A Federación de Nais e Pais de Alumnos de Centros Públicos de Carballo (FAMPAC). Elexiu na súa última reunión o noso secretario Xosé María Arán Rodríguez, como novo secretario da Federación. A proposta foi feita por unanimidade a instancia dos representantes de tódolos centros públicos de Carballo, e proposta pola Presidenta para a súa ratificación pola Xunta Xeral da FAMPAC, a que foi aprobada por unanimidade.Arán manifestou aceptar o cargo, por considerar que apesares das limitacións do tempo que dispón, o ser unha proposta de todolos compañeiros/as está obrigado moralmente a aceptala.
Arán formaba parte da Xunta Directiva da Federación como vocal, xa que era membro fundador, rexei
tando ata hoxe calqueira outro cargo.
tando ata hoxe calqueira outro cargo.Salientou a dedicación do anterior secretario Miguel Paredes, pola labor realizada desde a creación da Federación e amosou as grazas os compañeiros por depositar en el esta confianza.
Como Directiva da ANPA a Casilla, é para nós tamén un recoñocemento que veñen a facer os compañeiros dos colexios do Concello, como se dí as veces "valorante máis os de fora que os da casa".
Felicitacións a Arán, desde a ANPA, porque sabemos que vai deixar o pavillón moi alto, como o fixo ata o de agora.
.
1 comentario:
felicidades polo nombramento
Publicar un comentario