
Sinopsis.
Tres actores vanse metamorfoseando nos diferentes personaxes cos que se vai atopando Marco Polo. Tres actores que, do mesmo xeito que Marco, deixaranse seducir polo novo, o distinto, o raro, o marabilloso?

Din que un día Xullo Verne, cando era mozo, escapouse de casa, foise ata o porto e meteuse nun barco coa intención de saír a descubrir o mundo. Os seus pais descubríronlle e prohibíronlle achegarse ao mar. Esa imposibilidade espertou nel unha fecunda imaxinación. Marco Polo tivo máis sorte, o seu pai e o seu tío eran navegantes e aos quince anos fué invitado a abandonar Venecia e embarcarse nunha viaxe que durou vinte e cinco anos. Din que esa viaxe tamén lle abriu a imaxinación, porque ao volver contou tantas historias
que moitos pensaron que non podían ser verdade. Pero iso é o de menos, o caso é que viaxou e como o viaxes enriquecen, fíxose un home rico. Pero non rico en diñeiro e xoias preciosas. Volveu rico en coñecementos, en historias para cegar, en sabedoría, en cataratas de recordos, e sen case querelo abriu unha fronteira, ata entón pouco habitual, entre oriente e occidente. Nós imos contar a historia desa viaxe. A dun "case neno" que viaxa e descobre. E crece e aprende e valora. Unha viaxe onde as culturas entrecrúzanse, os idiomas abren barreiras, os costumes sorprenden, as comidas producen novas sensacións, cheiros e cores. Paisaxes e xentes tan distintas
van entrelazando unha travesía única e inigualable. Cremos que é importante transmitir aos nenos o desexo da viaxe, do descubrimento. Viaxe ao descoñecido, enfrontarse aos monstros, que son os nosos medos.
Asombrarse co novo, fascinarse co diferente. Queremos invitarlles a mergullarse nunha viaxe polos sentidos, unha viaxe ás sensacións, unha viaxe para descubrir e descubrirnos, unha odisea chea de xogo, onde cada paso é unha sorpresa e cada encontro un desafío.



Este espectaculo está recomendado para nenos e nenas a partir de 7 anos. E público familiar.
Dramaturgia: Claudio Hochman.
Intérpretes: Javier Carballo - Silvia Martín
- Juan Luís Sara .
- Juan Luís Sara .
Axudante de dirección: Anxo Sánchez.
Deseño de Escenografía e Vestiario: Isidro Alonso.
Produción: Ana Isabel Galego.
Realización de Escenografía e Vestiario: DYCAE
Deseño e Construción de Artes Escénicas.
Música: Músicas do Mundo
Cancións: Teloncillo.
Arranxos: Anxo Sánchez.
Gravado pors: Eduardo Tarilonte.
Deseño gráfico e ilustracións: Q-idea.
Iluminación: Agustín Revilla "Pacho".
Asesor musical: Miguel Angel Pérez, "Maguil"
Administración: Marta Pérez.
Distribución: Mª do Val Sara.
No hay comentarios:
Publicar un comentario