29/9/09

EXITO DA CONCENTRACION, GRAZAS A TODOS E A TODAS


Desde a ANPA queremos agradecer a todos e a todas os que estivechedes hoxe na concentración. Aínda que o día e a hora non foi a máis axeitada alí estivemos presentes os bos e xenerosos reclamando algo xusto en nome de tódolos nenos e nenas.
Tamén salientar a presenza do Concelleiro Sr. Guillín ( que ademáis é representante do Concello no Consello Escolar do Colexio) e da Concelleira Dona Belén Lendoiro, así como os medios de comunicación.
Transcurriu esta xornada ca concentración e posterior lectura do Comunicado que engadimos acontinuación, de novo a todos e a todas grazas en nome da Comunidade Escolar do CEIP "A CRISTINA".

COMUNICADO CONCENTRACION Carballo 29-9-2009

A Anpa “A Casilla” quere manifestar o seguinte:
Nestes últimos meses , preséntanse ante a opinión pública e baixo a premisa de “austeridade en época de crise”, unha serie de recortes orzamentarios que pensamos que vai perxudicar gravemente o ensino público, podemos entender que os maiores teñamos que “apretar o cinturón”, pero isto non pode afectar a educación dos nosos nenos e nenas, por iso desde a ANPA queremos resaltar os seguintes temas nos que non estamos dacordo:

1. Eliminar o sistema de préstamo de libros de texto (outra conquista dás ANPAs de Galicia) co consecuente quebranto económico para as familias.

2. Suprímense postos laborais de profesores xeneralistas e especialistas, así como os de apoio para alumnos con necesidades especiais (PT).

3. Agrúpanse alumnos de infantil e primaria.

4. Todo isto sen criterios pedagóxicos, sen unha análise previa dá situación e ignorando ás organizacións que representan á Comunidade Educativa. Sobre todo os pais, nais e titores.

5. Pero hoxe estamos aquí polo noso caso particular, estamos a loitar por un novo profesor de Pedagoxía Terapéutica, P.T. (Pedagoxía Terapéutica, este apoio está dedicado a aqueles alumnos que por necesidades específicas de apoio educativo, teñen dificultades na aprendizaxe e non seguen a marcha dá clase), como sabedes este profesional é fundamental para o seguimento dos nenos con estes problemas, aínda que o colexio correspóndelle un, polo catálogo de profesorado, debido os casos existentes, no pasado curso contabamos con 3 e neste con 1, polo que non van poder atender tódolos casos como lle corresponde, o que encima ocasionará un prexuizo para os nenos con esta problemática e tamén para os restantes, xa que os profesores terán que prestarlle atención o que ocasionará o atraso para o resto.

6. Non se pode cambiar a figura do profesor de Pedagoxía Terapéutica por outro, xa que é unha especialidade e como tal teñen que dála profesionais instruídos para este fin.

7. Como contestación inmediata a estas accións e apoiando tamén a CONFAPA GALICIA (Confederación Galega de APAs de Centros Públicos) anunciamos o comezo dunha serie de actuacións encamiñadas a manifestar a nosa máis rotunda oposición a calquera modificación que supoña un paso atrás na consecución dun sistema educativo igualitario, integrador e compensador de desigualdades.

8. En primeiro lugar e polo acordo tomado no Consello Escolar do Colexio, presentouse unha petición de reunión na Delegación con representantes dá Xunta en responsabilidade de educación, a que acudiran o Director do Centro, a Presidenta dá ANPA, a Orientadora do colexio e unha Nai dun neno con necesidades específicas, nesta reunión transmitiráselle a Administración a necesidade de incrementar os profesores de (PT) ca documentación correspondente que así o acredita.

9. A Anpa pedirá unha reunión urxente co Deputado Carballés no Parlamento de Galicia, D. Alberto Sueiro Pastoriza, no que se lle informará sobre o tema e na que se lle pedirá a intervención sobre o profesorado de PT.

10. Se non tiveramos resposta positiva a esta demanda a ANPA, convocaría unha reunión xeral de tódolos compoñentes da Comunidade Educativa para tomar outras posturas de forza para reivindicar esta demanda.

11. A Anpa, quere en todo momento dialogar e chegar a bo porto ca demanda do profesorado de (PT), por iso hoxe estamos todos aquí nesta concentración, deixando a política de lado, o único que buscamos e mandar unha chamada a reflexión a administración educativa, para que nos teña en conta e que non hipoteque o futuro dos nosos rapaces pola falta deste profesorado. Estamos seguros que eles estarían hoxe aquí se estes foran os seus fillos, por iso estamos nos todos aquí como pais, nais, abos e sociedade xeral para reclamar o que é de xustiza para os nosos nenos e nenas.

Grazas a todos.


.

No hay comentarios: