Seiscentos escolares carballeses comproban as diferenzas entre un menú «bomba» e un san
Seiscentos alumnos de terceiro curso de primaria participan na Escola Nutritiva, unha nova iniciativa incluída no programa Carballo Saudable. A experiencia comezou no colexio Bergantiños, onde xa se desenvolveron as dúas sesións previstas para esta semana, e continuará hoxe e mañá no da Cristina.
Para que os nenos descubran os beneficios dunha alimentación equilibrada dun xeito ameno, durante as sesións emprégase unha metodoloxía lúdica e participativa, de maneira que se lles encarga resolver un test saudable e deseñar dous tipos de menú: un «bomba» e outro san. Deste xeito é máis fácil saber cales son os seus conceptos en cuestións de nutrición e, a partir de aí, darlles as pautas máis adecuadas. «Nos obxectivos dá actividade son concienciar aos nenos e nenas dá importancia dunha axeitada alimentación e proporcionarlles coñecementos sobre nutrición», explica Manuel Varela Bardanca, coordinador de Carballo Saudable.

No hay comentarios:
Publicar un comentario