4/11/09

A DIRECTIVA DA ANPA PIDE UNHA REUNION URXENTE CO EQUIPO DIRECTIVO DO COLEXIO

A Xunta Directiva da ANPA entregou no día de hoxe un escrito na secretaria do colexio dirixido o Directro, pola preocupación que se ten polo retraso de autorización de actividades extraescolares organizadas pola ANPA e porque os nenos non acuden algunhas actividades extraescolares en horario lectivo como a piscina, programas de radio, etc.

A Xunta Directiva quere recibir información xa que mandou diversos escritos con estas peticións e non tivo resposta.


O escrito que se entregou hoxe decia.


SR. DIRECTOR CEIP “A CRISTINA”

Dona Begoña Pose Arijón, en calidade de Presidenta da A.N.P.A. “A Casilla” do CEIP “A Cristina” de Carballo

EXPON:
Que a estas alturas do curso estamos observando que os nenos do colexio non están participando nas actividades extraescolares en horario lectivo como, “Certame de teatro leido Xosé Manuel Eiris”, Piscina, Saidas a actos ofertados polo Concello, etc. Responsabilidade do Equipo Directivo do colexio.

Do mesmo xeito que non se ten tratado tampouco a aprobación de cesión de instalacións para o desenvolvemento de actividades extraescolares no horario non lectivo como, Actividades deportivas de tarde, os talleres de “ favorecemento do traballo en equipo e pilares básicos do aprendizaxe... organizadas pola ANPA. Tendo en conta que para as actividades da ANPA lle foi transmitida esta solicitude de petición de intalacións en escrito de 22 de outubro de 2009, non entendemos a tardanza nesta aprobación.

Tendo en conta que para a aprobación polo Consello Escolar dos días festivos, realizouse unha reunión estraordinaria e urxente a semana pasada, na que se podían engadir estes temas tamén.

Queremos manifestarlle a nosa preocupación seria pola falla de información sobre estes feitos, xa que se está a prexudicar, desde o noso punto de vista, seria e gravemente os nosos fillos o non poder de ter opción de acudir a estas actividades as que os pais si temos interese en mandalos.

Do mesmo xeito que lle transmito que os pais do Consello Escolar: Dona Ines Vallebona, Dona Sonia Belen Reigia e Don Xosé María Arán, tamén subscriben estas preocupacións e petición que lle transmito.

Por todo o exposto

SOLICITO:
A maior urxencia reunión da Xunta Directiva da ANPA co Equipo Directivo do colexio e tamén a aprobación de estas reclamacións no Consello Escolar a maior brevidade posible.

Sen máis aproveito a ocasión para reiterarlle a nosa consideración más distinguida.


Carballo,3 de Novembro de 2009

.

2 comentarios:

Anónimo dijo...

este director lo mejor que puede hacer es que le toque la loteria, así viviria mejor de lo que vive y nos dejaría en paz.

ASOCIACION DE PAIS E NAIS DE ALUMNOS dijo...

Respetase o comentario pero agradecemos que se respetase o máximo os calificativos hacia persoas.