20/5/10

CHARLA DE RECURSOS DIDACTICOS E OBRADOIRO-CHARLA DE NOVAS TECNOLOXIAS

As ANPAs e o Concello de Carballo, desenvolven dúas charlas para pais e nais.

Charla de recursos didácticos para aprender inglés dirixidos ás nais e pais dos rapaces.

Esta actividade vai dirixida ás nais e pais interesados en realizar actividades na casa para o aprendizaxe de inglés.
Nestas charlas proporcionaranse tanto material de apoio como orientación sobre posibles actividades a realizar cos seus fillos na casa (cancións, decoración...)
Esta charla terá lugar no Pazo de cultura en horario de :
Venres 21 de Maio de 2010 de 19.00h a 21.00h
Venres 11 de Xuño de 2010 de 19.00h a 21.00h
Obradoiro/Charla de novas tecnoloxías: redes sociais, uso de internet, correo electrónico, actividades de reforzo educativo a través do ordenador...

Esta actividade consiste na realización dunhas breves sesións prácticas nas que se introducirán ás nais e pais nos aspectos básicos das novas tecnoloxías como redes sociais, correo electrónico, chats, blogs, internet...etc.
Este obradoiro/Charla terá lugar no Pazo de cultura (no telecentro) en horario de:
Venres 28 de Maio de 2010 de 19.00h a 21.00h
Venres 4 de Xuño de 2010 de 19.00h a 21.00h
.

No hay comentarios: