29/5/10

XOGAR NA RUA 2010

Máis dun milleiro de escolares participarán no acto de Xogar na Rúa que organiza o Concello de Carballo en colaboración coas ANPAS

Máis dun milleiro de escolares gozarán o vindeiro sábado dunha nova edición de Xogar na rúa, a actividade que clausura o curso 2009-2010 na Praza do Concello de Carballo.

O programa, no que se inclúen 16 estacións, entre as que estará, por primeira vez, a capoeira. O ano pasado a novidade foi o atletismo e agora séguense achegando alternativas para os nenos que gozarán das distintas e variadas modalidades deportivas desde as cinco ata as sete e media da tarde, na Praza do Concello, a rúa Desiderio Varela e parte dos xardíns municipais.

«Unha delicia para vos nenos»
É o colofón o traballo de todo o curso, as actividades que gozan os nenos son gratuítas o evento é unha delicia para os nenos e tamén para os maiores que estarán vendo como o pasan ben os máis pequenos. O Padroado Deportivo mobilizará a 60 persoas para a organización, na que tamén colaboran o Club Ciclista Placasa, Escola Lubiáns e a Asociación Deportiva Xiria.
Nas actividades de deporte escolar do Concello participaron cerca de 2.000 alumnos de todolos centros durante o curso.


No hay comentarios: