12/2/09

APERTURA DE CENTROS FORA DO HORARIO LECTIVO E DURANTE AS VACACIONS

Os colexios poderán abrir en vacacións e fins de semana para conciliar a vida laboral e a familiar.
Os colexios poderán abrir durante as vacacións e os fins de semana para potenciar a conciliación da vida laboral e a familiar.
Dentro do programa de apertura de centros fora do horario lectivo, a Consellería de Educación publica hoxe no Diario Oficial de Galicia unha nova modalidade para que os concellos poidan presentar proxectos para realizar actividades en vacacións, sexa cal fora a época.
Educación destina no 2009 a todo o programa de apertura uns tres millóns de euros, o que supón un 20% máis que no 2008. Ata agora había tres modalidades de subvencións: para actividades saudables e de habilidades persoais; de éxito escolar, e de prevención ante o absentismo e abandono escolar. A elas únese agora a de conciliación.
Para que un concello poida acceder ás axudas debe desenvolver obrigatoriamente actividades das tres primeiras modalidades e de forma opcional da última. A Xunta financia o 80% do custo das actividades e o resto sufrágano os concellos. No 2008 participaron 168 concellos, e Educación confía en chegar este ano á totalidade dos municipios.

No hay comentarios: