpas por asuntos laborais do tesoreiro informa sobre este apartado a Presidenta. a que presenta a Asemblea o estracto bancario e as contas a data de 30-6-2010, aclarando os ingresos e gastos e poñendo a disposición dos presentes, procedese a aprobación das contas o que se fai por unanimidade.

4. INFORME DO SECREATRIO AS XESTIONS EFECTUADAS , ACTIVIDADES, AXENDA E ASUNTOS ESCOLARES.

  • Procedese a relatar por datas desde o 29 de setembro ata o 16 de xuño de todas as xestións realizadas pola anpa.
  • Procedese a informar a todolos presentes dos asuntos deliberados neste curso escolar no Consello Escolar do colexio, en especial o do 5 de febreiro de 2010, a opreguntas de varias socias, no que o sr. arán da lectura literal da súa intervención en relación o profesor de 6º D. Antonio Corbelle, escrito que foi entregado despois do Consello Escolar a ANPA.

5. PROXECTO DE ACTIVIDADES PARA O VINDEIRO CURSO.

  • Pasase a detallar a postura da Xunta Directiva da ANPA, sobre a non organización das actividades extraescolares da xornada única en sesión de mañan, mantendo a mesma coherencia que se viña facendo.
  • Procedese a ratificar o exposto e como consecuencia a ANPA presenta o seu PROXECTO "ESCOLA ABERTA", para o desenvolvemento e organización das súas propias actividades o que é comentado entre os presentes, estando pendente dunha serie de reunións para clarificar algúns dos aspectos enumerados.
  • No apartado de actividades pidese a todolos presentes e anímaselles para que leven os seus fillos as actividades extraescolares que se organicen no colexio, como un ben necesario para o alumnado.
  • Tamén a porposta dos presentes ponse as 16´30 h. como comenzo das actividades da ANPA, esto sempre tendo en conta que sexa viable para a empresa que se vai encargar do tema, deixando a Xunta Directiva a potestade de poder cambiar o horario.
  • Procedese a votar o punto 5 na súa entregridade por decisión da Asemblea o que é aprobado por unanimidade.

6.-INFORME E PROBLEMAS DE ESCOLARIZACION NENAS E NENOS DE 6º CURSO NO IES "MONENEME".

  • Procedese a informar por parte do secetario da ANPA, dos feitos acontecidos no consello escolar do 5 de febreiro de 2010, así como a seguinte baixa médica do profesor o mesmo día e a súa posterior petición de traslado de centro.
  • Procedese a informar da reunión mantida co equipo directivo para seguimento do caso e evaluar os resultados académicos dos nenos, o que aínda estamos a esperar a valoración dos resultados oficiais, aínda que estraoficialmente xa sabemos todos cales son.
  • Reunión do secretario e anpa do monteneme ca dirección do I.E.S. para coordinar accións conxuntas.
  • Reunión do secretario anpa e presidenta anpa monteneme con docentes do 1º ciclo da ESO para coordinar accións.
  • Petición de intervención o Parlamentario galego D. Alberto Sueiro para que interceda no tema.
  • Petición de intervención o Xefe Territorial de A Coruña de Cultura, Don Manuel Varela para que interceda no tema, como profesor en excedencia do centro.
  • Entrevista co Inspector de Secundaria do secretario da ANPA e a Presidenta da ANPA do Montemneme donde se lle explicou este caso e os problemas que se van ter cos repetidores, nenos diagnosticados con problémas, etc e a petición de unha terceira aula no Monteneme.
  • Agardar a designación final de prazas de profesorado en secundaria, para que o inspector nome os dous docentes necesarios para habilitar a terceira aula.
  • Se non fose así decisión das tres anpas do I.E.S. Monteneme, a Cristina e A Gandara-Sofán, de non levar os nenos a clase ata que se solucione a habilitación da aula.

7.- ROGOS E PREGUNTAS.

Procedese polos presentes a un intercambio de impresións e aclaracións por parte da Xunta Directiva e remata a Asamblea ás 12´00h.

.


No hay comentarios: