3/11/09

A POLICIA LOCAL ACUDE A DEMANDA DA ANPA

Despois do escrito mandado pola mañan os responsables de seguridade do Concello de Carballo.

As 20´30 da tarde axentes da policia local de Carballo acudiron a rúa Camilo Xosé Cela, onde mantiveron conversas cos responsables do Circo Continental, para que situaran os vehículos e caravanas aparcados en zonas prohibidas, en sitios autorizados.

Aínda que esta e unha boa nova a ANPA, pensa que o Concello debe habilitar outros espazos máis grandes para esta serie de espetáculos, xa que a súa distribución por rúas non é bó tanto para as persoas dos espetáculos, como para a comunidade escolar e os propios veciños. Son situacións que podían ser comprendidas fai anos, pero hoxe en día, ten que haber espazos dignos para estes casos.

De tódolos xeitos a pretensión da ANPA é a de garantir que os servizos adaptados para o colexio como paradas de autobús, pasos de peóns, etc. estén sempre libres de calqueira invasión que vaia en decrimento da calidade dos servizos e da seguridade de nenos, nenas e viandantes.

As 21´20 da noite a caravana e vehiculo que estaban en zonas prohibidas,xa foran retirados da parada de autobus e os vehículos que estaban preto do paso de peóns estaban aparcados correctamente.

.

No hay comentarios: