30/6/09

COMUNICADO QUE NOS ENVIA D. MANUEL FIGUEIRIDO


Hoxe, o meu último día “oficial” neste colexio, diríxome a todos vos neste blog para agradecervos a “desmedida” despedida que me fixéchedes. Foron uns momentos moi emotivos que lembrarei.

Pronto virá unha profesora nova que espero que non teña as limitacións que sabedes que eu teño. Normalmente a xente nova está sempre mellor formada e ten máis enerxía. Estou seguro que saídes gañando .

Teño que dicir que a decisión de marchar non foi doada. Ao levar tempo no centro, (ademais implicado nel), vaise un afacendo ás persoas, ao pobo… Por outro lado xa estaba nunha situación na que pasaban polas miñas mans irmáns/ás pequenos de ex-alumn@s e aínda fill@s deles o que dá un “plus” de afectividade á relación cos nen@s .

Agora terei que adaptarme a un novo colexio, coñecer a súa idiosincrasia, terei novos compañeir@s coas súas peculiaridades e novo alumnado con outras problemáticas. Todo isto xenera, nun principio, inseguridade e require un esforzo.

Tampouco podemos negar, na parte positiva, as vantaxes de traballar cerca da casa, pero non sempre por estar cerca se está mellor.

Por idade, non creo que volva a estar noutro colexio tanto tempo como neste, tampouco é fácil que teña as mesmas relacións coa xente, (en Coruña é distinto), polo que sempre gardarei un recordo especial de Carballo.

Moitas grazas por todo o cariño que me tedes demostrado. Xa sabedes onde estou.

Unha forte aperta!
Manuel Figueirido


.NOTICIA RELACIONADA CON ESTA NOVA. fai clikc sobre este etxto

.

No hay comentarios: