
O Colexio Fogar e o Bergantiños son os que teñen a cobertura de matrículas máis grande do municipio.
O Consello Escolar Municipal de Carballo acaba de crear seu primeiro grupo de traballo para buscar solucións a un dos problemas educativos que máis preocupa a poboación: a escolarización. Creouse un comité que se encargará de reformular as áreas de influencia de cada centro e evitar, desta maneira, a saturación das matrículas.
O novo grupo de traballo estará representado polo Inspector de área, Manuel Abeledo; a Concelleira de Educación, Mar Eirís; En representación dos directores estará o Director do colexio Fogar, Fernando Garea; polo profesorado, Antonio Fernández Martínez, e representando os pais, a Presidenta da Federación de ANPAs de Carballo, Encarna Herranz.
Unha vez formado este comité, fixarase un calendario de reunións para poñer en marcha o traballo. O obxetivo deste grupo será liberar a aqueles centros, como o colexio Fogar, o Bergantiños ou A Cristina, que se encontran o límite da súa capacidade, para cubrir outros que, como no caso do San Luis Romero, contan con poucas matrículas.
Según a edil carballesa Mar Eirís, «será un traballo que intenta adiantarse


O Director do colexio Fogar da capital de Bergantiños, Fernando Garea, é un dos integrantes do grupo de traballo, que se encargará de diseñar a nova distribución de alumnos polos centros do municipio carballés, tendo en conta a proximidade a eles das rúas en que residen. Garea sabe
que este será un proxecto complicado, aínda que necesario. «A verdade é que se trata dunha obligación que tenemos todos coa escolarización no Concello. Ofreceremos unha proposta razonada e que se axuste as necesidades da comunidade», apuntou. O responsable do Fogar sabe que as novas áreas de influencia supondrán un cambio de hábitos para moitos escolares, xa que un dos obxetivos é intentar que os estudantes non teñan que enfrentarse a grandes distancias para ir a clase. «Na actualidade, todolos colexios de Carballo teñen a mesma calidade, polo que agardamos que a nova zonificación sexa positiva para todo o mundo».

No hay comentarios:
Publicar un comentario