28/9/10

CONCURSO DE TEATRO LEIDO "XOSE MANUEL EIRIS"


ATA O 7 DE OUTUBRO: 850€ EN PREMIOS.

Aberto o prazo para inscribirse na décima edición do Concurso de Teatro Lido Xosé Manuel Eirís.

Proximamente dará comezo unha das citas culturais máis importantes de Bergantiños, a XIX edición do Festival Internacional Outono de Teatro de Carballo, que organizan o Concello de Carballo e a Asociación Cultural Telón e Aparte. Entre o 8 de outubro e o 1 de novembro poderemos ver sobre o escenario do Pazo da Cultura o traballo dalgunhas das máis destacadas compañías teatrais de España. Ademais destes espectáculos de sala, o programa complétase cun conxunto de actividades paralelas como a Rúa dos Contos, coa que se inicia a programación o día 8 e que inclúe unha vintena de espectáculos teatrais, unha exposición, actividades de aproximación ao teatro e o X Concurso Escolar de Teatro Lido 'Xosé Manuel Eirís'.

Este Concurso, que ven aumentando as súas cotas de participación ano tras ano, premia ao grupo de rapaces e/ou rapazas que realice a mellor interpretación dun fragmento dun texto teatral que eles mesmos escollen. Os grupos deberán estar compostos por 2 e 8 integrantes, que concursarán en dúas categorías: unha na que participan os grupos nos que a maioría de compoñentes teñan como máximo 10 anos e outra para os maiores de 10 anos. Nesta edición repartiranse premios por valor de 850 €.

As inscricións pódense realizar no Pazo da Cultura de Carballo, no Rexistro Xeral do concello ou por fax (981 704 302) entre o 16 de setembro e o 7 de outubro. Para máis información poden chamar á Concellería de Cultura: 981 704 300. Os interesados e interesadas tamén poden descargar as bases e o impreso de solicitude en pdf neste PINCHANDO SOBRE O TEXTO DE ABAIXO:

Bases do certame en pdf (pdf, 390,42 KB)

Impreso de solicitude en pdf (pdf, 284,67 KB)

.