17/11/08

A VOLTAS CA DIMISION DO EQUIPO DIRECTIVO


Desde estas páxinas, queremos facer un chamamento a prensa, para facer unhas matizacións sobre a nova da "DIMISION DO EQUIPO DIRECTIVO DO COLEXIO DA CRISTINA".

Despois de permanecer a principio de curso un pouco incredulos de interarnos pola prensa da "Dimisión do equipo directivo do colexio", é sin ánimo de facer "máis fume que ruido", xa que consideravamos erroneas algunha afirmacións que aparecían na prensa, e cando pensabamos que xa quedara atras a polémica, volta a sair de novo nos xornais pola devandita "dimisión".

Facer primeiro unhas pequenas aclaracións, A Dirección do CEIP "A Cristina" de Carballo non dimitiu nunca, outra cousa é que presentase a súa dimisión, xa que para levarse a efectos ten que ser aprobada pola Delegación, cousa que non aconteciu a principio de curso e moito menos agora, e no futuro quen sabe....

Dous, a reclamación por falta dun profesor, foi devida a que o profesor que se tiña que incorporar o seu posto non o fixo por pedir unha comisión de servizos, o que supón que a Delegación debía mandar outro profesor.

A consecuencia deste tema a ANPA, puxose en contacto cos responsables educativos da nosa provincia a principio de curso e comentaron que non se mandaría ningún profesor para cubrir esta vacante, do mesmo xeito que non se aceptaría a demisión do equipo directivo. Evidentemente nós amosamos a nosa discrepancia e a necesidade de contar co docente.

Ata aquí todo vai ben, pero como consecuencia das continuas informacións na prensa sobre as deficiencias de profesorado nos centros e en concreto no CEIP "A Cristina", os pais manifestaron a súa preocupación sobre este tema, e a resposta desta ANPA, é a seguinte :

O Colexio da Cristina ten no seu catálogo de asignación de profesorado na actualidade a 14 profesores e a día de hoxe contamos con 17, xeneralistas e especialistas ( non vamos a entrar en máis detalles) nós non consideramos que teñamos moitos profesores, sempre os que se teñen son poucos e cantos máis mellor, esto redundará na calidade da ensinanza, ou sexa no beneficio dos nosos fillos. Pero tamén temos que ter claro que cando se esixe algo tense que deixar "claro" tódolos datos, e a realidade actual e que estamos en mellor disposición de profesorado que outros centro, xa que temos que ter en conta que nós só contamos con unha única linea, e decir unha clase por cada curso, incluindo educación infantil.

Claro está que non nos pase como o do "conto do lobo". A ANPA, pensa que as reclamacións téñense que facer falando e con datos obxetivos, aínda que nós neste tema non fomos consultados nun principio, si temos claro e así se lle manifestou ás autoridades educativas, que nos nón tíñamos nada que ver cas famosas declaracións de "Dimisión" da equipa directiva, e transmitimos que si neste curso non se cubría a praza se fixera no próximo, sin reducción do profesorado que temos a maiores como apoio. Porque o mellor ninguén pensou que con esta clase de reclamacións, o que se pode conseguir e que no vindeiro curso nos mande o profesor que nos falta e a súa vez nos retiren os docentes que temos a "maiores do catálogo".

Por eso temos que traballar con moito "sentidiño" e mirar polo beneficio dos nenos.

Polo tanto moitas veces certos titulares poden facer máis dano que beneficio, e por certo é sin ánimo de crítica os medios, pero si de responsabilidade. Do mesmo xeito que sempre se deben consultar todalas partes afectadas a hora de emitir unha nova sobre un colectivo no que están presentes varias sensibilidades, docentes, pais e persoal non docente, unha comunidade educativa facemola todos.

Pois de novo a tranquilizarvos papas, no colexio non dimitiu ninguén, nin vai a dimitir e a traballar todos que é o que temos que facer para conseguir un ensino público e de calidade. Que así sexa.

No hay comentarios: