19/6/09

A ANPA RENDE HOMENAXE A D. MANUEL FIGUEIRIDO DIAZ

No día de hoxe a Xunta Directiva da ANPA, procedeu a entrega, no festival de fin de curso do colexio, a D. Manuel Figueirido Díaz, profesor de inglés e ex-director do colexio, dunha placa en agradecemento pola súa entrega como mestre e director do colexio, en nome de tódolos nenos e da Xunta Directiva, xa que este ano vaise do colexio para un novo destino.
Fixolle entrega da placa a Presidenta da ANPA, Begoña Pose, quen foi acompañada pola Vicepresidenta, Sonia Reigia e a Vocal, Ines Vallebona.
O recoñecemento foi proposto e aprobado por unanimidade da Xunta Directiva, a cal e como mostra de cariño hacia D. Manuel Figueirido, non quixo que fose sufragada a conta da anpa, senón que o gasto foi asumido por tódolos membros da Xunta Directiva.
D. Manuel Figueirido Díaz levaba no colexio 12 anos e cando chegou a actual Xunta Directiva, sempre contou con el a hora de informarnos continuamente e colaborando con nós en todas aquelas iniciativas que lle plantexamos, vaia pos o noso respeto e consideración a quen tamén no lo deu a nós.
Xa se sabe o dito "bo te fará o que logo virá" dito e feito.

Transmitimolle nosos parabens no seu novo destino e xa sabe que estamos aquí para cando nos necesite.

Moitas Grazas "Figue".

.

1 comentario:

Manuel Figueirido dijo...

Hoxe, o meu último día “oficial” neste colexio, diríxome a todos vos neste blog para agradecervos a “desmedida” despedida que me fixéchedes. Foron uns momentos moi emotivos que lembrarei.
Pronto virá unha profesora nova que espero que non teña as limitacións que sabedes que eu teño. Normalmente a xente nova está sempre mellor formada e ten máis enerxía. Estou seguro que saídes gañando .
Teño que dicir que a decisión de marchar non foi doada. Ao levar tempo no centro, (ademais implicado nel), vaise un afacendo ás persoas, ao pobo… Por outro lado xa estaba nunha situación na que pasaban polas miñas mans irmáns/ás pequenos de ex-alumn@s e aínda fill@s deles o que dá un “plus” de afectividade á relación cos nen@s .
Agora terei que adaptarme a un novo colexio, coñecer a súa idiosincrasia, terei novos compañeir@s coas súas peculiaridades e novo alumnado con outras problemáticas. Todo isto xenera, nun principio, inseguridade e require un esforzo.
Tampouco podemos negar, na parte positiva, as vantaxes de traballar cerca da casa, pero non sempre por estar cerca se está mellor.
Por idade, non creo que volva a estar noutro colexio tanto tempo como neste, tampouco é fácil que teña as mesmas relacións coa xente, (en Coruña é distinto), polo que sempre gardarei un recordo especial de Carballo.
Moitas grazas por todo o cariño que me tedes demostrado. Xa sabedes onde estou.
Unha forte aperta!
Manuel Figueirido