30/11/08

250 ALUMNOS ASISTIRAN A OBRA DE TEATRO "UN AVÓ ESPECIAL"


A Asociación de Familiares de Enfermos de Alzeimer de Bergantiños (AFABER) programou para o vindeiro día 3, ás 11´30h., a obra de teatro "Un avó especial", que poñerá en escea a compañia Migallas, a que esperase que asistan 350 escolares, maiores de 6 anos, dos colexios carballeses: Fogar, Artai, San Luís Romero, A Cristina e Bergantiños.

Na organización colabora con Afaber, a federación de Asociación de Galicia de Alzheimer e o Concello de Carballo.

"Un avó especial" é un espectáculo no que se aborda o tema da enfermidade do alzheimer co obxetivo de axudar a entender as situacións que moitas familias poden vivir no seu entorno familiar. Unha obra seria, aínda que en clave de comedia, a obra pretende fomentar actitudes obtimistas para afrontar os problemas da enfermidade e demostrar a importancia dos nenos e nenas para que os maiores vivan momentos felices.

No hay comentarios: