29/10/08

certamen de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís

Tres grupos interpretarán hoxe as súas creacións do certame de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís.

Tres grupos de escolares pasarán hoxe polos estudos de Radio Voz Bergantiños para representar as obras que presentaron á oitava edición do concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís. A partir das dez e media da mañá, e dentro do programa Voces de Bergantiños , os oíntes poderán escoitar a dous das compañías do instituto Agra de Raíces da Laracha. O grupo Entre bambalinas representará a obra Yankis e yonkis , mentres que a compañía Pano de Boca, elixiu A estanquera de Vallecas .

Ademais, tamén se poderán diante do micrófono os integrantes de Vos teatreiros, do colexio San Luís Romero , que interpretarán Alipio Paxariño .

Onte pasaron por Radio Voz, os rapaces do grupo Vimieiro, da Cristina, coa princesa Carolina , e, do mesmo centro, os nenos de sexto de primaria, que con Linda fror conseguiron o cuarto posto no concurso.

Ademais, interpretaron a súa obra, A margarida branca , Os Tunantes, do Artai, que quedaron segundos.

No hay comentarios: