22/1/09

ESTE VENRES, SUSPENDIDAS AS CLASES NO COLEXIO POLO TEMPORAL

O DIRECTOR DO CENTRO A CRISTINA, COMUNICANOS QUE MAÑAN QUEDAN SUSPENDIDAS AS CLASES NO COLEXIO.

NOTICIA RELACIONADA

O tempo se recrudece 190.000 alumnos da Coruña e Lugo quedan mañá sen clases debido ao temporal .

Educación decidiu suspender todas as clases de ensino non universitario nestas dúas provincias.

Galicia permanece en alerta laranxa por fortes ventos, que poderían alcanzar os 140 quilómetros por hora nas próximas horas.
Un total de 190.000 alumnos de ensino non universitario das provincias da Coruña e Lugo quedarán mañá venres sen clase por culpa do temporal.
Así o decidiu a consellería de Educación ante a ameaza do forte temporal de vento que azoutará a comunidade nas próximas horas.
A Axencia Estatal de Meteorología (AEMET) advertiu hoxe que os ventos en Galicia, que permanece en alerta laranxa, poderían alcanzar este fin de semana os 140 km/h. e que as precipitacións acumularán 50 litros por metro cadrado en 12 horas. A alerta de nivel amarelo por precipitacións comezou esta tarde informou Meteogalicia, desde as 18 horas ata as 6 horas de mañá do venres, día 23, e que poderían superar os 40 litros por metro cadrado en 12 horas nas provincias da Coruña e Pontevedra. AEMET informa de que as precipitacións intensificaranse novamente na noite do venres ao sábado, cando poderían chegar a acumularse 50 litros por metro cadrado en 12 horas. O vento, de compoñente suroeste, será especialmente intenso a partir de mañá nas comarcas atlánticas e nas zonas altas, onde haberá refachos que oscilarán entre os 120 e os 140 quilómetros por hora, informou Protección Civil nun comunicado.
A intensidade dos refachos de vento será menor, 100 quilómetros por hora, nas zonas de interior de Galicia.
A situación do mar .
En canto á situación no mar, foi decretada a alerta laranxa por situación meteorolóxica adversa, con ondas de ata 5 metros de altura e ventos de forza de 7 a 8.
Así, o mar de vento dará lugar a mar grosa e moi grosa, con áreas de mar arboredo nas augas costeiras da Comunidade galega.
A Dirección xeral de Protección Civil avisou deste episodio meteorolóxico adverso ás diferentes administracións e recomendou á poboación que adopten medidas de autoprotección, como evitar pasar preto de obxectos que poidan caer ou edificios en ruínas.

No hay comentarios: