17/11/08

COMENZO DAS ACTIVIDADES DEPORTIVAS EXTRAESCOLARES


Un ano máis a ANPA, comenza cas actividades extraescolares de tarde no seu apartado DEPORTIVO.
Poñer de manifesto que a ANPA organiza estas actividades ca colaboración do Concello de Carballo. Esta actividade subvencionada o cen por cen polo Patronato Deportivo Municipal, do cal tamén contamos ca súa colaboración nos apartados técnicos do mesmo.
A actividade enmarcase nunha coordinación de tódalas ANPAS do Concello, que coordinados polo Patronato fan que as xornadas dos mércores tamén contemos próximamente cas competicións.

Pero en primeiro lugar que nesta actividade, desde a ANPA o que se busca é a ocupación dos nen@s, en actividades que lle reporten un benestar físico e socializador, queremos que participen é polas diferentes prácticas convivan cos seus compañeiros e empecen adoptar, desde os máis cativos, actitudes positivas para a práctica do deporte e a convivencia entre iguais, e dicir que empecen a desenvolver habilidades sociais desde as máis tempranas idades.

Para tal fin e como en anos anteriores, contaremos cos monitores das diferentes actividades, que un ano máis estarán coordinados por TERESA.

Sabemos que temos que mellorar a calidade das actividade e nese tema estamos traballando, agardamos que colaboración de tod@s e consigamos poder ofrecer unha actividade, igualitaria, participativa e de calidade.

Sabedes que a maior premisa da ANPA é ofertar en igualdade de condicións a o alumnado as posibilidades de poder realizar actividades, sin condicionantes de ingunha clase. Por eso estamos a traballar por un ensino público de calidade e igualdade, sen ter en conta os recursos de cada quen, senón o poder garantir a todos as mesmas posibilidades.

Empezaremos este martes 18, lembrade que nunha primeira fase teran actividade os martes e xoves, na actualidade temos inscritos 95 rapaces:
  • INFANTIL 4 ANOS: Martes.- Educación Física de Base. Xoves.- Patinaxe.

  • INFANTIL 5 ANOS: Martes.- Educación física de base. Xoves.- Patinaxe.

  • PRIMEIRO: Martes.- Patinaxe.- Xoves.- Educación física de base.

  • SEGUNDO: Martes.- Patinaxe. Xoves.- Educación física de base.

  • TERCEIRO, CUARTO, QUINTO E SEXTO. Martes e Xoves o deporte que escolleron.

Agardando que dentro das limitacións presupostarias que temos, os rapaces disfruten o máximo posible, xa que está actividade te como fin a promoción do deporte de base, a adquisición de hábitos saudables, a autodisciplina e a convivencia entre os seus participantes.




No hay comentarios: