18/11/09

O DIA 17 CELEBROUSE UNHA REUNION CA XEFA TERRITORIAL DE EDUCACION DA CORUÑA POLO PROFESOR/RA DE PT

Onte celebrouse na Delegación Provincial de A Coruña da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia unha reunión ca Xefa Territorial da Consellería de Educación na Coruña, María Teresa Villaverde. A esta reunión asistiu por parte da ANPA, Xosé María Arán, tamén asistiron o Director do colexio, a orientadora e unha nai dun neno afectado.
A Xefa Territorial escoitou os argumentos de tódolos asistentes a reunión e convocou unha nova reunión na que se terá analizado tódolos pormenores do caso.
Como lineas xerais manifestou que a Profesora de PT do colexio tíñase que dedicar en exclusiva os nenos diagnosticados con probleáticas especificas a tratar por este profesional e outros casos con problemáticas de orde menor terán que ser atentidos polos tutores e profesores.
Por tal motivo manifestou que estudiará os horarios do profesorado para poder evaluar a disposición de estos, para que se realicen os apoios necesarios o alumnado que así o precise.
Tamén manifestounos que o colexio tiña un profesor a maiores do catálogo, neste caso manifestou o Director que era el e está en comisión de servicios, que aínda que ten praza asignada noutro colexio, o concursar a Dirección e serlle aprobada, era o docente que estaba a maiores.
Por parte do representante da ANPA, manifestouselle a Xefa territorial que os informes realizados pola Dirección, a Orientadora e o Inspector de Primaria, coincidían en evaluar a necesidade de un PT a maiores, por tal motivo a postura dos pais está clara na demanda a maiores de outro PT. Tamén lle manifestou que entendían un dereito o de ter este profesional, xa que non só benificiaría os nenos con problemáticas, senon os nenos que estan nos cursos donde están estos nenos. Tamén se lle manifestou que si as conclusións son de necesidade dun novo PT. a ANPA tomará as medidas que considere oportunas si non se cumpre co envio do novo profesional.
A Xefa Territorial entendía perfectamente a postura da ANPA, e manifestou que os pais tiñan que estar mellor informados pola dirección do colexio sobre as atribucións que ten o especialista de PT e en que casos se require. Tamén nanifestou que unha vez estudiada a documentación e os horarios do profesorado do colexio, reuniríase de novo con nós, o director, a orientadora e o inspector de primaria para tomar unha solución definitiva.
Por outro lado a ANPA segue mantendo os contactos cos repersentantes políticos locais para que esta petición chegue a bo porto.

Manifestar que Xosé Mª Arán manifestou que esperaba fora aprobada a petición, pero tamén matizou que todo está tamén na disposición dos horarios dos profesores do colexio para facer apoio e sobre todo si os casos diagnosticados na actualidade son suficientes para unha única PT ou ten que ser apoiada por outra. Esto dependerá das posturas e posicionamentos que manteñan: Director, Orientadora e Inspector, según os informes de estos a postura da ANPA, será a de demandar ou non o PT, xa que o que se busca é que esteán os profesionais necesariós para atender os nenos, da mesma forma que esixirá que a atención do PT se adique en exclusiva os casos diagnosticados.

.

No hay comentarios: