
O 17 de outubro celebrouse na coruña no hotel NH Atlantico, e organizado pola federación de Anpas de Centros Públicos de A Coruña, o curso de formación anual de directivos de ANPAS.
Neste curso participou o noso secretario Xosé Mª Arán, desde as dez da mañá ata as sete da tarde, fixose un repaso polos temas do funcionamento das anpas e a actualización de contidos, en temas tan variados como: finalidades das anpas, dereitos, organos de governo, réxime das anpas, administración, subvencions e rexime contable, etc. Tamén se falou sobre os órganos de governo nos colexios, principalmento do consello escolar e cales son as súas competencias e funcionamento.
Un dos temas de actualidade foi a lei de protección de datos e a súa aplicación nos colexios.
No hay comentarios:
Publicar un comentario