9/9/10

INFORMACIÓN SOBRE AXUDAS PARA ADQUISICIÓN DE LIBROS DE TEXTO QUE CAMBIEN DE IDIOMA DE ACORDO CO DECRETO 79/2010, DO 20 DE MAIO, PARA O PLURILINGÜISMO

A QUEN VAI DIRIXIDO?

Aos pais con fillos/as matriculados en 3º e 4º de Educación Primaria nun centro sostido con fondos públicos da Comunidade Autónoma de Galicia, durante o curso escolar 2010/2011 que teñan unha renda per cápita familiar igual ou inferior a 9.000 euros

COMO SE CONSEGUE A BOLSA DE AXUDA?

Presentando a documentación completa e o impreso de solicitude no centro escolar onde estea matriculado o neno/a desde o 1 ao 30 de setembro de 2010

QUE DOCUMENTACIÓN TEÑO QUE PRESENTAR?

1.Impreso de solicitude cumprimentado por duplicado, polo que se un solicitante ten varios fillos matriculados nas ensinanzas e cursos obxecto da convocatoria, xa sexa no mesmo ou en distinto centro, deberá presentar unha solicitude por cada un deles. Podérase recoller no centro escolar, nas sedes da xunta ou descargar no enderezo electrónico http://www.edu.xunta.es, (punto de gratuidade solidaria- Plurilingüismo).

2.Fotocopia do libro de familia no cal figuren todos os membros da unidade familiar.

Só no caso de non ter libro de familia ou se a situación familiar, o día 31 de decembro de 2008, non coincide coa reflectida no libro, terá que presentarse documento ou documentos que acrediten os membros da unidade familiar, tales como:

- Orixinal ou copia compulsada da sentenza xudicial de separación ou divorcio e/ou o convenio regulador onde conste a custodia do menor.

- Orixinal ou copia compulsada do certificado de empadroamento da unidade familiar.

- Orixinal ou copia compulsada de certificado ou informe dos servizos sociais ou órgano equivalente do concello de residencia, que acredite a situación familiar.

No caso de discapacidade do/a alumno/a, do solicitante ou dalgún dos membros da unidade familiar incluídos na solicitude deberá acompañarse copia compulsada de un dos seguintes documentos que acrediten esta circunstancia o 31 de decembro de 2008:

- Certificado emitido polo órgano competente do grao de minusvalidez cunha porcentaxe igual ou superior ao 33%.

- Resolución ou certificado emitido pola Seguridade Social de pensión de incapacidade permanente nos graos de total, absoluta ou gran invalidez, ou

- Documentación acreditativa da condición de pensionista de clases pasivas cunha pensión de xubilación ou retiro por incapacidade permanente para o servizo ou inutilidade.


CANDO E COMO ME INGRESAN O IMPORTE DA AXUDA?

As familias recibirán un vale para presentar directamente nas librerías que prefiran, co que poderán adquirir os libros no correspondente establecemento e polo importe máximo que figura no vale.

CALES SON OS IMPORTES DAS BOLSAS DE AXUDA?


a)Familias monoparentais:

- Renda per cápita familiar ata 6.000,00 €: 25 € por libro.

- Renda per cápita familiar desde 6.000,01 ata 9.000,00 €: 15 € por libro.


b)Resto das familias:

- Renda per cápita familiar ata 5.400,00 €: 25 € por libro.

- Renda per cápita familiar desde 5.400,01 € ata 9.000,00 €: 15 € por libro


CAL É O IMPORTE DA MIÑA AXUDA?

Para calcular quen ten dereito ás bolsas, agregaranse as rendas de cada un dos membros da familia que obteñan ingresos, tendo en conta o exercicio fiscal de 2008, dividindo a renda entre o número de membros computables da unidade familiar (pai, nai alumno e irmáns). A estes efectos, computarán por dous os membros da unidade familiar cunha discapacidade igual ou superior ao 33%. Sumarán os recadros 455 e 465 da declaración.

ENLACE O DIARI OFICIALDE GALICIA (facer clik sobre o texto).

MODELOS PARA CUBRIR AS PETICIONS (facer clik sobre o texto).

.