30/9/10

RESUMO ACTA REUNION DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA ANPA "A CASILLA" CELEBRADA O DIA 30 DE SETEMBRO


EN CARBALLO, SENDO ÁS 9´00H EN PRIMEIRA CONVOCATORIA E AS 9´30 HORAS EN SEGUNDA ( POR MANDATO DA ASAMBLEA), NA SALA DE SERVIZOS MULTIPLES DO C.E.I.P. "A CRISTINA DE CARBALLO" PROCEDESE A CELEBRACIÓN SEGÚN ORDE DO DIA DA ASAMBLEA XERAL ORDINARIA DA "ANPA A CSILLA" DO CEIP A CRISTINA DE CARBALLO.

1. Lecura e aprobación da acta da asamblea anterior.

A Presidenta da a benvida e pasa a palabra o secretario o que procede a facer lectura da acta anterior, relativa a asamblea xeral ordinaria de data 28 de xuño de 2010. Procedese a súa aprobación o que se fai por unanimidade.


2. Informe proceso electoral.

A Presidenta da a palabra o secretario o que manifesta, que conforme o acordo adoptado na Asamblea Xeral Ordinaria de data 28 de xuño de 2010 e a proposta da Xunta Directiva da ANPA, procedeuse a convocatoria de eleccións a Xunta Directiva da ANPA "A CASILLA" co seguinte calendario electoral.

-Do 15 o 24 de setembro presentación de candidaturas. Do 27 o 28 de setembro exposición do censo de votantes. Do 29 de setembro constitución mesa electoral. 30 de setembro votacións.

O secretario informa que non se presentou ningunha candidatura, polo que o proceso electoral, unha vez rematado o periodo de presentación de candidaturas, decidese convocar pola Xunta Directiva para que os socios e socias tomen unha determinación sobre o futuro da entidade. Explicase que parte da anterior Directiva cesou nas súas actividades o rematar a estadía dos seus fillos no colexio o curso pasado e os membros restantes comprometéronse a estar ata que se celebrarán as eleccións e facer de ponte no traspaso de tarefas a nova Xunta sainte. O non haber ningunha candidatura, faise chamento por parte do secretario a Asamblea por si existen alguén que queira facerse cargo da entidade, o que non se presenta ninguén e manifestase que por parte dos membros actuais como así se había trasladado deixan os seus cargos o remate desta asamblea.

O secretario manifesta os presentes que só quedan dúas posibles solucións, deixar sen Directiva a entidade en "punto morto", xa que rematada a reunión os cargos directivos presentarían inmediatamente a súa dimisión, quedando sen goberno a entidade. Ou a máis normal que sería a DISOLUCIÓN da entidade nunha nova reunión e que está é a proposta da Xunta Directiva.

O secretario pasa a dar lectura o Capítulo V dos estatutos da ANPA, sobre a disolución da entidade e dos seus artigos 33 e 34.

Procedese a votación por parte dos presentes os que despois de varias intervencións, decídese por unanimidade a disolución da entidade o non presentarse ninguén a xunta. E o non haber máis socios e socias presentes, entendese que esta facultada esta asamblea é facer esta convocatoria o efecto para a súa disolución, e a non presencia da parte proporcional dos socios esixidos por non haber acudido a asamblea tamén se entende por omisión dos mesmo a facultade dos socios e socias existentes para tomar este acordo.

Procedese conforme o artigo 34 dos estatutos a composición da comisión liquidadora que por decisión da asemblea será a seguinte: A Presidenta, o secretario e o tesoreiro da ANPA, a cal é aprobada por unanimidade.

Pasase a decisión de proposta de otorgar o sobrante líquido da asociación con axuste o artigo 34 dos estatutos, propoñendose e decidindose por unanimidade de entregar os cartos existentes na conta da ANPA "A CASILLA" a anpa "Fonte da Cristina", no suposto que por calqueira causa non fose aceptada, decidese destinar o colexio para a súa biblioteca e como terceira posibilidade para o proxecto solidario de Kiko Rojo "lapices solidarios".

Tamén a documentación da anpa será depositada no estamento administrativo corresponde de educación, tamén se darán os avisos preceptivos de comunicación de esta resolución os organismo públicos, entidades e demáis foros, cos que teña representación, presenza ou asociacion a ANPA "A CASILLA"; e como non existe ningún outro ben ou patrimonio dase por zanxado o apartado liquidador de certificacións, bens ou inmobles.

3. INFORME E ACCION A DESENVOLVER NO VINDEIRO CURSO.

Como consecuencia da resolución de disolución da entidade, anulanse tódolos proxecto a desenvolver no presente curso por non haber continuidade.

4. ROGOS E PREGUNTAS.

Procedese a facer varias preguntas sobre a participación nas actividades extraescolares. O secretario resposta que por lei teñen tódolos alumnos e alumnas o dereito a participar nas actividades extraescolares gratuitas ou de pago, incluidas no proxecto da xornada en sesión única de mañán pertenezcan o non a calqueira colectivo organizado do colexio e que asuma a responsabilidade conforme a lei de organizar as actividades extraescolares, así como as ofertadas polo propio colexio. A excepción das actividades que sexan realizadas exclusivamente para socios de entidades como por exemplo (festas de socios, etc..). Do mesmo xeito que ningún neno ou nena pode ser excluido de ningún acto organizado polo colexio, aínda que sexa en colaboración con algunha entidade presente no mesmo ou de fora, entendase nadal (como viña facendo a anpa dando agasallo e chuches, etc). Xa que vulnera o principio de igualdade que non se pode desenvolver nun centro público e como é lóxico non sería permitido pola Dirección do propio centro.

A continuación abrese unha rolda de participación e comentarios entre tódolos presentes, a cal foi moi gratificante para todos e todas, tras agradecer os presentes a colaboración e recoñecer públicamente por parte da asamblea a aportación dos membros non presentes das Xuntas Directivas da anpa, dase por rematada a reunión as 12´05 horas no lugar e na data sinalada anteriormente.


.